Última fin de semana do 2011 con fútbol da Costa. Xornada completiña para pechar o ano, e os equipos poderán descansar ata o 7 de xaneiro, ou aproveitar para facer unha nova pretemporada. E remata o ano con dúas novas tanganas nos campos de Corcubión e de Muxía, algo que debe ser erradicado do fútbol da Costa.
Polo de pronto, as cousas non rematan de todo mal en Preferente. O Dumbría deu a campanada facendo que a SD Compostela sufrise a súa primeira derrota da temporada. Os dumbrieses venceron 1-0 e rematan o ano nunha comodísima 9ª praza, con 24 puntos. 1 punto menos e un posto por debaixo queda o Xallas que pecha un fantástico 2011 cun lixeiro mal sabor de boca tras perder co potente Boiro. Así e todo, esta derrota non pode desmerecer o traballo do clube xalleiro este ano.
Coma o do Santa Comba, que pecha cun empate en Mugardos que ben puido ser unha nova vitoria pero que lle vale aos laranxas para manterse 3º.
Ademais, o Soneira deunos outra alegría vencendo ao Viveiro noutra finalísima para rematar o ano fóra dos postos de descenso, malia que pode ser que os postos varíen.
Na 1ª Autonómica a cousa non mellora. O Ponteceso colleitaba un soso empate ante un Victoria que se mantén un punto por arriba dos de Marco. Mentres o Cee segue en picado e apenas puido facer nada ante o Sada. Veremos se o parón de Nadal senta ben na vila da Xunqueira.
A xornada na Liga da Costa deixou un resultado sorpresa. Co permiso do Corcubión, a súa vitoria ante o aínda líder Camariñas é toda unha sorpresa, pero os de Manín souberon xogar as súas cartas e aguantaron ao líder. Empata agora a puntos no alto da táboa o Club do Mar tras vencer en Mazaricos aos de Manolín no alto da táboa. Por detrás mantense o Fisterra tras manter a igualada en Muros, no partido máis disputado da xornada. E completando o cuarteto de arriba segue o Baio, que arrasaba cun Pindo que precisa descansar. O Corme segue nunha liña moi positiva e vencía e afundía ao Nantón.
I é que a parte baixa está complicada. Se ben O Pindo non levanta cabeza e o Corcubión saiu do pozo como unha frecha, quedan agora San Lorenzo e Zas con 13 puntos, Nantón con 14 e Mazaricos con 15, todos en serios problemas.
Na 3ª, a semana estivo marcada polo falecemento do ex presidente do Carnota Bautista Martínez. Os xogadores de Cambeiro, ademais de saír cunhas camisolas na súa memoria, adicáronlle unha traballada vitoria ao Alcaián que os aúpa á 2ª posición para pechar o ano detrás do Cabana. I é que o Cabana certificou o seu liderato vencendo ao Montelouro no partido da xornada. Por detrás, fallaron Outes en Laxe, e Coristanco ante o Pereiriña.
Ademais, na loita pola 6ª praza, Volantes, Cerqueda, Laxe, Porteño e Fisterra B andan apretados.
En Veteranos había varios encontros importantes. O Corcubión demostrou o seu forte estado de forma vencendo con contundencia ao Xuv Bergantiños. Seguen os corcubioneses empatados co Castriz, que non pasou apuros ante o Baio, con 3 puntos de vantaxe sobre o San Román, e 4 sobre o propio Xuventude.
Na 2ª División, o Soneira e o Coristano seguen moi firmes e parece que as dúas prazas de ascenso están case sentenciadas a esta época do ano.
E destacamos tamén a semana na Liga de Fútbol Sala de Cee, que na 1ª mantén ao Dist. Barral vimiancés de líder, cun punto de vantaxe sobre Loureiro e Fed. Ollo.
Na 2ª, hai trío de líderes: Cafetería A Romántica, Estética Raquel e Restaurante Faina II loitan polas dúas prazas de ascenso.
Preferente, xornada 17
Xallas | 0-1 | Boiro |
Gal. Mugardos | 0-0 | Santa Comba |
Dumbría | 1-0 | SD Compostela |
Soneira | 2-1 | Viveiro |
1ª Autonómica, xornada 16
Ponteceso | 2-2 | Víctoria |
Sada | 3-1 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 16
Mazaricos | 0-2 | Club do Mar |
Corcubión | 1-0 | Camariñas |
O Pindo | 1-8 | Baio |
Buño | 2-0 | Dumbría B |
Zas | 1-2 | Esteirana |
Muros | 2-2 | Fisterra |
San Lorenzo | 0-3 | Malpica |
Nantón | 0-2 | Corme |
Castriz | 2-2 | Sofán |
3ª Autonómica, xornada 20
Atl. Pereiriña | 1-1 | Coristanco |
Xaviña | 2-1 | Corcoesto |
Laxe | 1-0 | Outes |
Lira | 0-4 | Porteño |
Fisterra B | 0-3 | Indep. Carballo |
Cabana | 1-0 | Montelouro |
Camelle | 2-3 | Cerqueda |
Muxía | 1-3 | Volantes de Baño |
Carnota | 2-1 | Alcaián |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 15
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 14
Esteirana | 3-3 | Fisterra |
Mazaricos | 1-4 | Outes C |
Corcubión | 4-1 | Santa Comba |
Muros | 3-3 | Dumbría A |
Cee | 3-0 | Soneira |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 18
Zas | 2-3 | Camariñas |
Corme | 2-0 | Laxe |
Baio | 0-1 | Dumbría B |
Cabana | 3-3 | Coristanco |
Muxía | 0-3 | Malpica |
División de Honra Cadete, xornada 15
2ª cadete, xornada 16
Zas | 9-2 | Muxía |
Camariñas | 5-0 | Ponteceso |
Outes | 7-1 | Fisterra |
Cee | 3-3 | Esteirana |
Muros | 2-1 | Coristanco |
Soneira | 3-0 | Porteño |
Cabana | 2-4 | Dumbría |
Santa Comba | 4-0 | Baio |
2ª Infantil, xornada 16
Dumbría | 3-0 | Coristanco |
Santa Comba | 4-0 | Outes |
Cee | 2-0 | Fisterra |
Corme | 2-10 | Con. de Carnota |
As Baleas | 1-8 | Esteirana |
Muxía | 5-6 | Ponteceso |
Os Miudos | 8-1 | Cabana |
Baio | 2-4 | E.M.F. Vimianzo |
Ligas de Veteranos, xornada 15
1ª División
San Román | 4-0 | Bértoa |
Buño | 1-3 | Zas |
Nantón | 0-1 | Ponteceso |
Cabana | 1-1 | San Lorenzo |
Xv. Bergantiños | 2-6 | Corcubión |
Vimianzo | Aprz. | Bergantiños |
Castriz | 4-0 | Baio |
2ª División
Muros | 1-1 | Camelle |
Agualada | 1-8 | Soneira |
Sofán | 5-3 | Cerqueda |
Leiloio | 5-3 | Club do Mar |
Malpica | 0-1 | Coristanco |
Corme | 0-1 | Porteño |
Dep. Carballo | 2-4 | Corcoesto |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).