Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Castriz queda só arriba

Porteno-Monte Louro-Foto-Edu Olveira
Imaxe do Porteño-Monte Louro-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: O Castriz queda só arriba

A xornada comezaba o sábado cunha relativa sorpresa: a primeira derrota do curso do Mazaricos a mans do Coristanco. Deixaba o camiño para o que Castriz ampliase a diferencia, e malia que tardou en romper o partido, acabou goleando ao Cee, sendo así o único equipo inviuctor da categoría, e sacando xa 4 puntos ao Porteño (que se repuxo da derrota en Corme) e 5 ao propio Mazaricos.

Polo demais, o Muxía segue empuxando cara arriba, mentres que abaixo o Volantes sumaba o seu primeiro punto no derbi ante o Muros.

Coristanco - Mazaricos (4-1)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Belar, Sergio Lorenzo, Dani Vázquez, Erre, Regueira, Alex López, Pazos, Raúl e Diego Castro. Tamén: David LP, Casti, Damián, Loureiro, e Ángel.
  • Mazaricos: Diego Ceca, Borja, Raúl, Fran Pose, Carreira, Pereiro, Brais Canosa, Rachón, Sandelo, Marcos e Molinos. Tamén Kevin Trillo, David, Iago, Rodrigo e Diego Maneiro.
  • Goles: 1-0, m.37: Diego Castro de penalti ao panenka; 1-1, m.55: Borja tras un córner; 2-1, m.65: David LP; 3-1, m.72: David LP; 4-1, m.85: David LP.

Partido estrano na Rocheira. O Mazaricos saía, como adoita, dominador, cun Coristanco en bloque baixo esperando atrás. Non era quen de traspasar liñas pero o cadro amarelo facía un fútbol combinativo fantástico, con algún tiro lonxano aos que repondía Rubén. Ata que a 10 do descanso, un balón longo provoca un penalti de Pose que Diego Castro marca con mestría ao Panenka. Aínda pediron outro penalti os locais.

Seguía o guión igual tralo descanso, convencidos os amarelos de que o gol tiña que chegar. Seguían empurrando os amarelos, e chegaba o empate nun córner. E aí foron polo partido, pero apareceu a figura de David LP. O punta chegado este ano do Seaia, sacou a súa efectividade, e marcou 3 goles en tres contras case illadas. Co 2-1 aínda o Coristanco quedaba con 10, expulsión moi protestada por Cali.
Con todo, o Mazaricos seguía percutindo convertindo a Diego Ceca no mellor do partido.

Muxía - Baíñas (6-0)

Julian Busto Muxia-Bainas-Foto-Marina Busto 3
Julián Busto no Muxia-Baíñas-Foto-Marina Busto 3
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael Vilela, Congui, Manu Martínez, Mauro Romaní, Julián, Isma Márquez, Iago Muíño, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Mateo, Eloy Sambad, Darío e Iván Sambad.
  • Baíñas: Maikel, Raúl, Héctor, Manuel, Charlie, Santi, Adrian, Maikol, Cristian, Oreiro e Fabián. Tamén xogaron: Rodrigo, Joel e Ruli.
  • Goles: 1-0, m.3: Manu Nogueira; 2-0, m.14: Fran Moreira; 3-0, m.51: Mauro Romaní; 4-0, m.57: Manu Nogueira; 5-0, m.65: Manu Martínez; 6-0, m.70: Iago Muíño.
Muxia-Bainas-Foto-Marina Busto
Muxía-Baíñas-Foto-Marina Busto

Con 12 xogadores de campo e dous porteiros, dos cales tres estaban tocados, chegou Roski a visitar a todo un Muxía. E non foron quen de competir, ante un cadro muxián que dominou o balón, seguros atrás e combibando moi ben.
Xa aos 20 minutos Maikol sufria un pinchazo que o deixou a medias todo o partido, e no descanso tiña que mesmo saír o porteiro suplente Maikel a xogar como dianteiro. Os goles muxiáns ían chegando.

A peor nova, a lesión do vimiancés Adrián, que tivo que ir ao hospital ao sentirse mareado. A ver que ditaminan as probas.

Manuel Martinez noMuxia-Bainas-Foto-Marina Busto
Manuel Martinez no Muxía-Baíñas-Foto-Marina Busto

Outes - Corme (3-0)

  • Outes: Dani, Jura, Chía (Ramiro), Martín, Estefan, Babu (Mangelo), Veleiro (Claudino), Iván, Pablo, Ryam, e Yago (Óscar).
  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Eloy Villar, Dani Riegía, Serrgio Suárez, Mauro, Hugo Paredes, Martín, Isra, Lucas e Miguel. Tamén: Borja Torrado e Yago Suárez.
  • Goles: 1-0, m.23: Veleiro; 2-0, m.26: Ryam; 3-0, m.75: Yago Dosil.

Entrou mellor o Outes , presionando arriba, sen deixar sacar ben o balón ao mermado cadro cormelán. E tivo pegada o cadro de Álex Romero que en dúas chegadas no ecuadr do primeiro tempo, se adiantaba cun tanto de Veleiro tras unha boa combinación colectiva, e outro de Ryan. Nos derradeiros minutos da primeira metade o Corme igualou o encontroe tivo algunha tímida chegada.

Saíu máis arriba o equipo de Adrián Lema na segunda , cunha inmellorable ocasión que o puido meter de maneira definitiva no encontro, pero á que Dani respondeu cunha boa parada. Co Corme en busca do gol, o Outes soubo aproveitar os espazos, e nunha contra Yago fai o terceiro tras pase de Ryan. Co 3-0 teño a sensación de que o Corme se lle fixo costa arriba o partido, xa que ademais tiña algunha que outra ausencia significativa.

Porteño - Monte Louro (5-0)

Porteno-Monte Louro-Foto-Edu Olveira 1

  • Porteño: José, Vicente, Nico, Brais Mouzo, Rodri, Saviola (Mayor), Joseba (Alan), Nico, Juan oVello (Jairo), Chipi e Darío.
  • Monte Louro: Pedro, Óscar, Miguel Verán, Rodri, Borja; Pardelo, Fabio, David Pais, Yeray, Luismi e Álvaro Fari. Javi, David Lestón, Manolo Chouza e Íker.
  • Goles: 1-0, m.50: Chipi no rexeite dun penalti; 2-0, m.73: Mayor de falta colándose por debaixo da barreira; 3-0, m.76: Alan; 4-0,m m.81: Chipi; 5-0, m.88: Chipi.

Primeiro tempo moi igualado e moi intenso, con dous equipos moi fortes, cun ritmo lento e poucas ocasións, máis que unha de Chipi cun man a man que quedou moi escorado.

Cambiou a actitude o cadro local, subiu unha marcha e comezou a gañar duelos ante un Monte Louro que quedou a mercé do equipo local. Un penalti protestado polos visitantes permitía a Chipi adiantar aos locais, a pesar de que Pedro para ata en dúas ocasións. Pouco despois Mayor marcaba de falta e ese segundo tanto si que foi un puñal para os loureáns, que suman 7 partidos sen gañar. Esperan que a volta Íker tras un mes lesionado sexa un revulsivo.

Porteno-Monte Louro-Foto-Edu Olveira 3

Cabana - Camelle (6-0)

  • Cabana: Manu Nantón, Mario, Miguerl, David Rey, Pablo Pose, Fernando, Micky Pose, Ferreiro, Raúl Corzón, Simón e Aarón Casas. Tamén: Keylan, Roi, Iván Rey e Christian.
  • Camelle: Pirata; Martín, Hucho (Ruso), Dido, Pablo; Chans, David V, Crejo, Pastelero, Chori (Óscar) e Gabi (Ángel).
  • Goles: 1-0, m.6: Aarón; 2-0, m.23: Miguel; 3-0, m.39: Miguel; 4-0, m.60: Pablo Pose; 5-0, m.75: Miguel; 6-0, m.85: Aarón.

Cabana-Camelle

Confirmou a boa liña de resultados este Cabana de Pablo, ante un Camelle que fixo o peor partido da temporada. Dende o primeiro minuto foron mellores os cabaneses, que se adiantarían moi pronto e se irían 3-0 ao descanso, ante un cadro visitante que apenas tirou unha vez a porta en todo o primeiro tempo.

Os extremos cabaneses fixeron o que quixeron e con paredes e moita profundidade fixeron 6 pero puidero ser máis. Partido para esquecer no bando de Sergio.

