Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Carnota e Porteño complícanse a vida

2ª Autonómica: Carnota e Porteño complícanse a vida

Quedan 4 xornadaspara o final de Liga e parece que as cousas van quedando máis e máis claras. Por arriba, Ponteceso e Camariñas seguen ao seu pero parece que os de Berto non van a deixarse coller. Por detrás é o Muros o que asoma a cabeza na loita pola terceira praza.

Por abaixo, Corme, Baio, Buño e O Pindo conseguían vitorias claves que poden alonxalos de todo perigo. Así, quedan Porteño e Carnota nunha situación máis que complicada, e serán os dous os que se xoguen a praza de descenso directo e a praza que dependerá, curiosamente do que faga o Camariñas na fase de ascenso.

Vimianzo - Club do Mar (0-1)

  • Vimianzo: Damián, Amarelle, Suso, Iván de Treos, Maikol, Camilo, Martín, Iván de Baíñas, Lagoa, Arán (Sergio, min.65).
  • Club do Mar: Iván, David, Alberto, Chechu, Fran Borrazás, Chori (Repi, min.46), Pablo Corral, Juan Lareo, Tonecho (Isaac, min.60), Jacobo, Pablo Piñeiro (Diego, min.80).
  • Gol: 0-1, min.55: Jacobo.

Xuntou xente o Vimianzo para continuar este treito final de campaña. E aguantou moitos minutos ante o Club do Mar. De feito, non foi ata comezada a segunda metade cando os caioneses marcaron o solitario tanto da vitoria. E iso que Pablo Piñeiro na primeira puido adiantar de cabeza por partida doble.

O baixón físico dos vimianceses foi clave e na segunda puido chegar a sentencia en xogadas de Jacobo, nun tiro fóra de Pablo Corral, 2 postes e unha de Fran Borrazas que saíu lambendo o pao.

Buño - Carnota (2-1)

  • Buño: Añón, Oscar (Daviciño, min.80), Pancho, José, Ángel, Dourado, Fernando, Diego, Jorge (Emilio, min.50), Juan, Rubén (Berti, min.75).
  • Carnota: Oscar Riolo, Adrián, Brea, Nico, Pedro, Manolo Chouza (Deme, min.85) , Tono, Miguel Beiro (Pumuki, min.65), Nico Alvarado (Oliver, min.75), Pablo Beiro (Andrés Pato, min.75), Casti (Manuel Luís, min.80).
  • Goles: 0-1, min.20: Casti tras un pase en profundidade; 1-1, min.60: Rubén; 2-1, min.85: Juan de falta directa.

Disputado encontro en Xaviña que deixa ao Carnota en mala situación. E iso que os de Nito comezaron con moito ritmo controlando o choque e Casti os adiantaba nunha xogada en velocidade. Os visitantes roubaban no medio campo e apretaban. Nico tamén tivo algunha opción pero o Carnota non sentenciou.

Cambiou o conto na segunda. O Carnota, no canto de aguantar arriba, replegou ante o ímpetu dos locais, que non deixaban sacar o balón xogado aos visitantes. O baixón de ritmo foi aproveitado polos de Pablo Mallón que, logo de avisar cun tro de Juan ao longueiro, e cun penalti marrado, comezaron a remontada co tanto de Rubén. O gol da vitoria non chegou ata o min.85 cando Juan marcaba con calidade de falta directa.

Porteño - Camariñas (1-2)

  • Porteño: Asiel, Brais (Martín, min.79), Pejo (Iago, min.85), Roi, Óscar, Piti, Quilmes, Cousillas, Iago Martínez, Tajes (Iván, min.60) e Ismael (Manuel, min.70)
  • Camariñas: Pombo, Pesqui (Alberto, min.46), Breo, Maikel, Josiño, De la Sierra, Moriño, Brais (Adrián, min.60), Fran Pioto (Nico, min.70), Juan Bello e Javi (Gabriel, min.85).
  • Goles: 1-0, min.35: Ismael; 1-1, min.50: De la Sierra de volea a pase de Javi; 1-2, min.60: Javi.
  • Expulsión: Roi, do Porteño (min.80).

Prantou cara o Porteño ante o Camariñas no derbi da semana. Pero a derrota deixa nun lugar moi complicado aos de Gerpe. E iso que os locais, onte o Porteño, se puñan por diante por medio de Ismael. E así marcharon ao descanso. Pero o oficio dos de Manolín fixo que deran a volta ao marcador, non sen sufrimento. Javi e De la Sierra foron os artífices da remontada marcando os tantos que deixan ao Porteño nunha situación máis que complicada e se cadra, a mercé do que faga o Camariñas na fase de ascenso, sempre e cando non sucumba ante o Carnota.

Dumbría - Muros (1-5)

  • Dumbría B: Anxo, José Carreira (Pablo Lestón, min.60), Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Fernando (Pablo Casáis, min.76), Josiño, Rodrigo (Ivanete, min.69), Ramiro (Samuel, min.46), Tantán, Miguel Poyo (Carlos, min.80)
  • Muros: Lupi, Iván Cerilla, Teo, Mayuyo, Miguel Riveiro, Varito, Bibi (Dani Corniños, min.75), Martín (Óscar de Maema, min.65), Manu Dosil (Gabo, min.75), Sexo (Gelo, min.75), Toni (Yanky, min.65).
  • Goles: 0-1, min.10: Toni; 0-2, min.15: Bibi, de penalti; 0-3, min.30: Martín tras xogada de Iván cerilla; 0-4, min.40: Sexo; 0-5, min.70: Óscar; 1-5, min.80: David Carreira, de penalti.
  • Expulsión: Anxo, do Dumbría B (min.15) e Lupi (min.80) do Muros.

Sobe á 3ª posición o Muros trala clara vitoria no Conco ante un Dumbría B que tamén leva unha segunda volta exemplar. A expulsión de Anxo e os tantos de Toni e Bibi antes de que se cumplisen os primeiros 15 minutos, fixeron o camiño máis doado ao equipo muradán. A segunda metade puido sobrar.

Sofán - Corme (1-2)

  • Sofán: Alex, Diego, Miniño, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Adrián, Jacobo (Luisito, min.46), Mario , Bertín e David Pensado.
  • Corme: Suso, Adolfo, Abel, Pandi, Lelo, Lentejo, Martinciño, Diego (Alejo, min.60), Martin (Dani, min.71), Alejandro e Iago (Lucas, min.79).
  • Goles: 0-1, min.10: Martín internándose pola banda e cruzando; 1-1, min.25: David Pensado recibe un gran pase largo de Miniño. 1-2, min.56: Martin.

A necesidade fixo que o Corme leva 3 puntos vitais do Carral. Foi un encontro bastante trabado, cun Corme que sabía ao que chegaba ao Carral. Os de Suso da Torriña mantiñan as liñas pechadas buscando esas temibles contras dos Iago e Martín, unha vez que os xuvenís Alejo e Lucas quedaron de partida no banco. Foi Martín o executor e xa adiantou aos visitantes aos 10 minutos. Respondeu o Sofán cunha gran ocasión de Bertín e co gol de David Pensado.

Na segunda o Sofán seguí bastante feble arriba mentres que as contras dos azuis facían moito dano. A partir de aí o Corme mantívose atrás e non permitiu que o Sofán se achegase á meta de Susiño.

O Pindo - Castriz (3-2)

  • O Pindo: Julián, Mateo, Ángel, Jose, César, Borja (Diego, min.60), Rafa, Víctor (Edu, min 88), Piquero, Juan de Dios, Aitor .
  • Castriz: Pejo, Chinda, Alex, Toniño (Alberto, min.70), Dani (Rubén, min.,85), Fili, Mauri, Sebas, Suso (Noli, min.50), David Brenlla, Ovidio.
  • Goles 0-1, min.5: Piquero a centro de Víctor; 1-1 min 20: Chinda a pase de David Brenlla; 2-1, min.30: Aitor de falta; 2-2, min.40: Ovidio nunha xogada individual, 3-2, min.65: Aitor nuha contra.

Vitoria importante do Pindo que practicamente o alonxa dos postos perigosos. Empezou O Pindo enchufado e pronto se adiantaba con gol de Piquero. Os de Huelvis apretaron e recuperaron o mando do choque. Os de Sil aguantaban atrás e saían á contra, i é que tivo problemas e ata o capi Julián tivo que poñerse de porteiro. Ovidio puña as táboas antes do descanso, pero unha contra rápida de Aitor sentenciaba o choque para os locais.

Fisterra - Ponteceso (1-2)

  • Fisterra: Joselu, Juan, Senra (Jorge, min.75), Roco, Piti, Tati (Bruno), Martín (Rodri, min.50), Nico, Roa, Dudo, Manoliño.
  • Ponteceso: Norberto, Dani Pallas, Fabián, Carlos Mato, David Abelenda, Pablo Vázquez, Toniño (Charro,min.70), Bolón (Adrián, min.80) (Illote, min.90), Nando, Luisete (Miguel Torrado, min.85), Pitu (Alfredo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.10: Toniño tras un rexeite a unha volea de Nando no longueiro; 1-1, min.25: Manoliño de cabeza a centro de Nico; 1-2, min.35: Dani Pallas de falta directa.

Primeiros 20 minutos de control total do Ponteceso ante un Fisterra no que volve haber marexada. Luisete xa avisaba aos 5 minutos cun balón ao longueiro e Toniño puña o 0-1 que facía xustiza ao que acontecía no céspede de Ara Solis. Foise asentando o Fisterra, e mentres aguantou o físico foi un partido de poder a poder. Manoliño de cabeza acía o empate no ecuador da primeira. Pero Dani Pallas puña de novo ao Ponteceso por diante.

Na segunda baixou fisicamente o Fisterra e o Ponteceso dominou o partido e non sufriu demasiado para manter a vantaxe no marcador.

En principio, este venres haberá unha nova asemblea no seo do clube fisterrán, na que se intentará unha nova directiva.

Esteirana - San Lorenzo (2-2)

  • Esteirana: Ramón, Chispi, Dani, Damián, Simón (Vidal, min.60), Andel, Uru, Pichu (Roi, min.75), Alex, Roberto Pladur, Adrián (Godo, min.55).
  • San Lorenzo: Recarey, Puñal, Dubra, Iván Rey, Adrián (Eloy, min.75), Cachizo, Álex, Javi Pensado, Carliños, Marcos Cancela (Anxo, min.65), Jorge Pichel (Fuentefría, min.46) (Canteiro, min.80).
  • Goles: 1-0, min.10: Roberto Pladur; 1-1, min.25: Marcos Cancela de penalti;: 1-2, min.40: Cachizo de cabeza a un córner; 2-2, min.70: Roberto Pladur.
  • Expulsión: Pombo, delegado do San Lorenzo.

Partido igualado, con ocasións claras para ambos. O San Lorenzo mantívose moi seguro mentres que a Esteirana, algo máis agresiva, intentou conseguir a vitoria.

No eido económico, parece que a Esteirana non terá demasiados problemas para facer fronte ás indemnizacións polo a href="/articulo/muros/embargo-a-sd-esteirana-mentres-garcia-linares-toma-o-relevo-na-federacion-co-apoio-costeiro/20110304104732067260.html">caso do embargo.

Malpica - Baio (1-2)

  • Malpica: Suso; Víctor, Marcos Amado, (Charly, min.63), Iago, Marco, (Casais, min.78), Eloy, Neucha, Cheo, David Blanco, Andrés, (Ismael, min.67), Nando.
  • Baio: Poyo; Matías, Andrés, (Fredy, min.71), José Antonio, Diego, Mario, Rubio, (Eloy, min.78), Martín, Jorge, Alberto, Canai.
  • Goles: 0-1, min.25: Iago, en propia porta ao intentar ceder ao seu porteiro Suso. 0-2, min.40: Canai cunha vaselina. 1-2, min.60: Neucha tras centro de Cheo e amago de David Blanco.

Tocou sufrir pero o Baio levou 3 puntos fundamentais de Pedra Queimada. Os locais protestaron a actuación arbitral, convarios foras de xogo e varias posibles mans dentro da área baiesa. Os malpicáns apretaron ata o último instante e o Baio tivo que empregarse en defensa con todo para manter a vantaxe, buscandos os cortes no xogo.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios