COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello
11:43 12/11/20
Pequenas novidades no mapa do COVID de hoxe. O Concello de Dumbría, un dos que se mantiña bastante virxe nesta última onda, púxose en nivel de Alerta 1. Deste xeito seguen sendo 5 os Concellos sen alarma sanitaria, xa que Muxía volve quedar en verde, como Fisterra, Corcubión, Mazaricos e Carnota.
Son positivas as novas en Santa Comba e Cee, onde parece que baixa o nivel de casos activos, e volven a nivel laranxa. Son agora 6 os concellos en nivel vermello, 5 en nivel laranxa, e 4 en nivel amarelo.
- Nivel de Alerta 3 (con máis de 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Carballo, Malpica (hoxe con 68 casos activos, e onde o Sergas vai facer un cribado este sábado), Coristanco, Ponteceso con 53 casos), Cabana, Vimianzo, .
- Nivel de Alerta 2 (entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): Santa Comba, Cee. Zas, Laxe e Camariñas.
- Nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días): A Laracha, Dumbría, Muros e Zas.
A boa nova é que en apenas 2 días os pacientes ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira baixaron de 20 aos 12 actuais.
Entrevista
Máis novas do COVID
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2