Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Mala sorte

Ligas Galegas: Mala sorte
Dumbria Cadete contra O Val Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Seguen sen puntuar os 3 equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. Pero a realidade é que os 2 equipos dumbrieses e o xalleiro non están facendo un mal comezo de campaña pero a mala sorte está facendo mella e polo de agora seguen sen puntuar.

Alomenos, esta semana romperon a mala xeira de non ter marcado, así que a partir de aquí todo será mellorar.

Analizamos con Joaquín Casais, Corredoira e Huelvis, os choques desta semana.


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 3

  • Resultado: Dumbría - Valmiñor (1-3)
  • DUMBRÍA: Gabriel, Josiño, Pablo Raúl, Gabi, Jose, Marcos, Borja, Fabio, Brandon e Gonzalo. Tamén xogaron: Esteban, Luís Lojo, Eloy, Gerardo e Jorge.
  • Goles: 1-0, min.3: Brandón; 1-1, min.30; 1-2, min.42: de falta; 1-3, min.70.

Mala sorte tamén para o equipo de Juan Purrúa e Joaquín Casais no Conco. E iso que comezaron moi ben, cun tempraneiro tanto de Brandon que facía presaxiar a primeira vitoria do ano. Pero se meteu a apretar o cadro visitante e un erro na defensa deixaba só a un punta diante de Gabriel supoñendo o empate á media hora. E pouco antes do descanso, chegaría un gol de falta que doeu moito na expedición costeira.

Saíu forte o equipo local na segunda, cun remate ao longueiro de cabeza de Marcos Mouro a unha falta de Mauro, que puido cambiar o rumbo do partido. Pero despois xa marcaron os visitantes o terceiro e o Dumbría se deixou ir ata o pitido final.

Liga Galega Cadete, xornada 3

  • Resultado: XSC - Lugo B (1-2)
  • XSC: Álex, Guillín (Mosteiro, min.70), Raúl, Pablo (Héctor, min.77), Carlos Baio, Juan Lois, Óscar (Manuel, min.60), Carlos Rieiro, Juanjo e Grille.
  • Goles: 1-0, min.44: Carlos; 1-1, min.57; 1-2, min.70.

Non mereceu perder o XSC ante o CD Lugo, nun partido onde os xalleiros adiantáronse no marcador un minuto antes do descanso con gol de Carlos, pero viron como, na segunda metade, e cando o dominio local era absoluto, dous despexes da zaga lucense, unidos a dous graves erros defensivos locais, eran aproveitados polo equipo rojiblanco para alzarse cun triunfo absolutamente inmerecido.

O primeiro tempo foi igualado, cun XSC intentando levar a batuta do xogo e un Lugo moi perigoso á contra. No entanto, os locais puideron adiantarse antes no marcador, pero non estiveron atinados á hora da finalización.

Tralo descanso, na segunda metade, o dominio do Xallas foi absoluto, cun Lugo moi replegado e buscando algunha contra. As oportunidades foron moi claras e, salvo un gol anulado ao XSC nun córner, nunha acción de Carlos, non foron aproveitadas as posibilidades de aumentar a vantaxe no marcador.

Ao final, un 1-2 que non fixo xustiza ao sucedido sobre o terreo de xogo e un XSC que mostrou boa cara pese á derrota.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 3

Dumbria Infantil ante o Portuarios
  • Resultado: Dumbría - Portuarios (1-2)
  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.70), Xan, Toni, Berto (Evaristo, min.73), Sergio, Ezequiel (Xulián, min.69), Brais Fdez., Adrián, Hugo (Samuel, min.41), Alex (Brais Martínez, min.60) e Brais Tajes.
  • Goles: 1-0, min.2: Brais Tajes; 1-1, min.11; 1-2, min.32.
Increibles os puntos que se marvharon do Conco na mañan do sábado. Ata o adestrador visitante recoñeceu a superioridade do Dumbria, pero quen se levou os puntos foi o Portuarios. O Dumbria comezou moi forte o partido, presionando en campo contrario e recuperando o balón rápido. Os 4 minutos, nunha combinación rápida, o balón chegou a Brais Tajes q marcou o primeiro gol cunha valelina de gran clase. Durante os primeiros 15 minutos o Portuarios apenas saiu do seu campo, e a primeira vez que o fixo, nun balón longo, encontrouse coa indecisión dos defensores e do porteiro local, e o dianteiro do Portuarios non desaproveitou a opción para facer o empate. Durante 10 minutos, o Dumbria acusou ese golpe anímico, e os ferroláns aproveitárono para facer o seu 2° gol nunha contra veloz. Reaccionou o equipo de Conde e Huelvis no tramo final da primeira parte, con varias ocasións, a mellor delas nos pés de Álex. O 2° tempo comezaba coa sensación de posible remontada. Ós 2 minutos, un centro de Álex era interceptado coa man por un defensor visitante dentro da área. O penalti lanzábao o capitán Adrián, con tal mala suerte q o estrellaba no longueiro. Este periodo foi un monólogo de acoso do Dumbría, con ocasións de Adrián, Tajes, Toni, Brais Fdez, pero sin premio final. Nesta ocasións si que os merecementos non foron acompañados de puntos Dumbria Infantil ante o Portuarios

Crónicas das Ligas Aurtonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios