FSF: As baixas condenan aos dous equipos sénior do Fisober

As baixas fixeron que Sharay fose a capitana do equipo.

Doble derrota, outra vez, para a familia Fisober, que segue acusando as baixas nos dous equipos sénior que compiten na categoría autonómica.
As chicas caían na 18ª xornada no pavillón da Queixeira de Arnoia, ante o terceiro clasificado, que se lle escapa na clasificación.
Mentres, os chicos, que entran nun mes decisivo pola permanencia, non puideron puntuar na súa visita ao Alto do Vento.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada18

  • Resultado: AT. ARNOIA – FISOBER FSF (3-0)
  • FISOBER: Sharay, Patri, Barca, Andrea, Saray; tamén: María, Alba.
  • Goles: 1-0 min 1 Dapia, 2-0 min 2 Nuria, 3-0 min 17 Nuria.

Arrincou o partido moi frío o conxunto costeiro e as locais moito máis metidas o que supuxo que case no inicio se puxeran por diante despois dun roubo a media pista. Acto seguido unha xogada dubidosa na que un saque de banda directo a portería o árbitro considera que roza en alguén e sube o dous a cero ó marcador. Un inicio nefasto para o Fisober. Repúxose o cadro costeiro tendo varias ocasións a máis clara un tiro ó pau de Barca dende o interior do área. Nunha contra nos últimos minutos da primeira metade Nuria facía o terceiro, un tres a cero co que se chegou ó tempo de lecer.

O inicio da segunda metade foi bo para ó Fisober, tendo varias ocasións. Pero varios cartóns amarelos ó banco por diversas decisións arbitrais fixo que a falla de dezaseis minutos xa tiveran cinco faltas co que iso conleva. Seguiron a ter ocasións as visitantes pero non era o día para que entrara o balón, co xogo de cinco tivo aínda máis dominio o Fisober pero as locais defendíanse ben polo que o resultado xa non se moveu.

A vindeira xornada ó Fisober recibe ó Composala.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, xornada 20

  • Resultado ALTO DO VENTO FS – BIGMAT LUCAS – FISOBER FSF (7-3)
  • FISOBER: Brais, Iván, Juan Emilio, Champi, Mario Ferreiro; tamén: David, Javi, Edgar, Suso, Mario Areas.
  • Goles: 1-0 min 1 Brais Aldrey, 2-0 min 10 Martín, 3-0 min 11 Brais Aldrey, 4-0 min 24 Álvaro, 4-1 min 24 Champi, 4-2 min 25 Iván, 5-2 min 26 Pablo, 5-3 min 28 Iván, 6-3 min 30 Brais, 7-3 min 32 Nicolás.

Non poderían comezar peor as cousas para os visitantes xa que Brais Aldrey marcaba no primeiro minuto. A pesar disto refíxose o conxunto costeiro e cun roubo de Mario Ferreiro que se foi de todos os que lle saíron o seu paso, pero despois de regatear o porteiro o seu disparo foise lambendo o pau.
Mediada esta primeira metade chegaron dous goles seguidos dos locais para o tres a cero. Seguiu intentado o Fisober e Mario Ferreiro no segundo pau e Suso a reviravolta tiveron boas ocasións para acurtar diferenzas pero co tres a cero chegouse o tempo de lecer.

Á volta de vestiarios chegou un novo gol local por mediación de Álvaro. E cando peor pintaban as cousas para os costeiros, primeiro un gol de Champi e despois un de Iván, voltaban poñer ós costeiros no partido.
Pablo marcaba para os locais e novamente Iván para os visitantes para deixar o cinco a tres mediada a segunda metade.
Un gol de Brais e outro de Nico puxeron o definitivo sete a tres, nun divertido e interesante partido.

Entra nun mes decisivo ó Fisober que recibe na próxima xornada ó Lugo B.

 

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM