![Soneira-Silva- Foto-Jorge Parri Soneira-Silva- Foto-Jorge Parri]()
Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar
Nova xornada do #futboldacosta esta da ponte do Pilar. Comezamos a crónica da xornada pola Preferente na que os nosos sumaron bos resultados. Onte adiantaban o partido Dumbría e Soneira, e se ben os dumbrieses non pasaban do empate a 0 ante O Val, perdendo unha boa ocasión para subir máis postos, o Soneira si que sumaba os 3 puntos e se coloca 8º a 1 só punto dos de Canosa. Hoxe, o XSC resarcíase da derrota da semana pasada e superaba con claridade a un rival directo, o Ribadeo, ao que deiuxa a 4 puntos. Os de Corredoira seguen 3º a 1 do Boiro e empatados co Grixoa.
En 1ª, resultados dispares oara os nosos. Malpica e Camariñas sumaban fantásticas vitorias ante o Estudiantil e Bertamiráns b, que os deixan 7º e 9º. Por contra, o Ponteceso deixou escapar de novo 2 puntos ao non finiquitar o choque tras colocarse 2-0 por diante e quedan con 7 puntos de 12º. O Fisterra conseguía un empate ante o Unión que sabe a pouco, quedando o equipo con 5 puntos en zona de perigo.
Na Liga da Costa, o Sofán segue intratabable. E xa parece que o da SD vai en serio, pois son 7 encontros sen coñecer a derrota e hoxe vencía por un claro 3-0 a un Volantes que chegaba moi arriba. Non dan tregua por detrás Corme e Esteirana que sumaron sufridas vitorias ante uns colistas que melloran cada partido, Cabana e Dumbría B que xa colleu Ángel Canosa ante a marcha de César Ferrío. O Baio tampouco quere descolgarse e venceu ao San Lorenzo, e o que parece que vai collendo o ritmo é o Cee, que vencía en Muros con rotundidade.
Sitúase o Porteño líder na 3ª tras sumar o seu 6º triunfo consecutivo. Os da Ponte solventaron con oficio e eficacia o choque ante o Alcaián, e sacan agora 2 puntos ao Independiente. Os carballeses non puideron pasaro do empate ante un Lira moi aguerrido que creou moito perigo. O Camelle, que se mantén 3º a 3 puntos do líder, caía ante o Fisterra B nun partidazo en Ara Solis. Ademais, Ceruqeda e Ameixenda asinaban táboas e se manteñen a tiro, como o Lira, mentres que Soneira B vencía onte ao Laxe colocándose en postos "uefa" e deixando abaixo aos laxenses.
En xuvenís o Fisterra deu a volta á Liga superando por 2-1 ao XSC que chegaba imbatido a Ara Solis. A igualdade é total e o Dumbría empata aos xalleiros que quedan a 2 do Fisterra tras soprender cunha contundente vitoria en Mazaricos, mentres que o Cee se pon a 6, igualado cos amarelos.
Polo norte, Malpica, de novo con Juny cun hattrick como protagonista, e Ponteceso seguen firmes. Os pontecesáns sufriron no derbi pero solventaron a base de veteranía con vitoria. O Cabana non cede e superou ao Laxe con solvencia, e o Baio tampouco parece que vaia deixar escapar esas 3 prazas con facilidade, e venceu, pola mínima, ao Camariñas.
Nas Ligas Galegas, só o Dumbría cadete colleitaba un bo resultado sumando unha nova vitoria que o mete segundo na táboa. O Bergantiños, que chegaba imbatido a Luga caía ante o filial do CD Lugo. En infantís, os de Juan Purrúa sufrían a primeira derrota ante o Boiro, igual que o Bergan ante un potente Deportivo.
En infantís Fisterra e Cee seguen imbatidos (o Cee cun partido menos) mentres que XSC, Baio e Cabana tamén son firmes candidatos.
Ollo aos Veteranos, que esta foi unha xornada completa, con novidades. O Cabana queda líder imbatido tras vencer en Zas. Por detrás o Xuv. Bergantiños que ten un partido menos e tampouco coñece a derrota tras vencer no derbi co Bergantiños. O Soneira, que comezara con moita forza, caía ante un Corcubión que quere meterse arriba.
Preferente, xornada 8
| Dumbría | 0-0 | O Val |
| Soneira | 1-0 | Silva |
| Xallas StComba | 4-1 | Ribadeo |
1ª Autonómica, xornada 7
| Ponteceso | 2-2 | Amio |
| Camariñas | 2-1 | Bertamiráns B |
| Unión | 1-1 | Fisterra |
| Estudiantil | 1-2 | Malpica |
2ª Autonómica, xornada 7
| Esteirana | 1-0 | Dumbría B |
| Baio | 4-2 | San Lorenzo |
| Muros | 1-5 | Cee |
| Mazaricos | 5-2 | Corcubión |
| Zas | 3-3 | Buño |
| Corme | 2-1 | Cabana |
| Sofán | 3-0 | Volantes |
| Carnota | 2-1 | Castriz |
| Montelouro | 0-2 | Outes |
3ª Autonómica, xornada 8
| Xaviña | 3-2 | Nantón |
| Laxe | 1-2 | Soneira B |
| Indep. Carballo | 0-0 | Lira |
| Fisterra B | 3-2 | Camelle |
| Muxía | 4-1 | Castrelo |
| Corcoesto | 0-1 | Baíñas |
| Alcaián | 0-4 | Porteño |
| Cerqueda | 1-1 | Ameixenda |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7
| Muros | 1-3 | Outes |
| Fisterra | 2-1 | Xallas StComba |
| Mazaricos | 1-5 | Dumbría |
| Corcubión | 0-2 | Esteirana |
| Cee | 6-0 | Soneira |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 7
| Laxe | 1-4 | Cabana |
| Corme | 1-2 | Ponteceso |
| Baio | 1-0 | Camariñas |
| Zas | 0-3 | Malpica |
| Muxía | 3-4 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada 5
| Dumbría | 6-0 | Sp. Coruñés |
| Lugo B | 3-1 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, xornada 5
| Dumbría | 1-2 | Boiro |
| R.C. Deportivo | 4-1 | Bergantiños |
Liga Infantil, xornada 5
| Cabana | 5-2 | Os Miudos |
| Coristanco | 1-1 | As Baleas |
| Vimianzo | 0-5 | Cee |
| Esteirana | 0-2 | Xallas StComba |
| Outes | 2-4 | Baio |
| Fisterra | 5-1 | Corme |
| Ponteceso | 1-4 | Muxía |
Ligas de Veteranos, xornada 5
1ª División
| Bértoa | 0-3 | Ponteceso |
| San Lorenzo | 1-1 | Nantón |
| Vimianzo | 1-4 | Coristanco |
| Castriz | 2-0 | Camariñas |
| Corcubión Vet. | 4-3 | Soneira |
| Xv. Bergantiños | 1-0 | Bergantiños |
| Baio | 1-2 | San Román |
| Zas | 0-2 | Cabana |
2ª División
| Camelle | 1-3 | Cerqueda |
| At. Milagrosa | 2-0 | Malpica |
| Dep. Carballo | 1-1 | Agualada |
| Buño | 0-2 | Sofán |
| Muros | 2-1 | Poniente |
| Leiloio | 2-1 | Laxe |
| Porteño | 0-1 | Corcoesto |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).