Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: O Cee segue ao seu e complícalle a vida ao Outes

Xuvenil Sur: O Cee segue ao seu e complícalle a vida ao Outes

Volveu a Liga Xuvenil, con tan só 3 partidos por diante para acabar a Liga. Pero a loita mantense dura, sobre todo por meterse entre os 4 primeiros de cada grupo que xogarán a segunda liguiña, na que os 2 mellores equipos irán á Fase de Ascenso á Liga Galega. Os que non se clasifiquen xa saben que xogarán unha, algo sosa, Copa Xuvenil.
Apuntamos que a Federación xa confirmou que os xogadores pasan limpos de tarxetas para a seguinte fase.

No tocante á xornada, o Outes é o gran sacrificado, que caía ante o poderoso líder, Cee, que está a 1 punto de asegurar o campionato. Queda fóra pois o Outes dos 4 postos de arriba, a 1 punto de Soneira e Santa Comba, tralas cómodas vitorias de ambos conxuntos. Tamén gañaba o Fisterra ao Corcubión, acabando coas posibilidades dos corcubioneses de meterse na loita, e quedando os fisterráns 2º a 9 puntos.

A vindeira xornada parece clave, cun Outes-Soneira e un Cee-Santa Comba máis interesantes.

Fisterra - Corcubión (5-2)

  • FISTERRA: David, Rubén, Javi, Noé, Rubén, Cote (Gonzalo, min.65), Gabriel, Bruno (Iski, min.80), Cristian (Champi, min,46), C. Hidalgo (Miguel, min.75), Manuel (Suárez, min.70).
  • CORCUBIÓN: Abe, Adrian, Toni, Pablo, Lema (Mario min.79), Javi (Iago min.68), Gabi, Lagoa (Manu min.60), David, Adri.
  • Goles: Gabriel, Manuel, Bruno e Cote (2) por parte do Fisterra e David e Adri por parte do Corcubión.

Nos primeiros minutos comezou mandando o Fisterra con varias ocasións de perigo. A máis perigosa chegou por parte do Corcubión, nunha boa ocasión de Adri que intentouse irse trala saída do porteiro pero que o seu disparo foi despexado a saque de esquina. Nese córner, David no primer pau, fixo o 0-1 de cabeza no minuto 16. Pouco lle durou a alegría ao conxunto de Alfonso que viu como Gabriel, cun disparo duro dende 3/4 de campo, fixo un golazo no que Abe non puido facer nada. No minuto 27, Pablo comete un penalti que transformou Manuel, un ex xogador do conxunto visitante, para poñer o 2-1 no marcador. Tan só 2 minutos despois, no 29, un saque de banda de Lema e rematado por Adri de cabeza a gol. Seguíu moi emocionante o partido ate o descanso con ocasións para os dous equipos e o empate no marcador.

A segunda metade foi outro partido moi diferente e o Fisterra foi claro dominador. Os goles locais nos minutos 6, 8 e 15 da reanudación, foron un duro golpe para o Corcubión que non puido facer nada para remontar e o partido cun control absoluto do cadro local do centro do campo.

Soneira - Muros (5-1)

  • SONEIRA: Vinka, Rubén, Pichón, Héctor, Curra, Cachirulo, Borja, Picachu, Capote, Efrein, Suso de Boallo. Tamén xogaron Robi e Fabián.
  • MUROS: Trozo, Santi de Pura, Damián, Iván Malaca, Diego, Marcos, Javi Pacola, Alberto, Moncho, Santi Berberecho, Adrián. Tamén xogaron Iván, Sergio e Dieguiño.
  • Goles: 1-0, min.15: Capote; 2-0, min.25: Capote; 3-0, min.30: Capote; 4-0, min.35: Suso de Boallo; 4-1, min.40: Iván Malaca; 5-1, min.65: Capote.
  • Expulsión: O muradán Adrián por protestar.

4 tantos de Capote serviron para desfacerse deste Muros que segue en proceso de formación. E malia seguir cometendo erros infantís, Nieto aínda ten esperanza de que vaian aprendendo, como Iván Malaca, que asinaba o único tanto dos muradáns, e xa leva os 3 últimos do equipo. A nota negativa púxoa Adrián, que acabou expulsado tras varias protestas ao colexiado.

Santa Comba - Mazaricos (4-0)

  • SANTA COMBA: Pablo, Josito, Alberto, Dani Martínez (Cristian Caamaño, min.46), Landeira, Diego, Javito, Jordi (Luís Ronaldo, min.70), Miguel (Eloy, min.55), Marquiños, Iván (Marcos Álvarez, min.75).
  • MAZARICOS: Rubén, Fran, Oreiro, Mipadre, Sandelo, José Ángel (Mario, min.60), Alberto, Ferreiro, Carreira (Esteban, min.46), Cristian (José, min.70), Alex.
  • Goles: 1-0, min.1: Marquiños a centro de Miguel; 2-0, min.20: Iván de cabeza; 3-0, min.30: Iván de cabeza tras un tiro ao longueiro de Javito; 4-0, min.73: Luís Ronaldo tras unha gran xogada de Marquiños.

Xa marcaba no min.1 o Santa Comba ,que saíu a por todas para manter unhas das prazas que dan acceso á fase de ascensión. Pero logo o Mazaricos intentou virse arriba e puido empatar nun par de ocasións. Pero foi o cadro local o que marcou o segundo tanto, nunha xogada na que os locais viron un certo fallo do meta mazaricán, mentres que estes protestaron falta do atacante Iván no remate. Intentouno o Mazaricos de novo pero o tiro de Alex marchou preto do longueiro, e o colexiado non viu un penalti que pedían os visitantes.

E a pegada dos xalleiros foi letal para asinar o 3º e coller de novo o mando do partido. Só no último treito o partido se puxo algo duro o partido, cando o xogador laranxa Marquiños, natural de Mazaricos, recibiu un par de entradas mentres xogaba o balón con calidade.

Dumbría - Esteirana (2-1)

  • DUMBRÍA: Israel (Chupi, min.46), Rubén (Samuel, min.50), Dito, Adrián Ozón, Jose, Blanco, Juanma (Antón, min.55), Marco, Rafa (Damián, min.75), Martín e Javi.
  • ESTEIRANA: Matías, Meco, Codesido, Abel, Chus, Bruno, Djumber (Ruso, min.20), Agustín, Jacobo, David, Adrián.
  • Goles: 1-0, min.20: Marco; 1-1, min.60: David; 2-1, min.90: Javi.

Partido igualado que se decidiu nos últimos instantes, que puido gañar calquera dos dous equipos. Adiantouse o cadro dumbriés, que marchou ao descanso con vantaxe. A Esteirana intentábao pero o Dumbría mantivo a direfencia ata o ecuador do segundo tempo cando empataba a Esteirana. Cando todo parecía que remataría en empate un balón longo era cazado por Javi para facer o definitivo 2-1. Os visitantes protestaron que os dous tantos foron en posibles fóra de xogo ademais de que os xogadores dumbrieses e o colexiado se coñecían "demasiado", segundo os xogadores visitantes.

Outes - Cee (0-3)

  • OUTES: Jona, Jurado, Rafa, Juan (Pedrosa, min.72), Ale, Maduro (Chía, min.46), Babu (Michi, min.46), Sergi (Mosto, min.86), Elías, Piti e Abraham (Edu, min.46).
  • CEE: Iván, Martín, Iago, Aitor, Tonecho, Rubén, Tebo (Lamela, min.65), Uri (Brais, min.75), Carlos (Michi, min.80), Chiru (Jesús, min.85), Pablo (Abraham, min.88).
  • Goles: 0-1, min.40: Chiru tras unha xogada de Rubén; 0-2, min.53: Pablo tras un saque de esquina; 0-3, min.73: Pablo en xogada individual.
  • Expulsión: os ceenses Iago con doble tarxeta e Uri xa no banco unha vez cambiado.

Non perdoou este Cee de José Carlos, tremendamente preparado fisicamente, e que sempre machaca aos seus rivais na segunda metade. O partido, de feito, comezaba igualado con lixeiro dominio dun Outes que parecía ir polo partido. Pero había moito xogo no medio campo e poucas chegadas.

Poucas pero boas tiveron os ceenses que antes do descanso xa se puxeron por diante cungol de Chiru. E o tanto á volta do descanso acabou co partido e a segunda metade non houbo cor.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Jorge Domínguez, Roco, Pablo Conde.

Comentarios