1ª FUTGAL: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo
Un paso por diante está a día de hoxe o Muxía que o Fisterra, e que moitos equipos da categoría. Os de Sergio Pataca sumaron en Ara Solis a súa 8ª vitoria en 10 partidos, o que o sitúa como un dos equipos máis en forma da categoría, agora na 4ª-5ª praza, a só 3 puntos do liderato, e a 1 da promoción.
Polo demais, cómpre destacar o valioso empate (máis en clave de moral que de puntos) da Esteirana, o pechacancelas, na visita do líder, o Bertamiráns. Os esteiráns comparten a última praza co Fisterra, a 8 dun Castriz que sumou en Tordoia nun choque directo, ante un dos equipos que marca a salvación, que fica 2 puntos por riba dos xalleiros.
Pola parte, o Camariñas non dá recuperado os resultados da primeira volta, e volveu caer na casa a pesar de facer un bo partido (pero os erros páganse), quedando só con 5 puntos de vantaxe sobre o descenso que marca o cadro xalleiro.
Fisterra - Muxía (0-2)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Dani, Rui, Maikel Mouzo, Rubén, Juan, Ángel, Quintela, Guille e Isaac Fábregas. Tamén: Guille, Lois, Adrián Makaay e Pablo Velay.
- Muxía: Iván Bouzón, Michael, Brais, Carlos Costa, Carlos Antelo, Javi Vilela, Mauro, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Álex, Víctor Alcaina, Fabián, Iago, Isma Pose e Manu Martínez.
- Goles: 0-1, m.61: Manu Nogueira; 0-2, m.80: Víctor Alcaina de penalti.
Típico derbi tenso, moi disputado pero tamén moi trabado, con pouco tempo efectivo de xogo, e constantes paróns. Arrincaba o choque co Muxía co vento a favor. Un cadro muxián que buscaba ser máis práctico que outras veces, arriscar menos e buscar moito as xogadas a balón parado. O cadro de Leo Picallo aguantaba ben,e non sufría demasiado, pero tampouco conseguía trascender nas contras.
Na segunda, o equipo visitante tivo máis o balón, e comezou a demostrar a confianza que lle dan os bos resultados. Protestaron os fisterráns unha arrancada de Dani que era freada por un xogador muxián que xa tiña un cartón, pero que o colexiado deixou en falta. Pouco despois, Manu Nogueira abríría o marcador nunha xogada na que os fisterráns pediron falta do dianteiro muxián por impactar no brazo na cara de Michael, o cal quedaba deitado sobre o céspede.
Non rematou aí o partido, aínda con media hora por diante, e os locais seguían aguantando ben armados e buscando algunha saída ás costas da defensa, como unha de Velay que salva Bouzón, ou un posible penalti a Isaac que sae trastavillado nun man a man co meta muxián. Foi na seguinte cando un penalti sinalado na área local significou o segundo e a sentenza do Muxía.
Tordoia - Castriz (2-2)
- Castriz: Coke, Fabián, Samu, Anxo, Fabio Blanco, Gabio Barbeira, Alemán, Marcos Mouro, Óscar Feal, Alberto Mata e Josiño. Ta,én: Íker, Adrián García, Juanjo, Carlos Rieiro e Rodo.
- Goles: 0-1, m.25: Josiño; 1-1, m.45: Víctor Vilariño; 2-1, m.82: Rodo en propia; 2-2, m.94: Fabián García.
Partido de necesidades entre dous equipos na loita por evitar o descenso, ao que chegaban os xalleiros con moitas e importantes baixas como as de Chapela (levou un golpe no nocello) ou Brais (cumplía ciclo), se ben o Tordoia tampouco puido contar con Denis. Comezaba o Castriz presionando forte, sen deixar combinar e obrigando a golpear en longo, estando moi firme e tendo varias ocasións como unha de Fabio á que non chega Mata ou o gol, que chega tras unha combinación entre Fabián e Josiño. Aínda tiveron Josiño e Mata outra ocasión, antes de que o Tordoia empatase nun córner no desconto do primeiro tempo.
Comezaba de novo o partido, de novo cos de Barca presionando arriba, pero o cansanzo (había baixas e xentes que están volvendo), e de aí ata o treito final os locais foron superiores, creando varias ocasións por banda esquerda da man de Abel Torres, un dos mellores da categoría. Os locais colocábanse por diante a 10 do final cun gol en propia nun centro lateral, tras unha serie de chegadas importantes.
Arriscaron os xalleiros, que se destaparon e se foron arriba, e nunha moi boa triangulación en banda entre Juanjo e Fabio, chegou Fabián no segundo pau de volea un golazo para empatar.
Xa era o tempo de desconto, pero aínda houbo momentos de tensión, coa expulsión do meta local, tendo que poñerse un xogador de campo de porteiro. Con todo, non houbo tempo para romper a igualada, e Barca valora moi ben o punto, sobre todo despois da vitoria da semana pasada na casa.
Camariñas - Racing San Lorenzo (2-3)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Borja, Pablo Suárez, Roi, Moriño, David, Javi, Adam, Mario e Djibril. Tamén: Pablo, Oliver, Joseba, Nuno, Saúl, Asier.
- Goles: 0-1, m.9: Jorge Rama de falta; 1-1, m.18: Javi marca un golazo de falta; 1-2, m.56: Ander; 2-2, m.67: Mario; 2-3, m.76: Jorge Rama.
Non sumaron os camariñáns pero volveron ña dinámica que tiñan antes do Bertamiráns. Empezou o partido igualado, pero nunha falta adiantábase o Racing cun golazo, no seu único tiro a gol en todo o primeiro tempo. Non tardaron os de Cabrejo e Faus en en empatar con outra falta que marca Javi con outro golazo. Aí tiveron boas ocasións para poñerse por diante os palilleiros con chegadas de Moriño, Mario e Djibril, pero o partido marchou ao descanso co empate.
Comezaba con regalo a segunda metade, cun balón que se lle escapa das mans a Jorge e Ander aproveita para machacar. Aí desapareceu o cadro local durante un treito e os locais puideron sentenciar, pero volveron rescatados por Mario, que se anticipaba a un defensa para facer o empate cun golazo. Cambiou o partido, que se puxo do lado local, chegando e parecendo que ía chegar a remontada. Pero noutro erro defensivo, os composteláns marcan o 2-3. Aínda o intentaron os costeiros, pero non puideron acadar nada positivo, a pesar do bo facer do equipo, que paga caro os seus erros.
Esteirana - Bertamiráns (0-0)
- Esteirana: Guille, Kevin Rial, Godo, Aitor, Luaces, Antón, Pachi, Sui, Oli, Anxo Foghete e Pablo Val. Tamén: Raúl, Adrián, Toni, León e Anxo.
Gran partido dos de Adán, cunha actitude de 10, pero que marcharon coa sensación de poder ter sacado os 3 puntos. Os esteiráns estiveron moi intensos, demostrando que pode competir con calquera. Xogou sen complicarse co balón e moi firmes e intensos en defensa, e tiveron as mellores ocasións do partido, chegadas moi claras de Pablo, Foghete e de Pachi, ao que respondeu cun paradón o meta Iván Baña. O porteiro mazaricán salvou a vitoria dos seus cun paradón no m.90 no man a man ante Antón.
Con todo, os de Adán rematan algo “jodidos” por ter podido gañar, pero “satisfeitos” polo traballo feito, por seguir vivos e por deixar de ser colistas únicos, posto que aínda comparte co Fisterra.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.