Un repaso completo á actualidade do fútbol sala feminino da Costa
Balance negativo para o fútbol sala feminino costeiro. Tan só o Fisober da Liga Autonómica conseguía a vitoria ao vencer ao Bembibre por 5-3 e demostra que segue crecendo na nova categoría. Pola súa banda, na Liga Provincial, triple derrota das nosas coa excepción do Viaxes Amarelle B. Se o Fisober B caía ante o líder, o Sada, por 2-7, A Salina Xuventude de Esteiro perdía 3-0 ante o Viaxes Amarelle B e o Ponteceso FSF non podía na casa ante a A Fervenza e caía por 1-3.
E precisamente hoxe comezamos a repasar tamén os encontros dos dous equipos do Viaxes Amarelle. O equipo de Santa Comba conta cun equipo nada menos que na División de Plata do fútbol sala feminino nacional, mentres que o equipo B compite na Liga Provincial coa Salina, Fisober B e Ponteceso FSF. Esta semana, na xornada 13 da División de Prata, as xalleiras conseguían unha nova vitoria ante o 4 Arcos que pon ás de Jorge Rodríguez a un só punto do líder, Tecuni Bilbo.
Liga Autonómica
- Resultado: FISOBER C. DE VIMIANZO, 5 - BEMBRIVE F.S.F., 3
- Fisober: Paula, Patri, Elsa, Ana e Alba ; tamén xogaron: Olalla, Andrea e Barca.
- Bemvibre: Raquel, Andrea, Adriana, Ana e Paola ; tamén xogaron : Lara, Gloria, Noemi, Sofía, Jennifer, e Viviana.
- Goles: 0-1 Sofía ; 1-1 Ana, 1-2 Adriana, 2-2 Patri, 2-3 Adriana, 3-3 Barca, 4-3 Barca, 5-3 Patri.
Xogaba na casa o Fisober un partido que tiña marcado no calendario xa que na primeira volta recibira un duro correctivo na súa visita a terras viguesas, gañando os dous partidos desta segunda volta en enfrintamentos que na primeira foran derrotas, amosando que o equipo crece xornada a xornada na categoría.
Comenzaba o partido con moito respecto pero o pouco de empezar Ana e Elsa dispoñían de unha dobre ocasión pero facíanse un lio e non eran quenes de marcar. Avanzaba a primeira metade sen ocasións ata que mediada esta a visitante Lara facía intervir a Paula. Xogada a cal respondían as locais cun tiro de Olalla. Pouco despois era Andrea quen se prantaba ante a porteira quen sacaba o pe esquerdo e enviaba a corner. A súa vez respondia Bembrive. No minuto 11 unha man de Elsa no borde da área era aproveitada por Sofía para poñer en ventaxe as visitantes. Despois duns minutos sen ocasións unha recuperación de Patri deixaba a Ana sola quen definía e poñia o empate no marcador. Creceuse o Fisober e nun minuto Barca e Elsa non eran quen de poñer en vantaxe o seu equipo tras sendos pases de Ana. Pero no último minuto da primeira metade as visitantes desperezaronse e gozaron de dúas grandes ocasións para adiantarse antes do descanso.
Comenzaba a segunda metade e Andrea vía como a porteira enviaba un tiro seu a corner e o saque deste a mesma Andrea iaselle fora o tiro. No minuto cinco unha perda tonta de balón aproveitaba Adriana para poñer a Bembrive de novo por diante. O partido abriase definitivamente e as visitantes tiñan a ocasión de poñerse con dous goles de vantaxe pero fallaban. No ir e vir Patri erraba un man a man e a visitante Lara atopabase con Paula. Mediada a segunda metade Patri volvía a igualar o encontro. Neste partido tolo, Bembrive primeiro erraba pero a segunda a bigoleadora Adriana poñía por terceira vez o seu equipo por diante. Bembrive pagaba cara súa agresevidade e a dez minutos do final xa tiña cinco faltas. Nese mesmo minuto sendas ocasións de Barca e Olalla non conseguían igualar o encontro. Pero nun roubo de Barca, era agarrada provocaba un dobre penalti que ela mesma transformaba no empate. Bembrive voltaba a apretar e dispuña de dúas moi claras ocasións para desfacer o empate , a catro para o final Andrea desperdiciaba un boa oportunidade. E so a tres para o final Barca recibía de espaldas dabase a volta e conseguía por primeira vez adiantar a Fisober. As visitantes xogaban con porteira xogadora eses últimos minutos pero eran ben freadas polas locais e nunha contra Patri facía o 5-3 que deixaba os 3 puntos na casa.
Liga Provincial
- Resultado: FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO, 2 - SADA F.S.F., 7
- Fisober “B“ C. Vimianzo: Eva, Ylenia, Lara, Noelia e María ; tamén xogaron Myrella, Andrea e Noe.
- Sada F.S.F. : Marta, Laura, Rita, Mónica e Zulaima; tamén xogaron Camino, Maite, María, Camila e Thais.
- Goles: 0-1 Mónica, 0-2 Camino, 0-3 Rita, 1-3 Andrea, 2-3 Lara, 2-4 Mónica, 2-5 Mónica, 2-6 Maite, 2-7 Thais.
Voltaba a xogar na casa o filial de Fisober despois de cinco saídas consecutivas e facíao ante o intratable líder da categoría Sada que conta por vitoria tódolos partidos e que se presentaba en Vimianzo con todo seu arsenal entre as que destacan entre outras Laura e a fisterrana Rita moitas delas con amplia experiencia en categorias superiores. E a pesares do gran partido realizado 3 malos minutos en cada metade deixaron o Fisober B de novo cunha derrota demasiado amplia para os méritos realizados.
Saltaba Sada ca convicción de gañar o partido pola vía rápida e aplicaba unha presión asfixiante sobre as locais e xa no primeiro minuto se acercaban o gol pero Eva evitabao. Pero a tromba visitante e uns despistes das locais fixo que entre o minuto 7 e o 10 Mónica, Camino e Rita puxeran un desmoralizante 0-3. O equipo local pediu un tempo morto tranquilizouse mellorou no xogo dende a defensa e vio como Andrea tras unha excelente xogada e Lara de falta a dous minutos para o descanso poñían o 2-3 no marcador e o líder nunha situación que quizais non se viran en toda a tempada.
O Sada saiu con todo tralo descanso preocupado polo gran fin da primeira metade que fixeran as locais e de novo tres minutos de falta de concentración nas locais entre o seis e o nove case similar o periodo anterior puxeron unha lousa insuperable sobre as locais, con tres novos goles do Sada a cargo de Mónica en dúas ocasións e Maite. De novo un tempo morto parou a sangría e fixo mellorar o xogo de novo o filial do Fisober pero non foi quen de acortar distancias a pesares das ocasións de Ylenia, Lara e Andrea. En vez de eso foi Thais quen puxo o 2-7 final, nun partido tremendamente esixente para o filial de Fisober e do que deben aprender que a falta de concentración nuns minutos afean un bó partido e que dende a defensa tamén se poden remontar partidos.
Liga Provincial
- Resultado: Viaxes Amarelle "B", 3 - A Salina, 0
- Viaxes Amarelle "B" FSF: Cris, Alba, María, Uxía, Cruz (cinco inicial), Xulia, Anita, Regi, Laura, Yeye.
- A Salina Xuventude: Maruxa, Inés, María, Carmen, Sandra (cinco inicial), Cristina, Leticia, Alicia, María, Uxía.
- Goles: 1-0 Cruz (min. 7); 2-0 María (min. 8); 3-0 Alba (min. 32).
O Viaxes Amarelle B mantén a terceira praza tras sumar unha nova vitoria ante o A Salina Xuventude de Esteiro. 11 son as vitorias que xa contabilizan xa as xogadoras de Suso Yanes. Levan xa oito xornadas sen perder ningún encontro e mantéñense na terceira posición da liga provincial feminina. As cousas van ben para o filial do Viaxes Amarelle, que esta respondendo ben no primeiro ano na liga provincial feminina con xogadoras moi novas pero de gran talento que están dando moito máis do que se podía esperar ao principio da tempada, principalmente pola mocidade do conxunto.
O partido comezou cun Viaxes Amarelle B que se foi como un raio sobre a portería visitante a crear ocasións. Unha detrás doutra chegaban as ocasións aínda que estas íanse por fóra ou eran ben despexadas pola meta do A Salina Xuventude, aínda que tras varios intentos tiña que chegar o gol e este chego no minuto sete nunha xogada pola banda esquerda que culminaría Cruz subindo o 1-0 ao luminoso de San Diego. O Viaxes Amarelle B tomo a dianteira e seguiu insistindo sobre a portería visitante e cando apenas pasara un minuto do primeiro gol, chego un gran gol fabricado por unha das máis novas do conxunto, María recibía de costas á portería presionada pola peche visitante e segundo recibía o balón virábase sobre se mesma para disparar a portería e anotar o 2-0 no marcador. O partido foi tomando calma, aínda que as ocasións repetíanse sobre a portería do A Salina, mentres que ás de Esteiro custáballes moito chegar á meta defendida por Cris e moito menos recortar distancias no marcador. Ambos os conxuntos tivéronse que dirixir coa vantaxe local de 2-0 ao tempo de descanso.
En conclusión, o Viaxes Amarelle B continúa na terceira praza da liga provincial tras ter na súa marcadora once vitorias e dous empates nos quince encontros que xa levan disputados, cedendo tan só a derrota ante o líder, Sada FSF, e o FC Meigas B. Xornada tras xornada as de Suso Yanes manteñen os seus postos na parte alta da táboa a dúas xornadas de recibir a visita do líder, Sada FSF.
Vindeira cita
O próximo fin de semana o Viaxes Amarelle B intentará seguir sumando puntos na súa visita á pista do pechacancelas, o Espartanas. O encontro ten por definir o horario pero o máis probable é que se dispute na mañá do domingo 6 de febreiro.
División de Prata Feminina. Grupo I
- Resultado da 13ª xornada: 4 Arcos Logroño, 3 - Viaxes Amarelle FSF, 10
- Viaxes Amarelle FSF: Antía, Rebe, María, Patri, Musta (cinco inicial), Sarita, Lucía, Sheila, Marta, Pomba, Monchi, Leti.
- Goles: 0-1 Musta (min. 1); 0-2 Rebe (min. 3); 0-3 Patri (min. 4); 0-4 Rebe (min. 4); 1-4 Sonia (min. 6); 1-5 Musta (min. 7); 1-6 Sarita (min. 18); 1-7 Sheila (min. 19); 1-8 Sheila (min. 24); 1-9 Monchi (min. 30); 2-9 Jazoni (min. 32); 2-10 Marta (min. 32); 3-10 Ingrid (min. 38).
A vitoria ante o 4 Arcos pon ás de Jorge Rodríguez a un só punto do líder, Tecuni Bilbo (3-10) Parecía imposible cando acabo o ano 2010, que o Viaxes Amarelle puidese recortar unha vantaxe de oito puntos co líder, pero tras a vitoria das de Jorge Rodríguez este fin de semana por 3-10 ante o Catro Arcos Logroño e o empate 1- 1 entre o Ordizia KE co Tecuni Bilbo, pon ao Viaxes Amarelle na segunda posición a tan só un punto do Tecuni Bilbo, a expensas do que poida ocorrer mañá entre o Valdetires Ferrol e o Comarcal Fervenza, que pode manter a posición das herculinas ou mandalas de novo á terceira praza se gañase o Valdetires.
Vindeira cita
En conclusión, continúa a boa serie do 2011 para as herculinas do Viaxes Amarelle que aínda non cederon ningún punto nos catro partidos que levan disputados neste novo ano e coa baixa forma do líder, Tecuni Bilbo, conseguiron recortar a distancia que había ao finalizar o 2010 de oito puntos, a un só punto ao que durmirá esta semana o Viaxes Amarelle, aínda que a expensas de manter a segunda posición do partido que enfrontará mañá domingo ao Comarcal A Fervenza co Valdetires Ferrol a partir das 12:30 horas no Municipal de Neda.
Breves fútbol sala e fútbol femenino
O Poio FS da muxiana Nuria Paz derrotaba no derbi provincial ó Leis Pontevedra por 4-2 e sigue líder da división de plata.
O partido disputouse na tarde do sábado ante máis de 1000 seguidores que abarrotaban o polideportivo de Poio, xa que ademais de ser un derbi provincial, enfrentabanse o 1º e 2º
clasificado con tan so 2 puntos de diferencia entre ambos. A xogadora muxiana anotaba un gol clave e era unha das xogadoras máis destacadas dopartido.
A vindeira semana xogaran en Madrid ante o Majadahonda FSF.
Fútbol 11 femininno
O Orzán de liga nacional femenina caia derrotado na casa ante o CD Amigos del Duero de Zamora por 1-3 polo que se complican a permanencia e terán que loitar ata o final para non descender. O tanto orzanista era anotado pola muxiana Barca.
Debutaba no equipo herculino a xogadora de Carnota e do Fisober Alba Cambeiro polo que a presencia de xogadoras da costa vaise incrementando no equipo coruñés, Barca (Muxia), Hue (Caion), Alba (Carnota) e Sara (Camelle) ademais da xogadora do Fisober Eva.
A vindeira semana desplazaranse ata Burgos donde se enfrontaran ó Nsa Sra del Belén.
Máis información
Xornadas anteriores
- Boa semana para a familia Fisober.
- O Fisober B pecha a primeira volta das Ligas de Fútbol Sala Feminino.
- O Buxeiro de Fisterra álzase co I Campionato FS “Costa da Morte” pola selección galega Xa!.
- A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
- O Fisober de Autonómica suma e segue pero os árbitros non deixan avanzar ao Ponteceso FSF.
- Tan só o Fisober de Autonómica saca algo positivo da xornada de fútbol sala feminino.
- Xornada fatídica para o fútbol sala feminino costeiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS, e de José Núñez Torrado, Responsable de Prensa do Viaxes Amarelle FSF.