Resultados da fin de semana: O Castriz métese na final e o Cabana cadete queda ás portas da Liga Galega


- Unha vez desenvolto o sorte da Final da Copa da Costa, o primeiro encontro desenvolverase en San Pedro de Castriz, polo que a Festa do Fútbol da Costa serán no Municipal de Vimianzo o vindeiro 3 de xullo.
Dúas frontes mantiña abertas o fútbol da Costa xa encamiñando a recta final de xuño. Se ben as semifinais de Copa trascorreron con alegrías para uns e tristuras para outros, quedámonos co gran esforzo e traballo de canteira dese Cabana. Ese Cabana que quedou ás portas do ascenso á Liga Galega Cadete, pero que volveu demostrar que a súa estancia hai dous anos na LG Xuvenil non foi por casualidade.
Volta das Semifinais da Copa da Costa

Deu a sorpresa, relativa, o Castriz no derbi xalleiro. O particular David xalleiro bateu con este Goliat vestido de verde. Todo nunha fermosa tarde de fútbol en San Pedro, onde a tensión estivo acompañada do bo ambiente que reina entre ambos clubes. O 1-1 final permite, polo valor doble dos goles fóra da casa (2-2 na ida en Fontenla) que o Castriz se enfronte ao Soneira na finalísima da Copa da Costa 2011.
I é que os soneiráns aguantaron na casa ante o Nantón, tralo 0-2 da ida, que practicamente deixaba sentenciada a eliminatoria.
Soneira-Castriz será pois a final da Copa 2011.
Final da Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Non puido ser. O empate a 2-2 deixa ao Cabana a un mísero gol da Liga Galega. Os de Carracedo conseguiron anular por dúas veces a vantaxe dos santiagueses do Peleteiro, que cun xogo bastante duro mantiveron o tipo ante as máis de 350 persoas que ateigaban as Redondas.
O Cabana puido culminar a remontada nuns 15 minutos finais de infarto, nos que o Cabana se volcou contra a meta santiaguesa sen sorte cara o gol.
Así e todo, os cabaneses demostraron que o seu bo facer traballo coa canteira e co fútbol base.
Novas relacionadas
- Resultados da Copa, das Fases de Ascenso ás LG e da Seleción da Costa da pasada fin de semana.
- Crónicas da ida das Seminfinais.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Citas deportivas do verán
- O Santa Comba prepara o seu Torneo de F7 para esta fin de semana.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Novas relacionadas
- A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea.
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación.
- Movementos no fútbol muradán.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).