FSF: O Fisober masculino saca a cabeza do pozo

Importantísima vitoria do Fisober masculino ante todo un 4º clasificado na Preferente, que lle permite sacar a cabeza do pozo. Os dumbrieses seguen en postos de descenso, pero quedan a só 1 punto da salvación, que marca A Estrada, e a 2 puntos do Emden, os 3 equipos que se xogarán a terceira praza de descenso.
Pola súa parte, o feminino volvía gañar e remata a primeira volta na 4ª posición, afianzado no segundo vagón, a 10 das impararables colíderes (Estrela e Stellae Leis), e a só 1 punto do Arnoia, que ocupa a 3ª praza.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA, X.15
- Resultado: BALAIDOS CF – FISOBER FSF (2-6).
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, María, Alba; tamén: Barca, Andrea, Saray.
- Goles: 0-1 min 4 María, 0-2 min 12 Barca, 1-2 min 20 Lomba, 1-3 min 20 Paula Fandiño, 1-4 min 28 Sharay, 1-5 min 32 Saray, 2-5 min 33 Lomba, 2-6 min 35 Patri.
Gran triunfo dun Fisober na sempre difícil pista do Balaidos, no que a mellor noticia foi a volta de Barca as pistas despois da súa longa lesión, e non pudo voltar de mellor maneira xa que o fixo con gol.
O Fisober comezou ben o partido consciente da dificultade da pista olívica e os catro minutos xa se adiantaba cun gol de María. Pouco despois producíase a noticia emotiva da xornada ca volta de Barca as pistas. Unha Barca que voltaba da mellor maneira xa que controlaba un balón longo no área e despois de darse a volta anotaba un gol, para ledicia de todos.
A volta de vestiarios foi trepidante xa que nada máis voltar marcaba Lomba para as locais, por sorte para as costeiras Paula Fandiño igualaba na seguinte xogada para deixar a tranquilidade de dous goles de vantaxe no electrónico.
O Fisober decidiuse polo xogo de cinco para controlar o partido e froito diso, despois dunha boa xogada aparecía a porteira Sharay no segundo pau para rematar de cabeza o cuarto gol visitante. De novo aproveitando o xogo de cinco desta vez anotaba a outra Saray para poñer o un a cinco no tanteador. Despois antes de chegarse ó final un gol para a local Lomba e un para a visitante Patri, para poñer o definitivo dous a seis.
PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, X.17
- Resultado: FISOBER FSF – JOGAFAN ORDES (5-3).
- FISOBER: Brais, Iván, Javi, Juan Emilio, Carlos; tamén: Vicente, Adri, Iago, Mario Ferreiro, Champi, Suso, Mario Areas.
- Goles: 1-0 min 19 Iván, 1-1 min 23 p.p., 2-1 min 23 Iago, 2-2 min 24 Adri, 2-3 min 25 Iván, 3-3 min 38 Carlos, 4-3 min 39 Carlos, 5-3 min 39 Adri.
Importante triunfo do Fisober no Conco ante o cuarto clasificado nun partido que resultou moi atractiva para o espectador, no que o Fisober fixo posiblemente os corenta minutos máis intensos e completos do que vai de tempada.
A primeira metade tivo boas ocasións, pero tanto Brais na portería local coma Pablo na visitante, probablemente o mellor porteiro da categoría, encargáronse de manter o 0-0, ata que a falla dun minuto, nun saque de banda dende o lado esquerdo é cazado por Iván no segundo pau para facero o un a cero no mellor momento, adiantando ós costeiros por primeira vez no que vai de tempada.
A volta de vestiarios o equipo visitante subiu a presión e os primeiros dez minutos resultaron ser tolos, no que os visitantes lle deron a volta ó electrónico con ata tres goles, no peor momento dos locais, que aínda así foron quen de marcar un novo gol de estratexia entre Javi e Iago que os mantiña no partido, xunto cun Brais que seguía contendo o ataque do Ordes. Nos últimos minutos o desgaste e os cartóns fixeron mella nos locais, pero a entrada dun Champi fresco foi chave para pechar ó rival e provocar dúas accións consecutivas de Carlos que se convertían no catro a tres. Esto provocou co rival saíse de cinco a falla dun minuto. Defenderon ben a inferioridade os costeiros e mesmo Adri foi quen de culminar a remonta co cinco a tres definitivo dende campo propio.
Máis crónicas do FSF
- X.12: O Fisober non puido pechar o ano con vitoria.
- X.11: O Fisober prepara, con goles, o asalto á Cidade de Pontevedra.
- X.10: O Fisober volve coller velocidade.
- X.9: Xornada con doble vitoria para a familia Fisober.
- X.8: O Fisober sucumbe ante o intratable líder.
- X.7: O Fisober coller velocidade de cruceiro para enfrontarse ao líder
- X.6: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional