Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Só un punto en 4 partidos

Breixo capitan do Fisterra
Breixo, como capitán do Fisterra, co capi do Calo e o trío arbitral
1ª Galicia: Só un punto en 4 partidos

Suspendido o San Lorenzo - Tordoia, só houbo 4 partidos con equipos costeiros, con malas novas como protagonistas.

Deixouse o Dumbría no Conco unha serie de 4 vitorias seguidas e a oportunidade de subirse de cheo ao vagón de cabeza.

Terceira derrota consecutiva do Fisterra, esta unha dura goleada ante un equipo da zona baixa. Tamén preocupa a serie da Esteirana, con 5 xornadas sen gañar, se ben o seu empate foi o único punto colleitado polos equipos costeiros nesta 10ª xornada.
Ademais, pouco puido facer o Baio ante o líder.

 

Puebla - Baio (2-0)

  • Baio: Iván Fraga, Pablo Rod., Pablo Díaz, Norberto, Sergio, Dani López, Aitor Vilas, Iván Rod., Bieito, Josiño e Diego Santancier. Tamén: Javi Souto, Bruno, Pazos, Guille Eiroa, Guille Botas, Damián e Sergio Rod..
  • Goles: 1-0, m.6: Pablo Ronquete; 2-0, m.14: Víctor Molinos.

Deixou escapar os tres puntos o Baio en apenas 15 minutos. Entraron fóra do partido e o líder non perdoa, gañando cada duelo e marcando dous tantos moi tempraneiros. A primeira metade rematou co cadro local dominando.

Na segunda, tras facer 3 cambios (entraron Damián, Guille Botas e Pazos) e modificar debuxo, viuse un Baio máis integro e polo menos quen de disputar o partido o rival, pero non houbo pegada nin acerto nos metros finais. “Toca seguir aprendendo e facernos conscientes que temos que xogar 90 minitos a nivel alto para poder ser equipo aguerrido e difícil para equipos rivais”, explica Félix Raposo.

 

Dumbría - Negreira (3-5)

11 do Dumbria no Conco ante o Negreira

  • Dumbría: Anxo, Samuel Quintáns, Pablo Paz, Dani, Kanario; Lucas Toba, Miller, Mario, Baba, Alex Sánchez e Dani Chao. Tamén: Alex Sendón, Rivi, Raúl, Jose, Adrián Periscal, Carlos, Xián.
  • Goles: 1-0, m.2: Miller; 2-0 m.9: Mario; 2-1, m.19: Alberto Freire; 2-2, m.21: Miguel; 2-3, m.39: Joel Lagares; 2-4, m.43: Gonzalo; 2-5, m.55: Juan de Celia; 3-5, m.82: Rivi.

Capis do Dumbria e negreira co trio arbitral

Saíu moi ben o Dumbría, marcando dous goles en menos de 10 minutos. Pero recurtaba o Negreira pouco despois e o cadro dumbriés pasou a ser un. espellismo do que estaba a ser nos primeiros minutos. Fatal en todas as facetas ante un cadro nicrariense que parecía un vendaval, que se marchou aos vestiarios cun claro 2-4.
Difícil papeleta para a segunda metade, que xa arrincaba co tanto de Juan de Celia. Aí o partido baixou o ritmo e aínda así o equipo visitante foi mellor.

 

Esteirana - Cordeiro (1-1)

  • Esteirana: MJ, Kevin Rial, Code, Simón, Damián, Tobío, Alex Rama, Pachi, Adrián, Róber Pladur, Piki. Tamén: Alex Vega, Martín, Pablo Rama, Kevin Lariño, Alex Louro, Elías e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.29: Tobío nun córner; 1-1, m.84: Isaac nunha falta lateral.

Escapáronselle 2 puntos importantes do Xosé Luís Vara á Esteirana ante un equipo da zona alta, que tivo contra as cordas 85 minutos. Foi o mellor partido na casa que fixo a Esteirana, sobre todo nos primeiros 25 minutos de control e varias ocasións de Pladur e Tobío, que tamén marcou nun córner.
Aí o Cordeiro estirouse, mandando un balón ao pau e facendo dano a balón parado.

Empezou forte o Cordeiro, pero a Esteirana aguantou as primeiras embestidas, e pouco a pouco foise estirando tendo boas ocasións para ampliar a renda. Pero co paso dos minutos, o Cordeiro foi apretando máis e máis, metendo atrás ao cadro local ata acadar o empate noutra xogada a balón parado.

O equipo segue baixo a batuta de Teira, xa que o seu adestrador Néstor está aínda de periplo solidario por Mozambique.

 

Fisterra - Calo (1-5)

  • Fisterra: Marc Parés, Lobelos, Breixo, Colombia, Maikel Mouzo, Juan Trillo, Jano, Luis Lago, Adam, Marcote e Estévez. Tamén: Joselu, Rubén, Aarón, Santos, Martín Canosa e Guille.
  • Goles: 1-0, m.5: Marcote; 1-1, m.27: Denis; 1-2, m.35: Brais Bures de penalti; 1-3, m.50: Martín; 1-4, m.67: Denis; 1-5, m.86: Juan Manuel.

Dura derrota do Fisterra, a terceira seguida, malia empezar moi ben, o creando moito perigo con Diego Estévez, Marcote e Adam e non tardaron en marcar por medio de Marcote a pase de Diego. Puideron ampliar diferencias os de Diego Lobelos, pero sen puntería, e preto da media hora de xogo, unha xogada mal defendida acaba co empate visitante. Apenas uns minutos despois vén a xogada clave do partido: un aparente ataque sen perigo, termina con penalti e segunda amarilla de Jano, anotan desde os once metros e póñense por diante, e o Fisterra queda con 10.

Tras o descanso, chega pronto o terceiro a balón nun córner, e pese a que intentaron recurtar distancias, co equipo moi arriba, o Calo fai o cuarto á contra. Aínda quedaron con 9 os locais tras o segundo cartón a Breixo e os visitates pecharon o encontro cun bonito gol de falta.

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios