Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana no fútbol da Costa

Resultados da fin de semana no fútbol da Costa
Nova fin de semana completa de fútbol costeiro. E como non, o Soneira segue sumando vagariño. O encontro da semana foi o derbi no máis alto da 1ª Autonómica entre Xallas e Dumbría. As táboas finais, logo dun partidazo con expulsión, penaltis marrados... deixan aos dous conxuntos líderes tralo soberano tropezo do Unión en Arteixo. Pola súa banda, o Cee caía incompresiblemente en casa ante o Victoria tras marchar aos vestiarios cun claro 3-0 a favor. Unha segunda metade para esquencer deixa aos de Pato a 6 puntos dos líderes. Mentres a tensión na 1ª aumenta, a Liga da Costa parece destinada a rematar sen interese. As derrotas de Carnota e Porteño os deixan nunha situación dificilmente solventable, e máis tralas vitorias de Corme, Baio e O Pindo. Ambos terán que xogarse a praza de descenso directo e confiar en que o segundo da Liga da Costa consiga o ascenso. Por arriba, Ponteceso e Camariñas sumaban os 3 puntos e o Muros sobe á 3ª praza tras vencer e convencer en Dumbría e trala derrota da SD Sofán ante un Corme máis necesitado. E rematou a 3ª Autonómica 2010/2011 co Nantón como campión tras vencer, con máis sufrimento do agardado ao pechacancelas. Así, a vitoria do Mazaricos en Muxía non lle servíu de moito. Mentres, o terceiro equipo que ascende á Liga da Costa, o Corcubión, foi recibido, tras empatar en Cabana, pola corporación municipal ao completo, e recibiron un agasallo En xuvenís xa están servidas as semis da Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011. Corme e Santa Comba enfrontaranse nun duelo máis que interesante por un lado do cadro, no que os campións dos dous Grupos buscarán o seu pase á final. Pola outra banda, o Baio, que sufríu para derrotar ao Malpica, intentará vencer a un Soneira con gañas de título tras caer na Liga contra o Santa Comba, que venceu con comodidade ao Muxía.

Sorteo da Copa

E antes de repasar os resultados, apuntamos que este luns 5 de abril ás 20:00h no Pavillón de Baio terá lugar o sorteo da Copa da Costa 2011.

Preferente, xornada 34

Dubra 1-1 Soneira

1ª Autonómica, xornada 30

Xallas 1-1 Dumbría
Sada 3-1 Zas
Cee 3-4 Víctoria

2ª Autonómica, xornada 30

Sofán 1-2 Corme
Dumbría B 1-5 Muros
Vimianzo 0-1 Club do Mar
Buño 2-1 Carnota
Porteño 1-2 Camariñas
O Pindo 3-2 Castriz
Fisterra 1-2 Ponteceso
Esteirana 2-2 San Lorenzo
Malpica 1-2 Baio

3ª Autonómica, xornada 30

Indep. Carballo 1-4 Alcaián
Xaviña 1-4 Coristanco
Cabana 2-2 Corcubión
Muros B 2-0 Laxe
Lira Susp. * Atl. Pereiriña
Nantón 2-1 Corcoesto
Muxía 2-4 Mazaricos
Outes 0-1 Cerqueda
* Suspendido porque non se presentou o colexiado.

Liga Nacional Xuvenil, xornada 27

Bergantiños 3-2 Víctoria

Copa da Costa Xuvenil, Volta de Cuartos

Liga Galega Cadete, xornada 26

Betanzos 0-2 Bergantiños
Milagrosa 5-0 Santa Comba

Segunda Cadete, xornada 26

Coristanco - Cabana
Fisterra - Muros
Dumbría 10-1 Soneira
Corme 1-4 Ponteceso
Esteirana 1-2 Cee
Malpica 2-1 Bergantiños B
Baio 3-0 Outes

2ª infantil, xornada 22

Zas 0-8 Bergantiños B
Con. de Carnota 4-3 Cabana
Dumbría 15-0 Outes
Esteirana 19-1 E.D. Os Miudos
Baio 1-5 Cee
Santa Comba 7-1 E.M.F. Vimianzo
Coristanco 2-1 Muxía

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios