3ª FUTGAL: Pereiriña, Cerqueda e Seaia achéganse á promoción mentres o Oza celebra o título e o Coristanco o ascenso
Co Oza celebrando o seu primeiro título ligueiro sobre o céspede do Sampaio e o Coristanco celebrando a festa do ascenso, a atención segue posta na promoción. O Cee espera rivais e un será seguramente o Pereiriña. Non puido co poderoso Oza o cadro ceense, pero saca 6 puntos ao grupo perseguidor, formado por Buño, Baíñas e Laxe.
Non lles valeu o empate nin a vimianceses nin a laxenses, que quedan empatados a 2 puntos do Seaia. Despois do tropezo da semana pasada, os malpicáns non fallaron ante o Lira e toman certa vantaxe, aínda que na última xornada terán que recibir ao Cee para ratificar o seu pase.
Unha praza que ten máis preto o Cerqueda despois da vitoria nas Fontiñas. Os cerquedáns teñen 5 puntos de marxe sobre o grupo de 3, pero descansan a semana que vén e visitan a Rocheira na última xornada.
Coristanco - Muxía B (5-0)
- Goles: 1-0, m.5: Lou; 2-0, m.60: Baldomir; 3-0, m.80: Baldomir; 4-0, m.83: Lou; 5-0, m.89: Dani Casti.
Gran partido do ascendido Coristanco, facendo moito dano por banda aos de Congui. Marcou pronto o cadro de Adrián Lema e tivo ocasións de sobra para levar unha boa renda ao descanso, pero non entraban e o partido íase aos vestiarios con 1-0.
No outro lado, o filial intentaba tocar, e mesmo tiveron as súas, pero sen acerto arriba, e con moitas baixas, con dous cadetes, Fran e Manu, sobre o campo.
Na segunda, un efectivo Coristanco foi ampliando a renda e demostrando a diferencia que hai na clasificación.
Laxe - Baíñas (1-1)
- Goles: 1-0, m.16: Brais Simal; 1-1, m.34: Rulli.
Bo partido o vivido no Rogelio Martínez no que puido gañar calquera e acaba nun empate que non lle vale a ninguén. Comezou mellor o cadro de Manu Saleta, que tivo 4-5 ocasións claras, pero só acertou nunha. Puido ampliar vantaxe cun fermoso tiro de Bieito que peta na cruceta, erpo antes do descanso, nunha contra Rulli acadaba o empate. Aínda tivo outra Bieito clara pero respondeu David Caamaño cun auténtico paradón.
Na segunda comezaba algo mellor o cadro de Antelo, apretando, ben pero se atopaba tamén cun bo Jacobo. Leo e Djamel tiveron a vitoria, pero o empate foi xusto e inútil resultado.
En paralelo, o SD Laxe segue perfilando o cambio de directiva.
Camelle - Inter (7-0)
- Goles: 1-0, m.3: en propia nun córne; 2-0, m.26. Dido; 3-0, m.45: Miguel; 4-0, m.67: Marce; 6-0, m.60: Miguel; 7-0, m.85: Gabri.
Mal partido do Inter, que viña que competir cos de arriba, pero sucumbiu a un intenso e acertado cadro camellán, que celebrou unha boa festa no Rodeiro. Tras abrir o primeiro con algo de fortuna, os de Sergio facían dano por banda, e así chegaban os tantos de Digo e Miguel.
Na segunda parte o Inter de brens disporia de un par delas boas, pero quen poñia os goles serían os locais.
Buño -Volantes (3-2)
- Goles: 1-0, m.18: Izan; 1-1, m.27: Aarón; 1-2, m.45+1: Stefan; 2-2, m.45+7: Javi Alonso; 3-2, m.58: Aguiar.
Con poucos efectivos (mesmo sen porteiro) chegaba o Volantes a Buño, pero sen a presión de non xogarse nada. E coma adoita, comezaba moi ben, moi intenso, sendo mellor que un Buño nervioso, atenazado, impreciso. Puxose dúas veces o cadro muradán por diante en erros do Buño, pero o choque chegaba ao descanso con empate e co Volantes cun home menos por unha vermella directa moi rigorosa.
A segunda metade estivo máis igualada, sen grandes ocasións, ata que o Buño se metía por diante, con só 10 minutos para o final. Aí volvía o Volantes envorcarse sobre a meta oleira, merecendo o empate e tendo sobre todo un remate de Marcos que salva Cristian cun paradón.
Nantón - Cerqueda (1-2)
- Goles: 1-0, m.33: Iago Torres; 1-1, m.41: Palermo; 1-2, m.71: Palermo.
Partido moi igualado, cun Cerqueda buscando as costas da defensa ante un Nantón moi replegado e buscando a velocidade de Iago e Jorge arriba. Tiñan máis ocasións os de Gurita, máis necesitados, pero nun pase filtrado de Alex para Yago este define de vaselina no man a man. A alegría durou pouco no bando local xa que nun rebote o Cerqueda roubaba, combinaba e deixaba para que Palermo, quen se non, empatara.
Comezaba algo mellor o equipo de Adrián Varela na segunda, pero volveu ser Palermo que acertaba nun balóns ás costas definindo no man a man con Álvaro.
Os cabaneses quixeron enviarlle un forte abrazo a Fernando, xogador co club fillo do escritor e poeta Fernando Cabeza Quiles falecido este venres.
Seaia - Lira (5-0)
- Goles: 1-0, m.38: Edu; 2-0, m.44: Pazos; 3-0, m.70: Juni; 4-0, m.74: Juni; 5-0, m.84: Juni.
Tras varios tropezos por fin lle saíron as cousas ao Seaia. E iso que Alexander comezaba avisando para o Lira cunha boa arrincada pero marra no man a man. O Seaia tiña máis o control, e crea dúas ocasións, unha a pau e outra doble que saca Raúl a bocaxarro. Acertou Edu facedo un golazo espectacular dende fóra da área pola escuadra. E no desconto da primeira metade, un pase longo de Noel vai para Alex que lla deixa co peito a Pazos para definir ca esquerda antes do descanso.
Fixeron mella eses dous antes antes do descanso no cadro liracho de Óscar Leis, ao que xa lle costou entrar de novo no partido, con moitas imprecisións e erros na defensa na segunda metade. Apenas Alexander tivo unha de cabeza, ante un equipo de Manu Cancela que estaba cómodo, e que aproveitou a frescura de Juni, que saía na segunda, para sentenciar cun triplete.
At. Pereiriña - Oza (1-4)
- Goles: 0-1, m.22: Bértoa; 0-2, m.36: Davicillas; 1-2, m.55: Abel nun córner; 1-3, m.79: Nacho Pose; 1-4, m.81: Nacho Pose.
Aguantou competindo moi ben o equipo de Julito os primeiros 20 minutos, pero un par de regalos permitiu ao poderoso líder e campión da 3ª, foron claves para que os carballeses se metesen con vantaxe. Na segunda, saía mellor o cadro local, e se metía no partido nun córner que remataba Abel, pero o equipo volveu desconectar, e o Oza apretou e acabou goleando e celebrando un título soibre o céspede do Sampaio e sobre as rúas de Carballo. 24 vitorias e 2 derrotas, con 102 goles a favor e 18 en contra, suma o cadro de Michel, nun temporadón espectacular.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.27: Pereiriña e Cerqueda pegan un salto na tensa loita pola Promoción.
- X.26: 5 equipos loita, nun pano de 4 puntos, por 3 postos de promoción.
- X.25: O Oza selou o ascenso e acariña o título.
- X.24: O Oza deixa asina media Liga nun partido convulso na Rocheira.
- X.23: 6 equipos quedan na loita polas 3 prazas da promoción.
- X.22: Ferve a loita pola promoción.
- X.21: O Buño, gran beneficiado da xornada.
- X.20: Unha chilena para case sentenciar un ascenso.
- X.19: O Pereiriña alonxa o Cerqueda da Promoción.
- X.18: O Oza aproveita o pinchazo do Coristanco e o Laxe alcanza ao Cerqueda.
- X.17: O Laxe alonxa ao Cee do ascenso directo e apreta a loita pola promoción.
- X.16: O Seaia vence o derbi e apreta a loita pola promoción.
- X.15: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta.
- X.14 O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco.
- X.13: O Coristanco pecha o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa masculino.
- X.12: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción.
- X.11: Unha xornada para Mikel.
- X.10: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa.
- X.9: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes.
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com