Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nacho Vilar: "Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte"

Nacho Vilar: "Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte"
Ignacio Vilar, director de Sicixia, esta estes días na Costa da Morte buscando as localizacións do novo filme Ignacio Vilar, director de Sicixia, está estes días na Costa da Morte buscando as localizacións do novo filme Despois de que percorrer a pé a Costa da Morte, Ignacio Vilar decidiu que tiña que transmitir toda a vida que hai nela. Así, que moitos lugares e xentes da bisbarra serán os protagonistas de "Sicixia", un filme que se comezará a rodar proximamente aínda co soriso na boca despois dos éxitos acadados na película "A Esmorga", que tamén dirixiu.
  • QPC: ¿Que é Sicixia?
Sicixia é un termo de astronomía que quere dicir que cando o sol, a terra e a lúa coinciden en liña recta, coincidindo ademais coa lúa chea a e lúa nova. Sicixia é cando a gravidade dos planetas inflúen nas mareas, nos oceános e, por suposto, en nós que somos o 80% de auga. Despois de dicir isto, queda claro que esta película ten moita relación cos astros. Precisamente, a semana pasada cando estabamos localizando coincidiu que estaban aliñados cinco astros; un feito que se dá de dez en dez anos. Polo que todo indica a que esta película vai a ter moito que ver cos astros. Porque na Costa da Morte hai un "algo" que ten que ver coa Sicixia, coa forza da natureza, esa forza que teñen os astros e que inflúe na xente. Ademais desta razón hai outras máis persoais, xa que fai uns 20 anos percorrín toda a Costa da Morte a pé. O que vivín neses dez días foi impresionante; tiven unha relación coa xente e coa natureza que nunca antes vivira. Esa experiencia marcoume tanto que dixen que algún día contaría unha historia ambientada na Costa da Morte.
  • QPC: ¿Xa hai algo feito de "Sicixia"?
Este proxecto comezouse a rodar hai tres anos na rapa das bestas de Sabucedo, pero tivemos que parar para gravar "A Esmorga", que nos levou dous anos facela e un ano de promoción. E agora sí que tocou o momento de volver a "Sicixia". Unha boa parte do equipo levamos varios días hospedados en Fisterra buscando localizacións.
  • QPC: ¿Que é o que máis lle sorprende da Costa da Morte?
Os acentos. Esa cantidade de variantes dialectais do idioma galego é impresionante. Escoitar unha conversa no Ézaro, en Muxía ou en Fisterra deixáte fascinado. Así que "Sicixia" é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte porque en todo este tempo que levo en contacto coa zona unha das cousas que máis me inflúe é o son. Sons tan míticos como o son da Pedra de Abalar ou da furna da Buserana, son sons que quedarán no recordo para sempre. Entón, o son da Costa da Morte será moi importante neste filme. A fervenza do Ézaro é un dos lugares elixidos para rodar Sicixia A fervenza do Ézaro é un dos lugares elixidos para rodar Sicixia
  • QPC: ¿Foi difícil seleccionar as localizacións da película?
A verdade é que non... O monte Pindo, a Fervenza do Ézaro, o cabo Vilán e o de Fisterra, a ensenada do Trece, o monte Branco, as palilleiras de Camariñas tiñan que estar. O protagonista de "Sicixia" é un enxeñeiro de son que traballa para o Arquivo Sonoro de Galicia e vén á Costa da Morte a recoller o son da natureza, o son das xentes e dos seus acentos. A través deste personaxe metémonos neses sons tan impresionantes que hai na zona e ao mesmo tempo interveñen moitos personaxes que son reais e a través deles construimos a historia da Costa da Morte. E no fondo hai unha historia de amor e desamor. 
  • QPC: Unha das actrices protagonistas, Marta Lado, é de Fisterra. ¿É unha casualidade?
Non, xa que esta película ten ficción-documental e que unha actriz sexa do lugar e que teña ese acento tan peculiar fai que teñamos moito avanzado.  O próximo 22 de febreiro Ignacio Vilar comeza a rodar o filme Sicixia O próximo 22 de febreiro Ignacio Vilar comeza a rodar o filme Sicixia
  • QPC: ¿Cando comezan a rodar?
Comezaremos a rodar o día 22 continuando ata marzo, para coller así imaxes do inverno e tamén da primavera.
  • QPC: ¿Canta xente participa na rodaxe?
Unhas quince persoas xa que o cine dixital ofrece a posibilidade de achegarse á realidade e facer un filme de carácter documental e por iso queremos un equipo reducido onde a cámara non impoña. A historia de "Sicixia" necesita toda esta estratexia para transmitir a maior realidade posible.
  • QPC: ¿Cando será a estra de "Sicixia"?
Se todo vai ben, o 21 de novembro estrearase "Sicixia". Esperamos que nos pase algo similar á "Esmorga" que a comezamos a rodar en febreiro-marzo e o 21 de novembro estaba xa nos cines.   

Máis información

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios