Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Festa sen sorpresas

Final da Copa da Costa 2019 no Conco
Final da Copa da Costa 2019 no Conco
Festa sen sorpresas

Concluiu a tempada 18/19 xogándose as finais da Copa da Costa. Desta vez non saltou a sorpresa en ningunha de elas. Os equipos favoritos por posicionamiento nas súas ligas levantaron o trofeo aunque algún sufriu máis do esperado.

O sábado ese novo céspede do campo zaense que se estrenou para acoller final tras final, despois da dos Veteranos, recibía ahora os equipos de base.

Na categoría infantil gañou o Xallas merecidamente, un equipo moi ordenado e con xogadores todos de unha calidade parecida non lle dou oportunidad Os Miudos a soñar.

En Xuvenñís gañou o Corme que parece que a Copa nesta categoría sempre esta pintada de azul, pero sufriu máis do esperado contra un Outes que puxo o listón ben alto. Pero como se fose unha película de Hollywood cando máis sufrían os cormelan aparece o seu adestrador despois de saír dunha boda para ordenar, mandar e gañar.

Xa o domingo esperaban en Dumbría a final femenina e a masculina senior.

Na Feminina levantou esta primeira edición o Bergantiños. Aquí era difícil saber quen era o equipo favorito, dúas grandes tempadas nas súas respectivas ligas facían que fose a final máis igualada, e asi o demostraron no terreo de xogo onde se foron ata a prórroga para decidir o equipo vencedor. As Miúdas lograron unha remontada épica na segunda parte onde levantaron un 2-0 pero ao final quedou ese soño na beira, o Bergan no treito final facia o 3-3 e despois en dinámica gañadora foi superior no añadido.

En senior a Esteirana non quixo darlle algo de vida o Cabana, e desde o principio demostrou o seu potential e calidade acechando a portería rival, rápido encarrilou a final e non deu opción á sorpresa. O Cabana puxo a intención en algunha xogada a balón parado de facer un gol para coller enerxia pero non foi posible.

O que si vivimos tanto en San Andrés como no Conco foi unha gran festa do fútbol, o único momento que se empañou algo foi na categoría infantil onde menos afecionados había e onde algún insultou ao trio arbitral ao finalizar o encontro, algo estamos a facer mal. En xuvenís non defraudaron as afeccións de Corme e Outes moito colorido nas gradas e sempre animando.

Igualmente sucedía nas finais do domingo moita xente apoiando os seus equipos e demostrando que o fútbol costeiro sempre reúne xente da igual quen xogue a final, se son teoricamente equipos grandes ou pequenos.

Para rematar como nota a mellorar na niña opinión, na final senior as gradas do Conco fixéronse cortas, e as gradas supletorias para as personalidades e o dispositivos das radios fixeron acortar moito espacio de visibilidade para a gran afluencia de público que moitos non puideron disfrutar plenamente do encontro. Tamén só dispoñible unha cantina atendida por dúas persoas fíxose escasa ademais de poñer outra tamen cerca da misma o empezo do partido facía apelotonarse a todos no mesmo lugar.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios