Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Loita contra o vento

Muxia celebrando o gol enCamarinas-Foto-Marina Busto
O Muxía celebrando un dos tantos no derbi do Vicente Carril-Foto-Marina Busto
2ª Galicia: Loita contra o vento

Xornada marcada polo forte vento, que fixo sufrir a Mazaricoe e Castriz. Chegaba tras 4 vitorias seguidas o Outes e prantou cara ao poderoso Mazaricos, sacándolle un empate no Pino. Pola súa parte, queda líder en solitario o Castriz tras acadar unha máis que sufrida vitoria en Vimianzo ante o Baíñas.

Polo demais, vitoria importante do Muxía no intenso derbi no Vicente Carril así como a vitoria do Corme ao Porteño. Por abaixo, o Ponteceso sae da zona perigosa a conta do Monte Louro; o Cee fai o propio co Muros, e albíscase mellora no Volantes coas chegadas de Pesco e Kevin Rajoy.

Mazaricos - Outes (2-2)

  • Mazaricos: Diego Ceca, Borja, Raúl, Fran Pose, Rodrigo, Pereiro, Luís, David, Sandelo, Marcos, MOlinos. Tamén: Ángel, José Ángel, Kevin, Diego Maneiro e Iago.
  • Outes: Ryan, Jura, Claudino, Estefan, Babi, Pablo, Iván (Senande), Veleiro (Adrián), Yago (Aarón G.) e Aarón Insua (Chía).
  • Goles: 0-1, m.22: Veleiro unha contra tras un córner en contra; 0-2, m.71: Pablo; 1-2, m.84: Sandelo; 2-2, m.88: Kevin tras un tiro de José Ángel.

Moito vento no Pino do Val para un choque moi disputado. Comezaba o Mazaricos dominando, pero cunha posesión moi torpe, sen enlazar nin superar as liñas da defensa dos de Álex Romero, que estabab moi ben prantados e tiñan ao meta xuvenil Ryan moi seguro atrás.

Dun córner amarelo, os visitantes sacaban unha contra ben levada por Aarón que permitía a Veleiro abrir o marcador. Eran os mellores minutos dos da Serra, presionando máis arriba, puidendo mesmo ampliar a renda.

Tras o paso polos vestiarios o Mazaricos meteu unha marcha máis, e seguía dominando o balón, pero sen conseguir superar a tea de araña visitante. Nun roubo en presión alta, Pablo acada o 0-2 cun gran gol. Pero as forzas dos visitantes ían baixando e o Mazaricos ía cada vez máis enriba arriscando cada vez máis e mesmo metendo a Borja arriba. Aparecía a figura de Sandelo, para facer un golazo dende 25m que, desta vez si, batía coa tea de araña, pero da escuadra da meta de Ryan. Froito dese últimos arreons chegou o empate de Kevin, que volve tras unha longa lesión, poñendo o xusto empate ao visto no Pena de Ouro.

Camelle - Coristanco (1-1)

  • Camelle: David C; Martin, David V, Ruso (Makareno), Quintelo (Tereso); Estiben, Chans, Sergio, Chori (Óscar), Pablo e Mariño (Dido).
  • Coristanco: Rubén, Belar, Jonathan, Dani, Sergio Lorenzo, Loureiro, Regueira, Raúl, Alex, Casti e David LP. Tamén: Kevin, Erre, Diego Mallo e Diego Castro.
  • Goles: 0-1, m.77: Alex; 1-1, m.92: Pablo.

Unha parte para cada equipo, en función do vento, e empate final no Rodeiro. Comezaba mandando a favor de vento o Camelle, con dous balóns áo longueiro e varias ocasións. Pero non chegaba o tanto.

Cambiaron as tornas na segunda, e o Coristanco foi dominador, facendo moito dano cos balóns ás costas da defensa e tendo varias xogadas nas que protestaron varios fóras de xogo sinalados. Tiveron ata 3 mans a mans os de Cali, ata que Alex marcaría de gol olímpico. Pero o Camelle non Rodeiro non se rende, e de novo no desconto, o cadro local faría o empate cun tiro de Pablo desde fóra da area que se cola pola escuadra.

Volantes - Cabana (0-4)

  • Volantes: Alex de Yi, Isma, Javi, Manu Teijo, Miguel, Kevin Rajoy, Rama, Barreiro, Pesco, Manu de Yi e Borja. Tamén: Fran, Bruno, Adri, Benja, e Manu García.
  • Cabana: Manu Nantón, Mario, Miguel, Sergio Ferreiro, David Rey, Pablo Pose, Fernando, Micky Pose, Simón, Raúl Corzón e Aarón Casás. Tamén: Roi, Diego, Iván Rey e Christian.
  • Goles: 0-1, m.66: Ferreiro; 0-2, m.88: Simón de penalti; 0-3, m.89: Miguel; 0-4, m.92: Miguel.

