luns. 02.12.2024
El tiempo

A cativada de toda Galicia morre de envexa ante o #AlbumdaCosta

A cativada de toda Galicia morre de envexa ante o #AlbumdaCosta

Está sendo unha semana moi especial para máis de 900 nen@s da bisbarra. As presentacións do Álbum do Fútbol da Costa base están sendo un rotundo éxito. Éxito de emocións, que son as que viven as criaturas ao ver, por primeira vez, o seu álbum e abrir os seus primeiros cromos.

“Vai espertar unha envexa no fútbol en Galicia tremenda”, recoñecía o propio Kiko Novoa, durante a entrevista a Alberto Pose e Óscar Leis na Radio Galega. Unha reflexión que tamén facía a presentadora Natalia Penas (reporteira con moitos vínculos costeiros) na Revista da TVG, que tamén fixo unha completa reportaxe visitando o colexio CEIP Praia de Quenxe.

Aquí vos deixamos coas reportaxes:

 

Na Radio Galega

Alberto Pose, acompañado ademais por Óscar Leis, outro membro da familia QPC, coordinador do fútbol base no CF Dumbría e adestrador do Muxía, pasaron polos micros do Galicia Por Diante de Kiko Novoa.

 

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios