1ª Autonómica: Táboas no máis alto da clasificación

A 30ª xornada da 1ª Autonómica estivo marcada polo derbi no máis alto da táboa. Nunca en tal situación se viu o fútbol da Costa, i é que mesmo co empate, e coa perda de 2 puntos para cada equipo, Xallas e Dumbría seguen liderando a táboa 1 punto por diante do Sada, 2 do Olímpico e Unión, que caía en Arteixo sorprendentemente.
O Cee continúa a súa mala racha e caía na casa ante o Victoria tras marchar ao descanso vencendo por 3-0. Os de Pato quedan a 6 puntos dos líderes e a 5 da terceira praza de ascenso a falta de 4 xornadas.
Pola súa banda, o Zas continúa amosando signos de mellora e meteu en verdadeiros problemas ao Sada, 3º clasificado, de modo que estivo a piques de facerlle un favor aos equipos costeiros.
Xallas - Dumbría (1-1)
- Xallas: Chely; Isma, Iván Forján, Álvaro, Pica (Carteiro, min.70), Ricardo, Rubén Forján, Jesús, Toni, Adrián Beiroa (Ventura, min 75), Roberto (Leo, min.85).
- Dumbría: Juan Purrúa, Iván, Pablo Serrano, Chula, Suso, Schuster (Marco, min 85), Aarón, Iago, Eloy (Pablo Conde, min.46), Adrián Mackaay, Brais (Piri, min 46).
- Goles: 1-0, min.75: Roberto; 1-1, min.90: Iago.
- Expulsión: o dumbriés Chula (min.60)
Partidazo en Fontenla, ante numerosos espectadores, entre os dous mellores equipos da categoría, segundo indica a clasificación. O encontro comezaba de poder a poder con ocasións en ambas áreas a pesar do respeto que se amosaron os dous conxuntos. Iago, Aarón e Schuster tiveron as súas para os dumbrieses mentres que a máis clara a tivo Adrián Beiroa dende os 11 metros, pero marrou a pena máxima.
Na segunda mantívose a tensión. A expulsión de Chula, tras unha suposta agresión a Roberto, obrigou aos visitantes a recuar lixeiramente. Pero o marcador non se movería ata o minuto 75 cando Roberto, a mellor fichaxe do Xallas neste treito final de temporada, remataba a gol un centro de Rubén Forján.
E cando o partido parecía encamiñado a quedar na casa, a sorte se puxo do lado dumbriés. Cun home menos, os de Canosa busacron as entradas de Piri e Eloy polas bandas. Pero foi Iago, especialmente inspirado na recuperación do Dumbría nestes dous últimos meses de competición, marcou á saída dun córner xa co tempo cumplido.
Cee - Víctoria (3-4)
- Cee: Parroto, Jacobo (Luilli, min.72), Moncho, Dani, Rafa, Angeliño, Chapu, Rivi, Tasky, Llanero, Fernando.
- Goles: 1-0. min.14: Tasky; 2-0, min.27: Rivi a pase de Llanero; 3-0, min.34: Angeliño: 3-1, min.49; 3-2, min.64; 3-3, min.70; 3-4, min.87.
Unha segunda metade para esquencer botou por terra unha primeira tremenda. Taski e Llanero facían moito dano abrindo espacios para que Rivi, Angeliño e Fernando entrasen polo centro. 3 goles viviron os espectadores no San Pedro de Refoxos, e marcharon aos vestiarios máis que tranquilos.
Demasiado se cadra, xa que ao comezo da segunda comezou o descalabro. Non pasaran 4 minutos cando o Victoria recurtaba distancias. E pouco a pouco, o conxunto visitante ía fancedo dano e ante a mirada incrédula mirada dos ceenses o partido ía dando a volta ata que a falta de 3 minutos o Vitoria rematou a remontada.
Sada - Zas (3-1)
- Zas: Luis de la Peña, Amado, Roli, Jose, Mancebo, Julian, Kevin, Jorge (Esteban Busto, min.92), Javi Suárez (Dilan, min.75), Esteban e Ismael.
- Goles: 1-0, min.5; 1-1, min.30: Esteban; 2-1, min.80; 3-1, min.88.
- Expulsión: o local Abel (min.70) e o meta zaense Luis de la Peña (min.73).
Prantou cara o Zas que mellora nas últimas semanas. O Sada tivo que empregarse a fondo e non puido sentenciar o choque ata o minuto 88. O Zas empatou por medio de Esteban antes do descanso marcando unha igualada xusta que se podería ter mantido ao remate do choque de non ser por dúas xogadas desafortunadas e pola expulsión do meta zaense Luis De la Peña-
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
Entrevistas QPC Deportes
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).