Fisterra segue sen contar co seu prometido pediatra
Saía a veciñanza de Fisterra o 1 de xullo á rúa para denunciar a falta de pediatra no vello Centro de Saúde fisterrán. Rematou o verán, e as excusas da Xunta xa non deberían valer, pero o problema segue vixente.
Por iso, o BNG de Fisterra volve denuncia o incumprimento da Xunta co servizo de pediatría no municipio. "O Sergas prometeu que o servizo estaría cuberto este verán, pero comprobouse que as promesas do PP continúan converténdose en mentiras”.
Os nacionalistas sinalaron que a atención médica das crianzas de Fisterra segue sendo derivada ao centro de saúde de Cee, provocando saturación no servizo, con retrasos en citas, revisións de idades e vacinacións.
A voceira do BNG de Fisterra, Tereixa Fernández, insitiu en que o problema persiste desde que se xubilou o profesional que exercía de puericultor na vila, e indicou que “seguiremos loitando, levando iniciativas ao Parlamento e mobilizándonos por algo que é un dereito e que tería que estar consolidado”.
Máis novas