Luns. 06.02.2023
El tiempo

Ata Alfredo Brañas se disfraza para o Entroido de Carballo

Ata Alfredo Brañas se disfraza para o Entroido de Carballo
Entroido Carballo 2015

Non para o Concello de Carballo e xa pensa no Entroido para o que disfrazou ao mesmo Alfredo Brañas. Non sabemos moi ben de que vai pero o rollo choqueiro sempre cola.

Un entroio no que é clave a colaboración das asociacións e entidades dos distintos barrios e parroquias. Así, haberá baile de disfraces e festexos propios en Oza, Berdillo, Sísamo, Artes, Sofán, Cances e Ardaña, ou o Entroido do Casino de San Cristovo.

O Entroido carballés chega con máis de 7.000 euros para repartir entre premios e subvencións no Concurso de Disfraces e no Enterro da Sardiña. Son as dúas citas grandes, as máis tradicionais e se o Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas será o domingo 15 de febreiro; o tradicional Enterro da Sardiña, toca o Martes de Entroido (día 17).
Este ano, o presentador do Concurso será Toño Casais, de Talía Teatro, mentres que a Aula de Teatro Municipal será a encargada de animar o Enterro da Sardiña xunto coa Cruz Vermella.

Pero haberá moitas citas para os cativos, mentres todo o mundo poderá disfrutar dunha exposición de traxes e imaxes do Entroido ourensán.

Programa de Entroido de Carballo 2015

Novas relacionadas

Entroido 2015

Fonte

comentarios