Muros - Volantes (1-1)

  • Muros: Xandre, Juan, Javi Pelos, Gesto, Quin, Varo, Alon, Martín, Dani Jurjo, Juan Lago e Xavi. Tamén: Álvaro, Flavio, Ángel, Fran e Jesús.
  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Isma, Javi Romero, Teijo, Miguel, Kevin Rajoy, Barreiro, Pesco, Adrián Abeijón e Borja. Tamén: Fran Rama, Anxo, Manu de Yi, Bruno e Benja.
  • Goles: 0-1, m.11: Borja un córner; 1-1, m.29: Xavi.

Primeiro punto do curso do equipo de Gus e no derbi ante o Muros. Foi un partido moi igualado, cun Volantes que saía moi forte, presionando moi arriba, aproveitando algún erro da defensa local. Marcou Borja e Xandre tivo que facer varias paradas para impedir que o cadro laranxa fixera algún máis gracias ás boas combinacións e velocidade arriba, se ben nos últimos 10 minutos o Muros tivo algo máis de presenza en área contraria.

Na segunda apretaron máis os celestes gracias ao plus que lle deron os cambios. Tiveron un par de boas ocasións, unha parada de Alex de Yi, unha que sacaba a defensa baixo paus, unha de Alon que non definiu no man a man e un balón ao longueiro. E foi xa no trieto final cando Xavi marcaba tamén á saída dun córner para facer o empate final.

Ponteceso - Camariñas (0-1)

  • Ponteceso: Samuel, Ures, Eloy Trigo, Iván Rod., Héctor, Pedro, Luca, Martín, Alberto Recarey, Neira e Sergio. Tamén: Damián, Pablo Barreiro, Dani Rod., e Leo.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Hugo (Nazo), Soule, Mario (Julián), Djibril.
  • Goles: 0-1, m.23: Djibril nun córner.

Ponteceso e Camariñas saíron dispostos a conseguir os tres puntos en liza. Os locais presentaban un equipo cheo de xente nova como ven sendo habitual este ano cun Julio Vila que lle dá chance os rapaces da casa e o que non lle importan as baixas habendo canteira. Os camariñáns tamén viñan xustos de xente e así ambolos dous equipos disputaron un partido aberto con alternativas de cara a portería contraria por parte dos dous.
Empezaron ben os camariñáns, tendo o control do balón, e creando perigo chegando por banda con Soule e Mario. Nun córner adiantábanse os visitantes. A parella tivo un par de ocasións para facer o segundo.

Os locais non se arredaron e a base de corazón foron igualando o partido e conseguiron meter atrás o equipo visitante durante a segunda metade aínda que os camariñáns saían en perigosas contras para poder sentenciar, como unha de Hugo. O Ponteceso tivo opcións de empatar a pes de Neira e de Sergio e protestou un penalt por mans visitantes. Os últimos minutos foron de asedio local pero o Camariñas aguantou.

Castriz - Cee (6-2)

  • Castriz: Gerpe, Rodo, Fabián, Elvis, Samu, Anxo, Adrián García, Samuel, Iván Facal, Pastoriza, Sebas, Noli. Tamén: Álvaro, Jairo, Martín, Piñero e Brais.
  • Cee: Jorge, Oreiro, Borja, Jose, Iago, Anxo, Bujeiro, Bruno, Eze, Champi e Isma. Tamén. Isaías, Miguel, Carlos, Jonathan, e Noe.
  • Goles: 1-0, m.15: Fabián de penalti tras unha internada propio; 1-1, m.25: Champi; 2-1, m.44: Adrián García remata un centro de Rodo; 3-1, m.46: Iván Facal marca un golazo de falta; 4-1, m.54: Sebas de penalti; 4-2, m.60: Bruno; 5-2, m.56: Adrián García; 6-2, m.77: Adrian García marca un golazo dende lonxe.

Aguantou o Cee a primeira metade nun choque marcado pola néboa como aquel San Siro do AC Milán, club no que se baseou a primeira directiva do Castriz para escoller as súas cores. O cadro de Miguel Chouza dominaba ante un Cee moi replegado, pero sen perigo, e só de penalti conseguía adiantarse. Pero o Cee non perdeu o rumbo, e foi saíndo con máis perigo conseguindo empatar cun tanto de Champi. Pero un gol ao fío do descanso e outro nada máis saír dos vestiarios, foron dous paus duros para o Cee. Aínda o Cee, con Eze e Bruno, xeraban algo de perigo, pero o partido xa era dos locais.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios