Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Preferente: Empate que soubo a pouco

Preferente: Empate que soubo a pouco

Onte mereceu máis o Soneira. O equipo de Manolito acadou un novo empate a 1 en Dubra nun encontro que tivo controlado en todo momento pero que deixou escapar contra o final. Os vimianceses seguen en postos cómodos e no grupo de arriba da Preferente.

Dubra - Soneira (1-1)

  • Soneira: Pose, Ferreiro, Fran de Urroa, Javi, Pablo, Santi, Víctor García (Mayor, min.75), Míchel, Darío (Vía Rápida, min.60), Vituco, Kike (Mario, min.65).
  • Goles: 0-1, min.55: Darío; 1-1, min.80.

A falta de 10 minutos para o final un balón longo colleu a espalda da defensa soneirá e deixou o marcador en táboas. E iso que o Soneira merecera máis, tras facer un encontro moi serio e sen fisuras. Darío adiantou aos visitantes aos 10 minutos da segunda metade e dende esa os locais apenas tiveron opcións máis alá de varios balóns aéreos ben resoltos pola defensa branca.

Ao final Vituco puido marcar o 1-2 pero o sue balón marchouse por pouco.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios