Resultados e crónica da xornada nas Ligas do #futboldacosta
"A xente estaba rebentada". Esta foi unhas frases máis habituais nesta tarde de #futboldacosta que ten o ollo posto en Riazor. I é que a completa xornada de Copa de onte provocou que moitos equipos chegasen cos efectivos xustos e cansos. Pero a xornada tivo moito de si.
Sobre todo na Liga da Costa, onde o Nantón pode darse por descendido trala súa segunda derrota co Corme e o empate do Zas en Esteiro. Os cabaneses quedan a 3 puntos do Zas, e co golaverage individual igualado, o Zas ten unha diferencia de goles de -17 polos -37 dos cabaneses polo que o cousa se presenta case imposible.
Por arriba, destacar a loita por arriba entre Corme, Fisterra e Malpica polas 3ª e 4ª praza, e na que non fallaron ningún.
Voltamos a Preferente, onde o Soneira deu un bo paso cara a tranquilidade, se ben aínda quedan 3 partidos. O Santa Comba asinou un respectuoso empate co seu predecesor, o Grixoa, co que non o supera na táboa. O Xallas non podía onte co líder, mentres que o Dumbría empataba con Santiago, facendo un pequeno favor aos veciños soneiráns e xalleiros.
En 3ª, o Carnota é campión tras aproveitar o tropezo do Outes, pois ten o golaverage individual a favor. Ademais, na loita por entrar na fase de ascenso, a cousa segue moi apretada. O Cerqueda certificada a súa presencia, xunto co Cabana, pero hai dúas prazas que se xogarán na última xornada entre Volantes, Montelouro, Porteño, pois o empate entre coristanqueses e muradáns, deixa fóra ao Coristanco que ten un partido máis.
En xuvenís a cousa queda para a última xornada, e de infarto. O Dumbría B queda defintivamente fóra da loita polas dúas primeiras praza. O Baio superaba a primeira proba de lume e machaba ao potente Malpica, o Cee non fallaba e todo queda para o Cee-Baio da última xornada. O Malpica, cun punto sobre baieses e ceenses, teno de cara e unha vitoria ou un empate co Dumbría B clasificaríao matematicamente. Pero unha derrota e un empate entre ceenses e baieses deixaría un triple empate no que habería que mirar os puntos nos enfrontamentos entre os tres equipos implicados. Desta maneira o malpica tería 6 puntos, mentres que Cee e Baio terían cinco puntos cada un. Para desfacer este empate hai que mirar o golaverage dos enfrontamentos entre os tres implicados e neste caso, por un gol, o Baio sería segundo e o Cee quedaría fóra dos postos de promoción.
Entrementres os Veteranos xa comezaron a Copa.
Reunión da Liga da Costa
Este luns 7 de maio a Asociación de Clubes da Costa da Morte convoca unha xuntanza ás 20:00 no Pavillón de Baio. Unha reunión importante, para informar sobre o funciomanento dos seguros da Mutura de Gestión Integral Fénix, para a afiliación das fichas e distintas formas de despacho das licencias federativas, para a vindeira temporada 2012/2013.Preferente, xornada 35
Santiago | 1-1 | Dumbría |
Xallas | 1-3 | Compostela |
Soneira | 8-0 | Foz |
Grixoa | 0-0 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 33
Víctoria | 2-0 | Ponteceso |
Cee | 1-1 | Sada |
2ª Autonómica, xornada 33
Corme | 2-0 | Nantón |
Dumbría B | 3-1 | Buño |
Esteirana | 0-0 | Zas |
Fisterra | 3-1 | Muros |
Malpica | 5-2 | San Lorenzo |
Club do Mar | 5-1 | Mazaricos |
Sofán | 2-0 | Castriz |
Baio | 8-0* | O Pindo |
Camariñas | 3-2 | Corcubión |
* O Pindo acabou retiranse do campo.
3ª Autonómica, xornada 37
Laxe | 2-0 | Alcaián |
Atl. Pereiriña | 1-4 | Montelouro |
Camelle | 4-1 | Soneira B |
Xaviña | 0-1 | Porteño |
Lira | 0-3 | Cerqueda |
Carnota | 6-1 | Indep. Carballo |
Coristanco | 2-2 | Volantes |
Muxía | 2-2 | Corcoesto |
Cabana | 2-2 | Outes |
Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 13
Baio | 4-0 | Malpica |
Dumbría B | 5-2 | Corcubión |
Soneira | 0-8 | Cee |
Santa Comba | 3-1 | Camariñas |
Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis
2ª Cadete, xornada 33
Ponteceso | 1-1 | Camariñas |
Dumbría | 5-1 | Cabana |
Muxía | 6-1 | Zas |
Fisterra | 1-6 | Outes |
Esteirana | 5-10 | Cee |
Coristanco | 1-2 | Muros |
Baio | 1-3 | Santa Comba |
Porteño | 0-2 | Soneira |
2ª Infantil, xornada 33
Coristanco | 0-8 | Dumbría |
E.M.F. Vimianzo | 2-3 | Baio |
Con. de Carnota | 4-2 | Corme |
Esteirana | 5-1 | As Baleas |
Fisterra | 1-9 | Cee |
Cabana | - | E.D. Os Miudos |
Outes | 2-6 | Santa Comba |
Ponteceso | 4-5 | Muxía |
Copa da Costa de Veteranos, ida dos Dezaseisavos
Máis información
Crónicas da semana
- Repaso á completa xornada sabatina no #futboldacosta.
- Parte de sancións, problemas cos horarios e reunión informativa sobre os seguros.
- Fases Xuvenís: Todo para o final.
- Copa da Costa: Xornada sen tensión.
- 3ª Autonómica: Carnota e Outes certifican o ascenso e segue a loita pola 6ª praza.
- 2ª Autonómica e Copa: Unha Copa que manipula unha Liga aínda viva.
- Preferente: Coa salvación na man.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso rubrica a permanencia.
- Resultados dunha fin de semana intensa de #futboldacosta.
Máis novas
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Un Mar de Paixón: Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Resultados da Pref de www.marcadorgalego.com.