Unha Gala para seguir Correndo pola Costa da Morte


Menudo éxito o do I Circuito de Carreiras Pedestres “Correndo pola Costa da Morte”. Hai que repetir, logo. E coa cabeza, e con datos, xa pensando no ano que vén, primeiro cómpre facer balance do conseguido.
E para iso, o organizador, o Club Deportivo Costa da Morte, formado por técnicos municipais de deportes dos concellos da volta, preparan para o vindeiro venres 12 de decembro, a Gala de entrega dos premios aos gañadores nas distintas categorías da 1ª Edición. Unha cita socio-derpotiva que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Vimianzo, e que se completará coa presentación da segunda edición do mesmo.
No acto, que estará presentado por Fran Hermida, a eterna voz da Costa da Morte con ampla experiencia en estes líos, e que dará comezo ás 20:30 horas, estarán presentes os representantes políticos dos Concellos nos que teñen lugar as distintas pedestres que conforman o circuíto, Roberto García (Xefe do Servizo de Deportes de A Coruña), Isidoro Hornillos (Presidente da Federación Galega de Atletismo), María Helena Viturro (Presidenta da Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro) e o recente proclamado campión de España de maratón e padriño da segunda edición do Circuito, o atleta Pedro Nimo.
Recibirán premios, entre outros, a ceense Belén Martínez ou o vimiancés Luís Miguel Antelo (Michel) como mellores atletas locais. Ou os Cristian Muiño e Eva Portas como grandes campións.
Ademais, terá lugar sinatura do convenio coa Xunta Provincial de A Coruña da Asociación Española Contra o Cancro, para rematar as 21:30 coa gran foto de familia.
Novidades e Calendario para o 2015
As novidades a destacar para a 2ª Edición do Circuíto de Carreiras Polulares Correndo pola Costa da Morte son varias, como:
- Os concellos que forman parte do Circuíto Correndo pola Costa da Morte asinarán un convenio coa Xunta Provincial de A Coruña da Asociación Española Contra o Cancro, por medio do cal comprométense a destinar a recadación correspondente de todas as “Carreiras 5K Contra o Cancro” a esta asociación como axuda para a loita contra esta enfermidade.
- Incorporación ao Circuíto da 1ª Carreira Pedestre Concello de Dumbría.
- Creación da páxina de facebook correndopolacostadamorte.
- Creación da figura do fotógrafo oficial do Circuíto.
- Aumento do grupo de patrocinadores e colaboradores, quedando así constituido polos xa existentes Coca-Cola Iberian Partners, GADISA, Conservas Boya, Federación Galega de Atletismo, Colexio Oficial de Fisioterapeutas e Club Deportivo Costa da Morte, e as novas incorporacións, Ferroatlántica, La Voz de Galicia e Radio Voz.
A segunda edición quedaría calendarizada da seguinte maneira:
- 08-03-15 Camariñas (IV Carreira pedestre Concello de Camariñas).
- 26-04-15 Vimianzo (IV Carreira Pedestre Concello de Vimianzo).
- 06-06-15 Zas (II Carreira Pedestre Concello de Zas).
- 20-06-15 Cee (II Carreira Pedestre Concello de Cee).
- 29-08-15 Carnota (XXIV Carreira das Areas do Concello de Carnota).
- 12-09-15 Dumbría (I Carreira Pedestre Concello de Dumbría).
- 27-09-15 Corcubión (XIV Carreira Pedestre Vila de Corcubión).
- 18-10-15 Fisterra (II Carreira Pedestre Concello de Fisterra).
- 22-11-15 Muxía (II Carreira Pedestre Concello de Muxía).
Máis información
- Facebook Correndo pola Costa da Morte.
- Clasificacións do Circuito Correndo pola Costa da Morte 2014.
Novas relacionadas
- Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- O coristanqués Cristian Muíño, campión do I Circuito Correndo pola Costa da Morte despois de vencer en Muxía.
- O Circuito Correndo pola Costa da Morte superará en Muxía os 2000 participantes.
- O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva.
- Míchel reduciu en Fisterra distancias no Circuito de Carreiras e xa pensa na cita muxiá.
- A Carreira de Cabana deixa máis apretado o Circuto Correndo pola Costa da Morte.
- Cristian Muíño e Míchel Antelo pelexaron na simpática Carreira Popular de Corcubión.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).