Luns. 06.02.2023
El tiempo

Vitoria triste do Oso Pola na primeira das tres finais

Vitoria triste do Oso Pola na primeira das tres finais

Un centenar de afeccionados nas bancadas do Municipal de Cee para recibir ao Narón nun choque vital para o conxunto do Oso Polar. Os de Iván García sabían que tiñan que gañar os 3 partidos que lle restaban por xogar e saíu á pista coa intención de levar o partido pola vía rápida.
Finalmente o Oso Polar vencía a primeira das súas finais e mantén a esperanza. Pero a gran alegría pola vitoria tornouse tristeza ao comprobar os resultados da xornada e ver que un dos nosos competidores directos, o Sagrado Corazón, gañara de xeito incrible na pista de Baloncesto Cambre. Un resultado que impide aos costeiros poder alcanzar a 9ª posición que daría a salvación. Con todo hai que seguir loitando para intentar conseguir a 10ª praza que nunca se sabe se cos ascensos e descensos servirá para manter a categoría.

Senior Maculino

  • Resultado: OSO POLAR - EMPARESA NARÓN (55-52).
  • Parciais: 16-4; 11-22; 22-8; 17-18.
  • Oso Polar: Pais (7), Rober (22), Santi (2), David (14) Fabián (5 inicial); José Ramón (7), Manu (3), Andrés, Sergio, José e Iván.

Gran intensidade defensiva, moita paciencia en ataque e acerto no tiro fixeron que no primeiro cuarto a diferenza entre lso 2 equipos fose abismal, anotando o equipo visitante só 4 puntos neste cuarto. Pero como sempre non ía ser todo tan fácil....no segundo período a intensidade defensiva (incomprensiblemente) desapareceu, e o equipo de Narón creceu enormemente ata anotar 22 puntos neste parcial. A diferenza se esfumó nun dicir amén e ao descanso o Oso polar só gañaba por un e tocaría sufrir na segunda parte.

A saída do descanso foi moi boa en defensa e o equipo visitante só anotou 8 puntos neste terceiro período, pero nesta ocasión non acompañou o acerto en ataque xa que a precipitación foi a nota predominante, aínda así entrábase no período definitivo con 4 puntos de vantaxe e o partido controlado.

Pero novamente os ceenses se fixeron unha lea e deixaron que o Emparesa se adiantase no marcador, metendo o medo no corpo a todos os presentes que se temían o peor. Pero nun gran esforzo final e demostrando moita personalidade o equipo da Costa da Morte conseguiu levar o partido.

Vindeira cita

O próximo fin de semana non hai xornada de liga polo parón de Semana Santa.

Infantil Feminino

  • Resultado I: AS TORRES - FERROATLÁNTICA (22-71).
  • Resultado II: FEROATLÁNTICA - ED INFERNIÑO (61-34).

Dobre xornada para o equipo do Ferroatlántica que pechou de xeito brillante esta primeira fase gañando todos os encontros con moita solvencia.

No primeiro partido do fin de semana para as ceenses, un gran traballo, impoñéndose a un bo equipo que traballou en defensas alternativas, aínda que as do Ferroatlántica estiveron sempre moi concentradas para superalas.
¡ No segundo encontro, máis do mesmo mostrado durante toda a tempada, boa defensa e rápidas transicións, sobre todo nos 3 primeiros cuartos. No último coa baixa de lorena por 5 faltas baixou algo a intensidade, pero o resultado xa nunca perigou.

Infantil masculino

  • Resultado: FERROATLÁNTICA - ARTEIXO VALORIZA (64-41).

Bo partido o disputado polos xogadores da Costa da Morte, cun gran traballo defensivo en todo o encontro, e en ataque buscando boas opcións, aínda que en contadas ocasións púidose xogar ao contraataque polo bo balance defensivo do Arteixo.
Destacar o bo partido disputado por Cristian Marcote que anotou 30 puntos.

A próxima semana pechan a liga na pista do Maristas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

comentarios