Volve o fútbol da Costa tras este partón invernal e esperemos seguir vendo os campos así de cheos. Parón que servíu para recuperar folgos, recuperar futbolistas e facer unha minipretemporada para afrontar a segunda parte da campaña. Pero tamén servíu paramover fichas.
Así, apuntamos algún que outro movementos no fútbol costeiro. Manolo Corredoiro volve ao Zas e colle o relevo de Felipe Solís. Ademais, despois da dimisión de Severino como adestrador dos xuvenís, colle o equipo César, en colaboración co propio Corredoira.
Entrementres, a SCD Malpica incorporou oficialmente ao dianteiro Tato, que o ano pasado militou no Atlético Arteixo.
Xa no tocante á xornada destes 7 e 8 de xaneiro de 2012, comezamos a previa pola Preferente. Importante enfrontamento directo entre Santa Comba e Soneira, que servirá para pulsar os estados destes dous equipos en diferentes situacións; un cadro laranxa que busca seguir arriba, e un Soneira que quere afastarse do pozo.
Ademais, o Dumbría visita o campo do 5º, o Boiro, e o Xallas o do Unión.
Na 1ª, o exilio do Cee en Ara Solis obriga aos xuvenís fisterráns a adiantar o seu encontro co Corcubión para o venres. Os de Llanero reciben ao Imperátor nun choque directo e coa imperante necesidade de gañar aos coruñeses para deixalos a tan só 1 punto de distancia. Pola súa banda, o Ponteceso, que non se pode despistar, visita a un Estudiantil na zona morna.
O ano na Liga da Costa comeza con dous choques na xornada sabatina. O Fisterra recibe ao San Lorenzo, choque no que os locais buscarán seguir detrás do dúa de líderes, e os de Verdillo precisan punturar para saír do descenso. Ademais, a tarde do sábado tamén terá protagonismo o choque do co líder, Club do Mar ante o Nantón. Xa o domingo, o Camariñas buscará repetir ou mellorar o resultado dos caioneses ante o pechacancelas, O Pindo.
A xornada ten outros puntos de interese, como a proba de Corredoira a fronte do Zas no Conco ante o Dumbría B, que de perder pode meterse en zona de perigo. Pero o que pode considerarse o partido da semana vai ser ese derbi muradán entre Esteirana e Muros, que de seguro encherá o Xosé Vara Oliveira.
Na 3ª, o 2012 comeza quente. O sábado xa temos un Porteño-Carnota que medirá se o cadro camariñán se alonxa case que definitivamente da loita, mentres que os de Alfredo Cambeiro buscarán manter a 2ª praza e achegarse ao líder. Un Cabana que tamén xoga o sábado ante o Volantes, noutro dos partidos da semana, pois enfronta ao 1º contra o 7º. Nesa loita polas 6 primeiras prazas, tamén haberá que estar atentos ao Cerqueda (6º) - Fisterra B (10º pero só a 2 puntos). Ademais, Outes, Coristanco e Montelouro terán encontros, a priori, sinxelos.
As curtas Ligas Xuvenís afrontan xa o seu treito final con tan só 4 xornadas para o seu remate, coa loita por meterse entre os 4 primeiros como principal atractivo. Polo sur, o Cee, líder destacado e xa clasificado para a fase de ascenso, medirase ao Outes, que mantén a 3ª praza pero só con 2 puntos sobre o 5º, o Soneira. Os soneiráns, que se miden ao pechacancelas Muros, están empatados co Santa Comba, que o terá algo máis complicado ante o Mazaricos. Ademais o Fisterra, 2º, terá un encontro, o venres, de rivalidade ante o Corcubión (ollo que de gañar aínda se pode meter na loita).
Polo norte a cousa está parella. O Malpica buscará seguir coa súa pegada ante un Ponteceso que precisa gañar para non descolgarse da 4ª praza. É o Baio o que a ten nestes intres, pero os de Nacho terán un choque directo ante o Camariñas, 3º con 4 puntos sobre Baio e 5 sobre Ponteceso. Ademais, o Dumbría B enfrontarase a un Cabana descartado.
A 2ª Cadete segue dominada polo Dumbría, que recibirá ao Soneira, 5º, a 13 puntos. 2º a 6 do líder, está o Santa Comba, que sen enfrontará ao Porteño, mentres que Cee e Esteirana, aínda con opcións, terán "derbis" ante Fisterra e Muros.
Ademais, en Infantís, Cabana e Dumbría seguen a súa loita fraticida á fronte da clasificación, cun Cee a tan só dous puntos. Os tres terán encontros que deberán solventar con vitoria.
E no tocante ás Ligas de Veteranos, tan só se disputan 3 encontros aprazados no seu día.
Preferente, xornada 18
Boiro | 08/01 - 16:00 | Dumbría |
Santa Comba | 08/01 - 16:00 | Soneira |
Unión | 08/01 - 16:15 | Xallas |
1ª Autonómica, xornada 17
Estudiantil | 08/01 - 16:00 | Ponteceso |
Cee | 08/01 - 16:00 | Imperator |
2ª Autonómica, xornada 17
Fisterra | 07/01 - 16:00 | San Lorenzo |
Club do Mar | 07/01 - 16:00 | Nantón |
Dumbría B | 08/01 - 16:00 | Zas |
Esteirana | 08/01 - 16:00 | Muros |
Malpica | 08/01 - 16:00 | Mazaricos |
Corme | 08/01 - 16:00 | Castriz |
Sofán | 08/01 - 16:00 | Corcubión |
Camariñas | 08/01 - 16:00 | O Pindo |
Baio | 08/01 - 16:00 | Buño |
3ª Autonómica, xornada 21
Porteño | 07/01 - 16:00 | Carnota |
Volantes | 07/01 - 16:30 | Cabana |
Indep. Carballo | 07/01 - 18:00 | Soneira B |
Coristanco | 08/01 - 16:00 | Muxía |
Montelouro | 08/01 - 16:00 | Xaviña |
Corcoesto | 08/01 - 16:00 | Laxe |
Alcaián | 08/01 - 16:00 | Camelle |
Cerqueda | 08/01 - 16:00 | Fisterra B |
Outes | 08/01 - 17:00 | Lira |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 16
Bergantiños | 08/01 - 12:00 | Calasanz |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 15
Fisterra | 06/01 - 16:30 | Corcubión |
Soneira | 07/01 - 16:00 | Muros |
Santa Comba | 07/01 - 16:00 | Mazaricos |
Dumbría | 07/01 - 18:00 | Esteirana |
Outes | 07/01 - 18:00 | Cee |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 19
Dumbría B | 07/01 - 12:15 | Cabana |
Laxe | 07/01 - 16:00 | Zas |
Coristanco | 07/01 - 16:00 | Muxía |
Malpica | 07/01 - 16:00 | Ponteceso |
Camariñas | 07/01 - 18:15 | Baio |
División de Honra Cadete, xornada 16
Alondras 07/01 - 16:00 Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 17
Muxía | 07/01 - 10:30 | Camariñas |
Ponteceso | 07/01 - 10:30 | Outes |
Fisterra | 07/01 - 10:30 | Cee |
Esteirana | 07/01 - 10:30 | Muros |
Coristanco | 07/01 - 10:30 | Cabana |
Dumbría | 07/01 - 10:30 | Soneira |
Porteño | 07/01 - 12:00 | Santa Comba |
Malpica | 07/01 - 16:00 | Zas |
2ª Infantil, xornada 17
E.M.F. Vimianzo | 07/01 - 18:30 | Os Miudos |
Con. de Carnota | 08/01 - 10:30 | As Baleas |
Esteirana | 08/01 - 10:30 | Dumbría |
Fisterra | 08/01 - 10:30 | Baio |
Cabana | 08/01 - 10:30 | Muxía |
Ponteceso | 08/01 - 12:00 | Santa Comba |
Cee | 08/01 - 16:30 | Coristanco |
Ligas de Veteranos
Partidos atrasados
Zas | 08-01 | San Román |
Corcubión | 08-01 | Bértoa |
Vimianzo | 08-01 | Bergantiños |
Máis información
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).