![Sofan-Mazaricos - Foro- Sara Ramos]() 
Fin de semana do 21 e 22 de abril con moito #futboldacosta. Nunha xornada na que o comezo da Copa da Costa fixo os seus estragos como se pode comprobar con algunha goleada que outra. 
E comezamos a crónica da xornada precisamente pola Copa, na que só o Fisterra sentenciou o pase ante o Montelouro. Camariñas e San Lorenzo encarrilaron a eliminatoria con sendas vitorias fóra de casa ante Outes e Mazaricos e o Baio trae un 1-1 ao Platas Reinoso dende Esteiro.
Continuamos pola Preferente, onde os nosos acadaron resultados dispares: 1 vitorias, 1 empate e 2 derrotas. O Santa Comba que cae ao 5º posto e que ademais fai fraco favor aos veciños deixando marchar os 3 puntos cara Viveiro. O Xallas caía sen sorte ante un Santiago que recurta, e o Soneira non pasou do empate ante O Val. Deste xeito, nin Dumbría, nin Xallas nin Soneira poden despistarse.
O derbi da 1ª rematou como se esperaba, cunha clara vitoria do Ponteceso ante un Cee que xa desexa o final desta agonía.
Na Liga da Costa, continúa moi igualada a loita pola 3ª e 4ª praza. Hoxe o Corme métese 3º tralo tropezo do Malpica ante o Zas, un empate que ademais aos zaenses lle sabe a gloria trala derrota do Nantón ante o Camariñas, nun choque intenso que acabou co cadro local pedindo a hora ante a case remontada dos cabaneses. Os de Pepucho seguen 2º cunha cómoda vantaxe sobre o Corme. Así, por abaixo, parece que o Nantón afunde máis e máis e queda a 4 puntos do Zas. Outros como Castriz (que sorprendeu en Baio), ou Buño, xa poden respirar tranquilos.
Mañá faremos un repaso ao acontecido o sábado en Lombáns, i é que o corcubionés Sebas saíu cun forte golpe na fronte e tivo que vivir un auténtico periplo para ser traladado á Coruña en Ambulancia para ser operado. Parece que os recortes chegan ao fútbol. 
A xornada na 3ª tiña o foco no Volantes-Montelouro, derbi muradán que rematou cun sorpredente 5-1 a favor dos de Baño que os meten xa 4º. Ademais, por arriba, Carnota e Outes non decaen e manteñen o ritmo, por diante dun Cabana que case ten asegurada a Liguilla e que agarda un tropezo dos de arriba.
En Xuvenís, o Malpica escapa, quedando Baio e Cee empatados 4 puntos por detrás. Os baieses seguen desafiando o potencial do Cee, que sacou un empate do Conco anteun Dumbría B que está a 3 puntos de baieses e ceenses e que non di adeus á Fase.
Ademais, comezaba a Copa Xuvenil nos que o Mazaricos e o Ponteceso case que sentenciaban o pase a semis.
En Cadetes xa temos campión. O Dumbría empataba co Cee e sácalle 6 puntos ao Santa Comba a falta de 3 xornadas pero os xalleiros teñen que descansar. Así e todo parece que ambos serán os que participen na Fase de Ascenso á Liga Galega
 E parece que a Liga Infantil tamén vai quedar no Conco trala derrota do Cabana, tocado do partido entre ambos da semana pasada, que caía co Cee 3-5.
E aquí hai que facer mención á Esteirana Perruquería Koletas, que xogará as semifinais do Campionato Provincial de Fútbol sala tras superara nada menos que ao Autos Lobelle, facendo boa a renda de 3 goles da ida.
E non quedamos sen falar dos Veteranos, onde o Castriz sentenciou a Liga e se proclamou Campión de 1ª División tras vencer ao Bergantiños e aproveitar a xornada de descanso do San Román.
Preferente, xornada 33
| Santiago | 1-0 | Xallas | 
| Xove Lago | 1-2 | Dumbría | 
| Soneira | 1-1 | O Val | 
| Santa Comba | 2-3 | Viveiro | 
1ª Autonómica, xornada 31
2ª Autonómica, xornada 31
| Club do Mar | 2-0 | Muros | 
| O Pindo | 1-8 | Corcubión | 
| Fisterra | 7-1 | Dumbría B | 
| Buño | 7-2 | Esteirana | 
| Malpica | 1-1 | Zas | 
| Corme | 3-0 | San Lorenzo | 
| Sofán | 2-1 | Mazaricos | 
| Baio | 0-1 | Castriz | 
| Camariñas | 4-3 | Nantón | 
13ª Autonómica, xornada 35
| Xaviña | 2-2 | Cerqueda | 
| Laxe | 2-1 | Indep. Carballo | 
| Cabana | 1-0 | Alcaián | 
| Atl. Pereiriña | 0-3 | Outes | 
| Carnota | 4-1 | Fisterra B | 
| Lira | 2-4 | Soneira B | 
| Coristanco | 4-2 | Corcoesto | 
| Volantes | 5-1 | Montelouro | 
| Muxía | 0-3 | Porteño | 
| 0-1 | Mazaricos - San Lorenzo | -- | 
| 1-1 | Esteirana - Baio | -- | 
| 1-2 | Outes - Camariñas | -- | 
| 4-0 | Fisterra - Montelouro | -- | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 11
| Santa Comba | 0-3 | Baio | 
| Malpica | 4-1 | Soneira | 
| Corcubión | 4-3 | Camariñas | 
| Dumbría B | 1-1 | Cee | 
| 4-0 | Mazaricos - Fisterra | -- | 
| 1-2 | Dumbría A - Cabana | -- | 
| 0-3 | Coristanco - Ponteceso | -- | 
| 0-1 | Corme - Zas | -- | 
2ª Cadete, xornada 31
| Esteirana | 2-1 | Camariñas | 
 
| Fisterra | 13-0 | Zas | 
| Ponteceso | 2-2 | Malpica | 
| Coristanco | 4-3 | Outes | 
| Santa Comba | 3-0 | Soneira | 
| Baio | 1-3 | Cabana | 
| Porteño | 2-4 | Muros | 
| Dumbría | 1-1 | Cee | 
2ª Infantil, xornada 31
| Coristanco | 3-1 | Corme | 
| Santa Comba | 1-2 | Muxía | 
| E.M.F. Vimianzo | 0-10 | Dumbría | 
| Cabana | 3-5 | Cee | 
| Outes | 3-2 | Os Miudos | 
| Ponteceso | 9-3 | Baio | 
| Fisterra | 22/04 - 18:30 | As Baleas | 
Ligas de Veteranos, xornada 29 
1ª División
| Buño | 3-3 | Bértoa | 
| Nantón | 0-3 | Zas | 
| Cabana | 1-0 | Ponteceso | 
| Xv. Bergantiños | 2-2 | San Lorenzo | 
| Vimianzo | 1-7 | Corcubión | 
| Castriz | 4-0 | Bergantiños | 
| Camariñas | 0-5 | Baio | 
2ª División
| Agualada | 0-4 | Muros | 
 
| Sofán | 1-4 | Soneira | 
| Leiloio | 4-1 | Cerqueda | 
| Malpica | 3-3 | Club do Mar | 
| Coristanco | 3-1 | Porteño | 
| Dep. Carballo | 5-1 | Corme | 
| At. Milagrosa | 0-2 | Corcoesto | 
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).