Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte
Seguimos sendo potencia mundial en pecios. E así o demostran as últimas visitas de especialistas de todo o mundo para estudiar os nosos tesouros submariños. Pero tamén seguimos sendo potencia en esquecer aproveitar os nosos recursos, e quedamos ficando, e mesmo nos cabreamos, cando museos de todo o país recuperan pezas das nosas augas para amosalas ao mundo. Pero non hai quen entone o mea culpa, non hai quen dea un paso adiante.
As últimas prospeccións leváronse a cabo na ría de Fisterra, coma sempre da man do arqueólogo submariño e gran coñecedor dos nosos fondos, Miguel San Claudio, e dun grupo do proxecto Europeo Forseadiscovery, un grupo de investigación multidisciplinar e innovador que combina historia coa arqueoloxía subacuática, apoiados ademais polo CSIC.
E a súa visita moi máis que produtiva. Chegaban para estudiar os grandes barcos imperialistas españois e portugueses que invadiron o mundo polos séculos XVI e XVII; e como a súa construción influiu nos bosques atlánticos. E que mellor que o estratéxico Finisterre galego, enclavado na ruta de comercio máis importante da historia, a do Atlántico Norte, para estudialo, como asegura o propio San Claudio.
O proxecto segue en marcha
A visita foi tan positiva estes días que o proxecto se instalará en verán na zona, para seguir estudiando como era o tráfico marítimo naqueles séculos. Iso si, xa pediron a colaboración dos políticos da zona para ter boa sintonía coa Xunta e poder seguir desenvolvendo o programa.
En todo caso, despois do bo recibimento polas xentes da zona, polo Concello e pola Real Liga Naval Española, polo bo de Alexandre Nerium no Museo da Pesca, parece que volverán para seguir estudiando os nosos fondos. A ver se nos dan convencido da riqueza dos nosos tesouros, e fan que alguén se poña a traballar para crear un espazo onde aproveitalos turísticamente. Unha renovación do Museo Seo de Corcubión? Un museo que en si xa é un tesouro, pero que está pechado dende a súa última adxudicación.
Máis novas de naufraxios
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- Localizan a campá do carboeiro italiano naufragado no Vilán en 1893.
- Localizan o pecio das Dúas Catalinhas nas rochas de Camariñas.
- Localizan o outro Cemiterio dos Ingleses nos montes de Camelle.
Outras novas
- Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros.
- A Gabarra Prima espera auxilio.
- Malpica lembrou cun libro o 125 cabodano do naufraxio do Priam.
- De pecios ou tesouros submariños.
- Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”? Un estudio de Rafael Lema.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
- As anécdotas de 454 naufraxios na Costa da Morte nun libro.
- O Naufraxio de Laxe celebrou a súa declaración como Festa de Interese Turístico con máis emoción que nunca.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
- 4 novos tesouros en forma de pecios na augas da ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz.