Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O 12 de xullo ratificarase en Sardiñeiro como o Día da Diversidade da Costa da Morte

Alex Lopez lendo o manifesto da inclusion
Álex López lendo o manifesto da inclusión no Día da Diversidade da Costa da Morte do ano pasado convocado pola Plataforma Reiseñores
O 12 de xullo ratificarase en Sardiñeiro como o Día da Diversidade da Costa da Morte

O pasado 12 de xullo de 2023 a Plataforma Reiseñores NEE/NEAE Costa da Morte declarou en Sardiñeiro na súa primeira cadea humana pola inclusión Día da Diversidade da Costa da Morte.

Reiseñores quere que "este día sexa xa o día de referencia da Costa da Morte para a concienciación, reivindicación e visibilización dunha realidade que ten dereito a estar nun mundo que tamén lles pertence e a ter os recursos e os espazos necesarios para que a súa vida sexa máis autónoma, completa e diversa e todas as etapas da súa vida".

Para iso, este venres 12 de xullo de 2024 a Plataforma Reiseñores convoca a unha cita baixo o lema "Xuntas Pola diversidade", onde se realizará unha perfomance colectiva no Parque de Sardiñeiro ás 18:00h "quedando inmóbiles por uns intres e así denunciar a parálise e o inmobilismo dunha administración que non parece querer avanzar de xeito significativo para abordar un mundo, complexo, mais real, semella máis ben, unha realidade incómoda".
Despois da lectura do manifesto Reiseñores fará no mesmo parque de Sardiñeiro unha segunda cadea humana e "así simbolizar, agarrados das mans, que xuntos e unidos podemos facer un mundo máis inclusivo e diverso".

A Plataforma tamén ten previsto enviar unha carta a todos os concellos da Costa da Morte para que "desde as administracións locais, sexan aliados e promovan e acollan este día como propio e oficial facendo actividades e iniciativas de concienciación, visibilización e que se tomen as medidas necesarias para que esta realidade sexa cada vez menos incómoda e vaiamos cara un mundo onde collamos todas e todos, sen excepción."

Día da Diversidade da Costa da Morte 2024

Máis novas

 

Comentarios