Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Mazaricos e Castriz dan un paso adiante

Castriz paso adiante
O Castriz nos vestarios tras vencer ao Camariñas
2ª Galicia: Mazaricos e Castriz dan un paso adiante

Dous partidos tiña interese especial esta semana na Liga da Costa. Venceu o Mazaricos na Grixa, endosando a primeira derrota ao ata onte líder, Porteño, e dando un golpe na mesa. Cos amarelos ascenden ao alto da táboa o Castriz, tras sumar unha sufrida vitoria ante o Camariñas en San Pedro.

Unha das relativas sorpresas da xornada chegaba en Arliña, coa primeira derrota do Muxía a mans dun Ponteceso que levaba 4 xornadas sen gañar.

Na táboa de goleadores, Alejo (Corme) e Djibril (Camariñas) fican no alto con 11 goles, polos 10 de Bruno (Cee) e Chipi (Porteño), os p de Xavi (Muros) e os 7 de Neira (Ponteceso).

 

Outes - Camelle (2-0)

  • Outes: Dani, Jura, Estefan (Marcos), Martín, Claudino, Babu, Iván (Senande), Veleiro, Pablo Tuñas (Adrián), Aarón Gómez (Aarón Insua), Ryam (Yago).
  • Camelle: Adrián; Martín, David V, Pablo, Ruso; Chans, Crejo, Ángel (Mariño), Chori (Óscar), Pastelero e Gabi.
  • Goles: 1-0, m.30: Ryam; 2-0,m .66: Ryam.

Chegaba o Camelle con ata 12 baixas e sen porteiro, polo que o punta Adrián se tivo que meter baixo paus. “Bastante fixo”, valóranlle dende casa. Saíron os de Alex Romero máis dominadores, chegando por banda e centrando balóns á área facendo dano, pero sen demasiado acerto. Si que acertoy Ryam a rematar no primeiro pau un centro lateral para adiantar aos locais.

Arrincaron os de Sergio fortes na segunda, dando un paso adiante, e tendo ocasións para empatar. Houbo momentos de dúbida no cadro local, pero o Camelle non estivo acertado, tendo mesmo a defensa local de sacar un balón baixo paus. E nunha das poucas chegadas dos da Serra na segunda, de novo Ryam nunha acción individual acada o 2-0. De aí ao final o Outes controlaría os tempos do partido sobre todo trala expulsión de Crejo.

 

Cabana - Cee (3-3)

  • Cabana: Roberto, Mario, Miguel Blanco, David Rey, Pablo Pose, Fernando, Ferreiro, Raúl Corzón, Simón, Micky Pose e Aarón Casás. Tamén. Man Nantón, Noe, Roi, Christian Castro e Hugo Lema.
  • Cee: Isaías, Julio, Mun itis, Josiño, Iago, Anxo, Bujeiro, Bruno, Eze, Champi e Isma. Tamén: Jorge, Miguel, Diouck, Roberto e Noe.
  • Goles: 1-0, m.6: Miguel; 1-1, m.12: Bruno; 1-2,m.34: Bruno; 2-2, m.45: Pablo Pose; 3-2, m.77: Nando; 3-3, m.88: Josiño.

Partido con moitas ocasions por parte de ambos equipos e adiantariase o Cabana despois dun balon pasado no segundo pao que remataba Miguel. Pero reaccionaba o Cee, con 2 goles de Bruno tras sendos bos pases de Eze. No último minuto da primeira parte o Cabana empataría tras unha internada de Pablo Pose ás costas da defensa.

Fallaría un penalti o cadro local ao comezo segunda metade. Aínda así, conseguía adiantarse cun bo tiro dende o borde da área de Nando. O Cee envorcouse polo empate e xa nos ultimos minutos Josiño con un bo tiro desde fóra da área faria o 3-3 final.

 

Porteño - Mazaricos (1-2)

porteno- Mazaricos na Grixa 2
Foto: Tino
  • Porteño: José, Vicente (Nico), Pejo, Pablo, Rodri, Mayor (Joseba), Darío, Nico (Saviola), Chipi, Alan Juan oVello.
  • Mazaricos: Ángel, Borja, Chumiko, Carreira, Fran Pose, David, Pereiro, Mario, Marcos, Rachón, Molinos. Tamén: Ceca, Raúl Casterlo, Diego Maneiro, Luís Mayán, Rodrigo.
  • Goles: 0-1, m.25: Pereiro aproveita un despexe; 0-2, m.80: Chumiko de falta; 1-2, m.83: Alan.
porteno- Mazaricos na Grixa 1
Ambientazo na Grixa. Foto: Tino

Gran primeira metade do Mazaricos, cun Porteño que saía con demasiado respecto, e permitiu que se xogase máis ao que quixo o cadro de Marcos, que gañaban cada duelo por forza. Tiveron ocasións os amarelos, como un remate de cabeza de Rachón e un tiro de Pereiro que salvan Jose, ademais dun tiro ao poste e un rexeite que non aproveitan os puntas visitantes.
Merecían adiantarse e se adiantaron cun reixete que aproveitou Pereiro, pero a partir de aí a contenda igualouse.

Cambiaron as tornas na segunda, unha vez que o Porteño viu que podían tratar cara a cara, e intentou ser máis o Porteño, intentando combinar algo máis, ante un Mazaricos que esperaba algo máis atrás. Tivo un par de ocasións antes de que Alan recurtara tras unha boa xogada de Juan, Darío e Joseba. E aí eses últimos 10 minutos os locais tiveron varias chegadas pero o balón non entrou.
“Quero darlle a noraboa aos nosos xogadores pola gran segunda metade que fixeron ante un gran ecquipo”, sinala Cousillas que considera que un empate tería sido máis xusto, mentres Marcos considera xusta a vitoria amarela.

Muros - Baíñas (3-0)

  • Muros: Xandre, Juan Rey, Pelos, Gesto, Quin, Jesús, Martín, Ágel, Juan Lago, Alon e Xavi. Tamén: Flavio, Varo, Javi Carnota, Fran e Xoel.
  • Baíñas: Joel, Raúl, Rodrigo, Manu, Héctor, Ruli, Maikol, Cristian Canosa, Charlie, Kevin e Fabián. Tamen xogharon Adrián, Oreiro e Santi.
  • Goles: 1-0, m.21: Xavi; 2-0, m.62: Alon; 3-0, m.90: Pelos.

Recuperaba efectivos o Muros de Ángel, que mesmo puido aliñar un mítico do fútbol costeiro como Kiko Camello, que volve aos campos aos seus 41 anos despois dun mes adestrando a bo ritmo.
Pero era o Baíñas o que saía con máis ansia de coller o balón, ante un cadro muradán en bloque baixo, esperando atrás, pero moi intenso e moi metido no partido. Foi nun saque longo de Xandre, Rodrigo chega a despexar, pero o balón lle cae a Xavi que aproveita a saída en falso de Joel para colarlla de vaselina.
O partido estivo igualado ata o descanso, tendo a mellor ocasión o Baíñas para empatar, pero os de Roski volveron fallar unha pena máxima, que parou un gran Xandre.

Na segunda Alon facía un golazo para ampliar a renda local, ante un Baíñas pouco contundente, que o intentaba pero sempre batía con Xandre. Xa contra o final Pelos cabecea unha falta sacada por Flavio para facer a sentenza.

 

Muxía - Ponteceso (1-3)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Gusa, Iago Muíño, Mario Romaní, Alex Martínez, Vícor Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mateo, Darío, Isma Márquez e Xan Nogueira.
  • Ponteceso: Samuel, Ures, Cotelo, Eloy Trigo, Pedro, Ángel, David Castro, Martín Puente, Sergio, e Neira. Tamén: Alex, Eloy Álvarez, Hugo Veiga, Mario e Héctor.
  • Goles: 0-1, m.2: Neira; 1-1, m.34: Víctor Alcaina; 1-2, m.57: Neira; 1-3, m.82: Eloy Álvarez.

Vitoria xusta do Ponteceso de Julio Vila ao Muxía de Nando e Fran Toba. O cadro visitante saíu moi enchufado e nada máis saír Neira abría o marcador nunha boa xogada individual ante unha pasiva defensa local. Os locais reaccionaron e comezaron a remar, metendo pouco a pouco ao Ponteceso no seu campo, e gozando de boas oportunidades para empatar. Empate que chegou xa preto do descanso tras unha gran xogada na banda dereita que finalizou Víctor Alcaina. Pero o cadro visitante estaba moi ben ordenados, impedindo que os locais chegasen a zonas perigosas, e sobre todo que o equipo estivera cómodo, provocando numerosas perdas de balón..

A saída na segunda foi semellante, cun cadro pontecesá máis enriba, con varios córners seguidos que permitiron que Neira fixese o segundo. O Muxía enfadouse e veuse arriba, metendo ao Ponteceso na súa área e tendo ocasións para empatar, pero “as anguías escaparon entre as mans dos defensas locais” e aumentaron a conta non bo contraataque levado por Martin Puente Gil e materializado por Eloy Álvarez. Sentoulle mal este tanto aos corvos que se viñeron abaixo.

O Ponteceso marchou cos tres puntos e co ruxido do mar no seu peito, facendo de valer o seu orgullo. Porén, Nando fai valoración: ”Faltounos ese punto de concentración que exixía o partido. Estas son as derrotas das que hai que aprender dos erros, e facer autocrítica, para que nos sirva para crecer como equipo”.

 

Coristanco - Volantes (7-2)

  • Coristanco: Rubén, Joni, Belar, Lorenzo, Dani Vazquez, Dani Loureiro, Erre, Raúl, Sergio Regueira, Damián, Adri Pazos. Tamén: David LP, Kevin, Alejandro, Casti e Diego Castro.
  • Volantes: Alex de Yi, Cerbñan, Isma Mayo, Anxo, Manu Teijo, Antonio Rama, Barreiro, Adri Abeijón, Bruno, Manu de Yi e Javi. Tamén: Borja e Manu García.
  • Goles: 1-0, m.20: Dani Loureiro; 2-0, m.27: Raúl; 3-0, m.31: Raúl; 4-0, m.48: Belar; 4-0, m.51: David LP; 5-1, m.56: Borja; 6-1, m.65: David LP; 6-2, m.71: Borja; 7-2, m.89: Kevin.

Pouco que contar doutro partido para esquecer do Volantes. Primeira metade máis seria do Coristanco, que deixaba o partido sentenciado. Despois desconetáronse os de Cali e os de Gus levaron máis perigo pero aínda están moi verdes atrás.

 

Corme - Monte Louro (3-2)

11 do Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
11 do Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Isra, Rubén, Eloy Villar, Martín, Miguel, Aitor, Sergio, Lucas e Alejo. Tamén: Quique, Yago.
11 do Monte Louro no Cairo-Foto-Fin Lema
11 do Monte Louro no Cairo-Foto-Fin Lema
  • Monte Louro: Pedro, öscar Fari, Miguel Verán, Manolo Chouza, Rodri, Pardelo, Chano, Yeray, ÁLvaro Fari, Riki e Luismi. Tamén: Javi, Fabio, David Lestón e David.
  • Goles: 1-0, m.34: Suárez a pase de Miguel; 1-1, m.44: Chano marca un golazo; 2-1, m.52: Lucas; 3-1, m.65: Suárez; 3-2, m.86: Luismi de falta.
Riki e Lucas Capis do Louro e Corme co colexiado Diego Vazquez-Foto-Fin Lema
Riki e Lucas, capis do Louro e Corme co colexiado Diego Vázquez-Foto-Fin Lema

Chegaba Bibi con moitas baixas, para disputar este partido complicado no Cairo, cun vento dominante. Comezou o choque igualado, sen moitas chegadas, ata que apareceu o xuvenil Suárez para abrir o marcador tras un pase de Miguel. No bando contrario non estaban cómodos, pero conseguían empatar ao fío do descanso cun bo gol de Chano.

Empeoraba o tempo na segunda, pero o Corme dominaba. Lucas facía o segundo, pero se lesionaba rompendo un brazo. Ese segundo gol deixou tocado ao Louro que sufríu varos minutos ata que Suárez facía o seu segundo da conta. Aí reaccionou o Louro, que recurtou cunha bonita falta de Luismi e apretou ata o final, poñendo algo de tensión pero non dou para máis.

 
Xa fan falta as mans no banco do Cairo-Foto-Fin Lema
Xa fan falta as mans no banco do Cairo-Foto-Fin Lema

Castriz - Camariñas (2-1)

  • Castriz: Coke, Samuel Rodo, Elvis, Samuel Rodr., Adrián García, Antonio Piñeiro, Iván Facal, Alberto Mata, Noli, Sebas e Pastoriza. Tamén: Álvaro, Martín, Gerpe e Braulio.
  • Camariñas: Pablo, Brais, Caamaño, Oliver, Roi, Moriño, Carlos (David), Soule, Hugo (Nazo), Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.54: Djibril de penalti; 1-1, m.58: Noli tras un balón de Elvis; 2-1, m.82: Sebas de penalti por unhas mans.

Partidazo do fútbol da Costa con todas as letras, polo abiente no campo, o tempo, e o visto sobre o terreo de xogo. Espectacular comezo de partido dos de Miguel Chouza, que califica o primeiro tempo como os mellores 45 minutos da temporada. Todo ante un Camariñas que está feito un equipazo, e que ten perigo en cada xogada.
Os xalleiros puideron ir por diante ao descanso de non ser polas boas intervencións de Pablo. Pero o Camariñas, a base da calidade de Mario por banda e de Djibril arriba, tamén facía pupa cada vez que se estiraba.

Adiantouse na segunda o cadro de Cabrejo e Faus, cun gol de Djibril de penalti que lle fan a Soule, moi protestado, de novo, polos xalleiros. Verse atrás no marcador enrabietou aos locais, e de contado xa empataría. Eran minutos de igualdade, de tensión, de arriba abaixo. ata que o colexiado sinalaba outra pena máxima, esta protestada polos visitantes, por unhas mans de Nazo.

Co 2-1, o Camariñas veuse arriba, tendo varias chegadas para o empate, como un remate de Roi que da na cruceta. Partidazo con resultado xusto para os locais, mentres os visitantes quedan coa idea de que un empate tería sido máis xusto.

 

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios