1ª e 2ª Div. FUTFEM: Puntos de aniversario

A familia da Esteirana celebrou varios aniversarios cos 3 puntps

Coa espectacular nova do campionato galego conseguido pola Selección da Cdosta sub13, e co descanso de Entroido da #LigadaCostaFEM, os 5 equipos da 2ª División tiveron unha xornada relativamente positiva. O Muxía non fallou e segue man a man cun Tordoia que levou os puntos do Cairo, nun partido no que o Corme demostrou que compite na mesma liga que as dúas líderes.
Por detrás, Esteirana  (que ademais celebrou varios aniversarios) e Dumbría degustaban dúas boas vitorias mentres o Cee, en cadro, caía na casa.

Segunda vitoria seguida ademais do Xallas, que confirma a súa reacción tras 8 derrotas seguidas, e alonxa o perigo. Era un partido vital, pois o Burgo é o equipo que marca o descenso, quedando agora a 7 puntos de distancia, que puido ter sido 1 só punto se as xalleiras caesen na Lavandeira.

1ª Div. Fem., xornada 17

Sp. Burgo - Xallas (0-3)

  • Xallas: Rosío, Landi, Graci, Ainhoa, Daniela, Sara, Noe Vimi, Mery, Barcia, Espasandín e Olalla. Tamñen: Silvia, Soraya, Claudia Facal, Valeria Iglesias.
  • Goles: 0-1, m.3: Espasandín; 0-2 m.20: Graci; 0-3, m.42: Paula Barcia.

Partidazo das de Eloy García Fateira, que ademais viña de disputar o Campionato Galego de Seleccións Comarcais coas sub12. Conscientes do que e xogaban, as xalleiras saíron dende o comezo polo partido e nada máis saír Espasandín consegue marcar para liberar presión. Así xurdía o mellor xogo das verdes, e pouco despois aproveitando un saque de banda Graciela, que está nun gran momento, facía o 0-2. Dominaban o tempo e o partido as xalleiras e nunha xogada pola banda Barcia consegue o 0-3 cun disparo preciso pegado ao pao no minuto 42.

A segunda parte non sería de tanta posesión para as costeiras, os cambios das rivais fixeron mover fichas para axustar á dureza na que por momentos aplicaban as locais, pero as mellores seguiron cfreando perigo por medio de Espasandín e Soraya. A vitoria non perigou e as xalleiras durmen moito máis tranquilas na 10ª praza.

2ª Div. Fem., Gr.1, xornada 20

Unión Campestre - Dumbría (1-2)

  • Dumbría: Lucía, Ana, Mariña, Yaiza, Carla Lago, Carla Recarey, Lara, Sabela, Yoli, Cundíns e Alicia. Tamén: Ximena e Carla Pérez.
  • Goles: 1-0, m.24: Norma; 1-1, m.50: Carla Recarey; 1-2, m.80: Carla Recarey de penalti.

Con improtantes baixas chegaban as de Santi Lira, pero as novas xogadoras demostraron que están a gran nivel. Non foi o mellor partido en canto a xogo, sen conseguir grandes posesións, e un puntiño por debaixo das locais a nivel físico, pero así e todo sacaron o partido adiante a base de brega e entrega. Puideron adiantarse as de Santi Lira pero eran as locais as que aproveitaron un regalo no borde da área para abrir o marcador. De aí ao descanso desordeáronse algo as dumbriesas pero aguantaron ata o descanso.

Deron un paso adiante na segunda, con máis dominio e tras un bo balón ás costas da defensa, Carla poría o empate no marcador. A partir dese momento o partido descontrolouse e chegaban ocasións para ambos equipos sin poder ningún dos dous poñerse por díante. Aproveitarían as visitantes un erro das locais e Carla se prantaba diante da porteira, que cometía penalti e era expulsada. A propia Carla marcaba o 1-2, aínda con 10 minutos por diante. Sen moito criterio, as locais metían balóns á área, tendo varias ocasións, pero as dumbriesas aguantaron a gran vitoria.

Cee - Victoria C (3-5)

  • Cee: Noemí, Cris, Ramos, Aroa, Laura, Caamaño, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Nayara Casais, Martínez. Tamén: Valeria.
  • Goles: 0-1, m.1: Julia; 0-2, m.9: Julia; 0-3, m.23: Irene; 0-4, m.27: Ariadna; 1-4, m.41: Paula Veiga-, 2-4, m.45: Paula Veiga; 2-5, m.63: Ariadna; 3-5, m.63: Paula Veiga,.

Con 11 xustas se presentaba o Cee ante o potente filial herculino, que comezou espectacular e xa ía 0-3 no ecuador do primeiro tempo. A única boa nova, o triplete de Paula Veiga, xa totalmente recuperada da longa lesión.

Corme - Tordoia (1-2)

  • Corme: Lucía, Lucía Rod., Saaskia, Aroa, Laura Vidal, Ana, Carla Pose, Cris, Natalia, Claudia. Tamén: Carla Vázquez, Candela, Salomé.
  • Goles: 0-1, m.12: Rebeca; 0-2, m.27: Marta; 1-2, m.63: Saskia.

Partido 100% condicionado polo vento, Unha parte para cada equipo, na que o líder foi quen de marcar mais goles que as cormlas cando o vento lle favoreciu, e de aí a vitoria.
Fica moi contento Rubén Souto co equipo en canto a nivel competitivo, demostrando que a distancia entre ambos equipos non era para nada o visto na ida. Os locais lamentaron a actitude protagonista arbitral.

Esteirana - Cultural Maniños (2-0)

  • Esteirana: Alicia, Tobío, Nerea, Marta Piñeiro, Sara, Sandra Dosil, Lidia, Nuria, Mel e Rut. Tamén: Alba.
  • Goles: 1-0, m.58: Rut; 2-0, m.74: Mel.

A pesar da baixa de última hora da capi Bárbara, as de Fran Figueroa dominaron o partido de principio a fin, aínda que na primeira parte estivern moi espesas nos últimos metros sen atopar ocos nunha defensa rival que acumulaba xogadoras no carril central.

Na segunda parte as blaugranas souberon atacar mellor xerando espacios e dándolle máis sentido ás xogadas, cunha Nuria diferencial facendo dano entre liñas e atopando a Rut e Mel continuamete en zonas de finalización. En ningún momento viron peligrar o resultado e puideron celebrar o cumpleanos de Lara, Mel e Jose sumando de 3.

Milagrosa - Muxía (3-5)

  • Muxía: Sheila, Ana, Nerea Barrientos, Raquel, Andrea Piroja, Elsy, Paula, Laura Doce, María, Barca Eva Lema. Tamén: Patri Romaní, Nerea Pazos, Andrea Insua, Irene e Karen.
  • Goles: 0-1, m.22: Raquel; 0-2, m.35: Barca; 0-3, m.46: Eva Lema; 1-3, m.56: Ángela; 1-4, m.57: Barca; 1-5,m .69: Laura Doce; 2-5, m.81: Ana Seguín; 3-5, m.90: Aurora.

Moi bo partido para recuperar sensacións despois de dous partidos as muxiás lles custou atopar o seu xogo. Saíron moi ben as de Noe Iglesias, tendo balón e saíndo da boa presión das rivais, creando moitas ocasións conectando coas de arriba, aínda que o primeiro gol chegaría a balón parado. Mantiveron esta liña e aumentaron a vantaxe, estando cada vez máis cómodas.

Na segunda parte, saíron igual de intensas e deseguido marcaron o terceiro tras unha boa presión de Eva Lema que se fabricou o tanto. Seguían chegando moi ben por banda, se ben nos úiltimos minutos as locais maquillarían a goleada.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info