COVID: Novos cribados entre a mocidade de Fisterra e Laxe
Tras coñecer o novo mapa que deixa 15 dos 19 concellos costeiros con algún nivel de alerta, o Sergas continúa intentando atopar casos entre a mocidade costeira. Despois de que os cribados de Ponteceso e Coristanco ratificasen a subida de casos, esta semana o Sergas vai realizar novos cribados.
En Fisterra, o cribado realízase este xoves 12 de agosto, de 12:00 a 14:00h no COVID-Auto de Cee, para o que serán citados por SMS os 408 moz@s de entre 16 e 25 anos.
Tamén o xoves terá lugar, pero en horario de tarde (16:30 a 19:00 horas), terá lugar no Centro de Saúde de Laxe o cribado entre os 206 veciñ@s de entre 16 e 25 anos.
Laxe 25 novos casos detectados nos últimos 14 días (unha taxa de incidencia acumulada de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes) e Fisterra conta con 54 casos nos últimos 14 días (tamén superando os 500 casos de taxa a 14 días).
Esperan que acodan máis do 53 e 61% de persoas que foron aos cribados de Coristanco e Ponteceso, respectivamente.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 10-08-2021: COVID: Só 4 concellos quedan sen restricións.
- 09-08-2021: COVID: Os cribados de Ponteceso e Coristanco ratifican a nova subida de casos en toda a bisbarra.
- 05-08-2021: COVID: O Sergas convoca outro cribado para a mocidade, desta volta en Ponteceso.
- 05-08-21: COVID: O Sergas convoca un cribado entre a mocidade de Coristanco.
- 04-08-21: COVID: 11 concellos contarán a partir do sábado con novas restricións.
- 02-08-21: COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda.
- 28-07-21: COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións.
- 26-07-21: COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose.
- 21-07-21: COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións.
- 19-07-21: COVID: Duplícanse os novos casos nas dúas últimas semanas.
- 16-07-21: COVID: A curva pica para arriba.
- 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións.
- 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños .
- 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota.
- 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo.
- 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota.
- 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións.
- 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio
- 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX.
- 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación.
- 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX