1ª FUTGAL: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso
Incrible o que está a facer o Muxía de Pataca. Coa vitoria o sábado ante a Esteirana en Arliña (a 6ª seguida, sumando 11 vitorias dos ultimos 13 partidos), os corviños colócanse colíderes con 42 puntos, empatados co Calo.
No outro derbi da xornada, o Camariñas venceu en Ara Solis.
Vitoria tremenda do Castriz en Brión que lle permite alonxar a un rival directo por evitar o descenso. Con ambas vitorias, Camariñas e Castriz deixan o descenso directo a 6 e 5 puntos.
Máis complicado o teñen Esteirana e Fisterra, que se enfrontan na Salina a semana que vén no que se perfila como unha finalísima.
Muxía - Esteirana (4-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Alex Martínez, Carlos Costa, Brais, Mauro, Manu Martínez, Víctor Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Julián, Adrián Alcaina, Javi Vilela, Fabián, Carlos e Antonio Pose.
- Esteirana: Guille, Kevin Rial, Luaces, Damián, Aitor, Adrián Louro, Foghete, Pachi, Antón, Oli e Pablo Val. Tamén Raúl, Pablo Rama, Toni, Samu León e Anxo.
- Goles: 1-0, m.18: Fran Moreira; 1-1, m.19: Pablo Val; 2-1, m.47: Manu Martínez; 3-1, m.57: Fran Moreira; 4-1, m.74: Fran Moreira.
Fermosa tarde sabatina en Arliña na tregua que deron os temporais. E comezaba o derbi co Muxía mandón, gañando as disputas pero con moi pouco ritmo de balón. Así e todo facía moito dano por fóra, e nunha desas Manu Nogueira filtra un bo balón, centro e gol de Fran Moreira. Pero reaccionou a Esteirana, e no saque de centro, un balón directo do Esteirana permitía ao xuvenil Pabliño a facer o empate.
O primeiro tempo eran mellores os locais pero os esteiráns aguantaron para ir co empate ao descanso.
Con todo, nada máis saír na segunda, cos visitantes con 4 cambios, os muxiñans saíron con todo, e oi pronto meteron o segundo. Seguiron percutindo e pronto chegou o terceiro e o partido rematou aí.
Bastavales - Castriz (1-2)
- Castriz: Coke, Fabián García, Fabio Barbeira, Brais, Marcos Mouro, Alemán, Alberto Mata, Fabio Blanco, Josiño, Carlos Rieiro e Juanjo. Tamén: Iker, Oscar Feal, Luisito, Rodo.
- Goles: 0-1, m.25: Fabián García; 1-1, m.40: Chenel; 1-2, m.86: Marcos Mouro.
Respondeu o Castriz a este partido vital, que chegaban ademais con varias baixas de última hora e as pernas moi cargadas despois de eliminar o venres ao Xallas nos Oitavos da Copa da Costa. Pero o equipo saíu ben, contemporizando, salvando ben os primeiros balóns directos dos locais e buscando algunha saída como a que Fabián endosou dende fóra da área no ecuador para abrir o marcador. Sufríu o golpe o Bastavales e aí, con Charli (Carlos Rieiro) e Fabián entrando ben por bandas e permitindo que Josiño e Juanjo rozasen o gol. Pero antes do descanso, un centro chut dende moi lonxe do eterno Chenel sorprendía a todos, incluídos a Coke.
Tralo descanso, os xalleiros deron un punto máis, e apretaron moito indo polo partido, con balóns colgados, e facendo dano a balón parado. A pesar do cansanzo, o equipo empurraba máis que o rival, e creou ocasións claras: Marcos mandou ao longueiro, unha chilena de Brais que respondeu o porteiro, e un tiro de Josiño ao pau. E no final, noutra falta lateral, unha xogada que centra Brais e Marcos consegue o gol da vitoria.
Aínda apretou nos últimos 5 minutos o cadro local, e tocou remar, co debut de Luisito (Jose Luís Castro), que xa estivo no Castriz e voltou a botar unha man, e trala expulsión de Juanjo demasiado rigorosa.
Fisterra - Camariñas (0-2)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Rui, Maikel Mouzo, Rubén, Martín, Quintela, Guille e Isaac Fábregas. Tamén: Guille, Lois, Juan, Adrian Makaay, Beltrán, Ángel e Pablo Velay.
- Camarilas: Jorge, Joseba, Víctor, Borja, Pablo, Moriño, Javi, Oli, Adam, Mario e Djibril. Tamén: Pablo, Asier, Saúl e Brais Tajes.
- Goles: 0-1, m.42: Djibril; 0-2, m.90: Djibril.
Partido, e vitoria, adicada a Faus. O segundo adestrador do Camariñas tivo un poblema de saúde e toda a parroquia camariñá, dende os prebenxamóns, ata os sénior, envocáronse demostrando o cariño que merece.
Foi un partido moi serio do Camariñas, e regular dun Fisterra que non soubo ler a vantaxe do vento na primeira metade. Os de Juan Cabrej controlaron moi ben a Isaac e as carreiras de Guille, e buscaron as contras rápidas tendo dúas boas chegadas de Mario moi claras, e outra na que, tras un par de paredes estupendas de Mario e Víctor, o centro deste foi cazado en volea por Djibril para abir o marcador, pouco antes do descanso.
Na segunda o partido volveuse máis trabado, co Camariñas aproveitando o vento para non permitir ao Fisterra traspasar a liña do medio campo. Tivo Isaac tivo un remate de cabeza nun córner, pero foi de novo Djibril o que marcou tras un tiro que tocaba nun defensa e despistaba a Joselu. Aínda tivo un remate de cabeza Rui que saía por pouco fóra, pero os camariñáns alonxan o descenso deixando aos fisterráns no pozo.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.