mércores. 04.12.2024
El tiempo

FSF: O Fisober volve coller velocidade

Xogadoras do Fisober en Ribeira
Xogadoras do Fisober en Ribeira
FSF: O Fisober volve coller velocidade

Gran triunfo do Fisober a domicilio nunha das pistas máis complicadas da categoría nun partido sempre moi disputado ante o Ribeira. Sumou xa a segunda vitoria consecutiva (5 nas últimas 6 xornadas) e ascende á 6ª praza, lonxe das líderes, pero a apenas 3 puntos das 3ª clasificadas.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, XORNADA 10

  • Resultado: SUPERTI RIBEIRA FS – FISOBER FSF (0-3).
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Patri, Andrea, Saray; Tamén: María, Alba.
  • : 0-1 min 14 Patri, 0-2 min 21 Patri, 0-3 min 36 Saray.

Saiu moi enchufado dende o minuto un o Fisober consciente da dificultade do rival. As costeiras tiveron moitas ocasións nesta primeria metade pero o bo facer da sempre efectiva Violeta na portería impediu adiantarse as de Fran Toba. Esa boa actuación de Violeta provocou a precipitación na definición das visitantes o que fixo que non dera entrado o gol para o Fisober. Curiosamente xusto despois da mellor ocasión do Ribeira cun lanzamento o ferro, na contra chegaba o gol costeiro obra de Patri.

A volta de vestiarios case despois do saque de centro de novo Patri facía o segundo gol costeiro. O que lle deu unha pausa e unha tranquilidade ó Fisober para permetirlle facendo o xogo desenrolado na primeira metade pero sen a presión do resultado. Cando a pouco para o fin Saray facía o terceiro, o triunfo costeiro xa non perigou.

A próxima xornada chega a visita do sempre complicado Gaiola, situado na 10ª praza.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

Comentarios