Dúas novas fermosas cadelas buscan fogar en Salvacadelos

Aínda sen tempo para atoparlles casa ás 3 cucadas ás que se lle marchan os donos emigrados a Suiza, chegan dúas novas xoias a Salvacadelos, iniciativa solidaria artellada entre a Clínica Veterinaria Argos de Cee e o diario Quepasanacosta.
Esta peludiña de aquí embaixo apareceu coas súas dúas irmáns en Sardiñeiro. Xa regalaron unha, pero falta esta e unha negriña por colocar. Terán sobre 4 meses, e serán pequenas-medianas.

Ademais, temos este American Stanford de 6 meses, con parche no ollo coma se dun pirata se tratase. É de raza potencialmente perigosa pero esta é moi boiña. Os seus donos non se poden facer cargo dela polo que precisa un fogar. Con eses olliños míravos pedindo cariño....

Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:
- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
Novas relacionadas
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
- Quen se ocupa de que se cumplan as responsabilidades civís como propietario dun animal?.
Historias Bonitas de Salvacadelos
- Kyra e Nano son amigos gracias a Salvacadelos.
- Pinio medra feliz en Suiza.
- Salvadoras e salvados con Salvacadelos.
- Salvadoras dende a Mariña Lucense.
- Final feliz para Plutón en Salvacadelos.
- Un amigo para a avoa con Salvacadelos.
- Isabel salva a Kollin.
- Dúas caniches que buscan familia e un saúdo dende Lalín con Salvacadelos.
- A incrible historia de Pinio.
- Salvando a chispa da Costa responsablemente.
- 3 novas familias salvadoras en Salvacadelos.
- Presentación en socidedade de Salvacadelos.
- As mamás de Salvacadelos.
- Unhas veciñas de Camariñas, as heroínas de Salvacadelos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Clínica Veterinaria Argos de Cee.