Moito mellor cara a que amosou o Volantes de Gus, ao que se lle escapou o partido e acabou goleado pero con 3 goles case que no desconto. A volta de Pesco e a fichaxe de Kevin Rajoy permitiron amosar outra cara, e o equipo comezou moi ben, tendo varias ocasións nos pés de Josiño, Borja e o propio Pesco. O Cabana tamén avisou pero o marcador non se moveu na primeira metade.

Na segunda aprentaron os cabaneses máis arriba, e se adiantaban nun córner. Non decaeu aí o Volantes, a pesar da súa situación e xogando con paredes rápidas conseguiron ter un par de boas ocasións pero non tiveron sorte cara o gol.
Xa no treito final, cáelle un balón a Miguel e Kevin comete penalti que supón a sentenza, marcando dous tantos máis no desconto.

Baíñas - Castriz (1-2)

  • Baíñas: Maikel, Raúl, Maikol, Manu, Héctor, Charlie, Oreiro, Adrián, Cristian, Fabián e Kevin. Tamén xogaron: Ruli e Santi.
  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samuel, Adrián, Iván Facal, Antonio Piñeiro, Alberto Mata, Noli, Sebas e Pastoriza. Tamén: Rodo, Álvaro, Martín, Anxo e Braulio.
  • Goles: 0-1, m.12: Iván Pastoriza; 1-1, m.59: Raúl; 1-2, m.88: Samuel Rodo remata un centro de Braulio.

Tarde de chuvia e vento, que marcaba o partido. O Castriz dominaba ante un Baíñas que saía moi ben da presión xalleira. Si que fixo algunha ocasión con balóns directos, e cunha parece aos 12 minutos que finalizaba Pastoriza. Tivo máis ocasións nesa primeira metade o equipo de Miguerl Chouza, pero nin Noli, Sebas, Adrián, Mata, pero non sentenciaron. Xusto antes do descanso Fabián cunha picada ao longueiro, avisaba de que o Baíñas ía dar batalla na segunda.

E así foi, co vento a favor os de Roski apretaron e nunha boa xogada por banda na que o centro acaba en Raúl que conseguía empatar. Pouco despois chegaba a expulsión de Mata. Pintaba mal o partido para os xalleiros, que reaccionaron e meteron unha marcha máis cos cambios e non se deron por vencido. Os locais apretaban arriba, pero nunha contra Samuel Rodo remataba a gol un centro de Braulio (que se acabou de lesionar nesa mesma acción do tanto). Así rematou un gran partido do Baíñas que quedou sen premio.

Corme - Porteño (2-1)

  • Corme: Adrián, Broly, Rubén, Eloy Villar, Aitor, Martín, Miguel, Isra, Lucas e Alejo. Tamén: Yago, Senén, Hugo, Mauro e Dani.
  • Porteño: José, Nico (Miguel), Pablo, Brais, Rodrigo, Saviola, Joseba, Darío, Nico (Jairo), Chipi e Alan.
  • Goles: 1-0, m.33: Alejo; 2-0, m.60: Broly; 2-1, m.82: Alan.

Corme-Porteno- Tino 2

Primeira metade con dominio cormelán co vento a favor, ante un Porteño que non era capaz de saír do seu campo. ïan chegando as ocasións, como as de Lucas e Miguel que repeliron o pau, ata que Alejo adiantaba aos de Adrián Lema.

Non cambiou tanto a cousa na segunda, cun Porteño que non era quen de aproveitar o vento e meter na súa área a un Corme que seguían empurrando. Alejo avisaba e Broly facía o segundo tras un córner.

O porteño intentabao con demasiado xogo directo, pero o Corme aguantaba moi ben e non se metía atrás de todo, ata que nos últimos 10 minutos, Alan recurtaba de falta, e coa inercia, meteuse de cheo no partido. Pero aí estivo o Corme, que a pesar da súa mocidade, soubo xogar o seu partido, manexar os tempos e ir deixando esmorecer o choque sen que puidese xogar demasiado.

Corme-Porteno-Tino
Fotos: Tino

Camariñas - Muxía (1-3)

  • Camariñas: Pablo, Brais, Caamaño, Oliver, Soule, Roi (Nazo), David, Carlos (Hugo), Moriño (Julián), Mario e Djibril.
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Congui, Alex, Iago, Isma, Mauro Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Angel, Mateo, Darío, Xan Nogueira e Manuel.
  • Goles: 0-1, m.40: Mauro Romaní; 1-1, m.80: Mario; 1-2, m.89: Fran Moreira; 1-3, m.92: Isma Márquez.
Camarinas-Muxia-Foto-Marina Busto Morino Manu Nogueira
Moriño e Manu Nogueira-Foto-Marina Busto

Partidazo típico da Liga da Costa. Un derbi con moita intensidade, peleando cada balón coma se fose o último cos dous grandes equipos merecedores os dous da vitoria.

Empeou mellor o Muxía, controlando máis o balón, facendo dano polas bandas e a balón parado. Pero o Camariñas foi cambiando esa dinámica, facéndose forte, ata que ao fío do descanso Mauro Romaní abrí ao marcador para os de Fran Toba e Nando.

Camarinas-Muxia-Foto-Marina Busto Mario e Conguito
Mario marcado por Conguito-Foto-Marina Busto

Na segunda metade o Camariñas deu un paso adiante e dominou máis a posesión de balón, metendo ao Muxía no seu campo. Tivo ocasións para empatar, se ben o Muxía á contra tamén avisaba. A 10 do final, unha xogada de Soule e Nazo, permite que Mario consiga o empate cun remate no segundo pau.

Seguíu, coa inercia, o cadro de Cabrejo e Faus, encerrando aos muxiáns, pero non aproveitou o empuxe, e nunha contra, xa co tempo case cumplido e nunha xogada que os locais pediron fóra de xogo, Fran Moreira faría o segundo. Xa no desconto, co Camariñas envorcado, Isma facía o terceiro.

O Camariñas queda coa sensación de inxustiza, mentres que por Muxía celebran a vitoria e lle mandarn moito ánimo a Álex e Gusa que se lesionaron durante o partido.

Camarinas-Muxia-Gol de Iago-Foto-Marina Busto
Mauro Romani superando a Pablo no primeiro gol-Foto-Marina Busto

Monte Louro - Ponteceso (0-1)

Monte Louro-Ponteceso-Foto Edu 2
Monte Louro-Ponteceso-Foto Edu 2
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Pablo, Manolo Chouza, Borja; Óscar, Chano, David Pai, Luismi, Javi e Raúl. Tamén: David Lestón, Fabio, Pardelo, e Álvaro Fari.
  • Ponteceso: Samuel, Ures, Cotelo, Pedro, Luca, Sergio, Jose, David Castro, Alberto Recarey, Eloy Trigo, Neira. Tamén: Álvaro, Eloy Álvarez, Martín Puente e Héctor.
  • Goles: 0-1, m.40: Cotelo tras unha fermosa falta de Recarey.

Monte Louro-Ponteceso-Foto Edu

6º partido sen gañar para este Monte Louro que se mete nun bache. Comezou o partido co Ponteceso dominando algo máis, pero sen grandes ocasións máis que un par de paradas de Pedro, unha man a man con Sergio. Foi ao fío do descanso, cando unha fermosa falta de Alberto Recarey bate no longueiro cae na liña de gol e Cotelo remacha, dando o colexiado o tanto a Recarey. 

Na segunda o dominio era local, pero sen meter en demasiados apuros a un serio, e á alza, equipo de Julio Vila. Os de Bibi, que ían metendo aos pontecesñáns no seu campo, tiveron a mellor nova na volta de Raúl, o veterano dianteiro que debutou este ano tras moitas lesións, que puido lograr o empate cunha de cabeza e outra que non chegou a un centro que se paseou pola liña de gol. Tamén á contra puido sentenciar o cadro visitante, que soubo como deixar ir morrendo o partido.

Cee - Muros (3-1)

  • Cee: Jorge, Julio, Munitis, Josiño, Iago, Anxo, Bujeiro, Bruno, Eze, Champi, e Isma. Tamén: Isaías, Juan Oreiro, Diouck, Jonathan e Noe.
  • Muros: Álvaro, Juan, Javi Pelos, Gesto, Martín, Jesús, Ángel, Alon, Quin, Varo, Xavi. Tamén: Alex, Flavio, Manu Tajes, Manu Vara e Dani Jurjo.
  • Goles: 1-0, m.16: Bruno a pase de Eze; 1-1, m.27: Javi Pelos coa axuda de Iago; 2-1, m.30: Eze de falta; 3-1, m.90: Bruno.

Non foi quen de adaptarse o Muros ao campo grande do San Paio de Refoxos. E iso que tiveron o vento a favor na primeira metade. Adiantábase pronto o Cee cun tanto de Bruno, pero pouco despois empataban os muradáns tras unha falta lateral. A resposta ceense foi inmediata, cun fermoso gol de falta de Eze. Antes do descanso o Muros tivo un balón á madeira para empatar.

Na segunda, intentouno o Muros, pero co vento en contra non conseguía profundidade, e apenas houbo ocasións. Os muradáns pediron un penalti sobre Jesús pouco antes de que Bruno sentenciase tras un saque de banda de Isma.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios