venres. 07.02.2025
El tiempo

FSF: Doble derrota da familia Fisober

Fisober masculino en Betanzos
Fisober masculino en Betanzos
FSF: Doble derrota da familia Fisober

Mala xornada fóra da casa para a familia Fisober. As xogadoras de Fran Toba perderon en Burela ante o filial do potente Pescados Rubén, provocando que as de arriba escapen e que o propio cadro da Mariña se achegue a só 4 puntos das costeiras, que seguen na 4ª praza.

Pola súa parte, o Fisober masculino tamén caía na súa saía a Betanzos, quedando aínda en postos de descenso pero tendo a tiro de 1 e 2 puntos a salvación, xa que Estrada e Emden tamén perderon.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada 16

  • Resultado: BURELA PESCADOS RUBÉN B – FISOBER FSF (5-3).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Saray, tamén: Alba, María
  • Goles: 0-1 min 22 Paula Fandiño, 1-1 min 23 Silvia, 2-1 min 26 Cris, 2-2 min 31 Patri, 2-3 min 33 Barca, 3-3 min 34 Silvia, 4-3 min 34 Silvia, 5-3 min 38 Cris.

Fisober en Burela

O Fisober caía no primeiro partido da segunda volta, nun partido igualado no que se foron do partido trala sinalización dun penalti nos últimos minutos. O partido iniciou con pouco ritmo na primeira metade con dous equipos moi parellos no que ningún dos dous tivo moitas ocasións polo que se chegou o tempo de lecer co resultado gafas de cero a cero.

A volta dos vestiarios todo mudou, aínda que de saída todo transcorría igual. Pero o Fisober arriscou co xogo de cinco e acadaron abrir o electrónico cun gol de Paula Fandiño. Tralo gol o equipo costeiro relaxouse e as locais deronlle a volta o marcador, nun abrir e pechar de ollos.
Espertou o Fisober e foi quen de darlle novamente a volta o partido. Primeiro cun gol a contra de Patri. E despois cun lanzamento de Paula Fandiño que foi rexeitado por Barca para poñer o dous a tres. As locais protestaron unha posible man de Barca. O Burela subío liñas e un disparo dende o borde do área foi rexeitado por Alba, no que o árbitro sinala penalti, as costeiras consideraron que non o fora. Co penalti o Fisober foise totalmente do partido. As locais transformaban o lanzamento para igualar, e case deseguido poñían o catro a tres no electrónico. O Fisober decidiu arriscar co xogo de cinco pero o Burela nun roubo sentenciou para o cinco a tres final.

A vindeira xornada o Fisober recibe ó Mosteiro Bembrive B.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, xornada 18

  • Resultado: TROULA BETANZOS – FISOBER FSF (9-4).
  • FISOBER: Brais, Iván, Javi, Juan Emilio, Carlos; tamén: Grille, Edgar, Mario Ferreiro, Champi, Suso, Mario Areas.
  • Goles: 1-0 min 5 Juan, 1-1 min 7 Javi, 2-1 min 10 Lorenzo, 3-1 min 16 Juan, 4-1 min 17 Juan, 5-1 min 17 Alboury, 5-2 min 17 Champi, 5-3 min 19 Champi, 6-3 min 25 Juan, 6-4 min 29 Juan Emilio, 7-4 min 36 Juan, 8-4 min 38 Lorenzo, 9-4 min 40 Alboury.

Partido moi serio do Fisober que a pesar das importantes baixas foi con bo número de efectivos e competindo ben. Ante un bo equipo que está en boa xeira de resultados, e que supo oproveitar os minutos de desconexión en cada metade dos costeiros. O gol inicial de Juan foi compensado cun de Javi para o un a un. Nesta primeira metade e con ocasións costeiras a contra, pero entre dúas boas acción locais e dous erros defensivos o resultado vaise ó cinco a un. Aínda son capaces de recurtar os costeiros con dous goles de Champi para o cinco a tres e con algunha ocasión máis antes do tempo de lecer.

O inicio da segunda metade foi o mellor momento do Fisober, dominando o xogo e tendo algún man a man, incluso un tiro ó pau, pero non deron recutado o tanteador antes do seis a tres. Juan Emilio marcaba o seis a catro e con sensacións de poder apretar máis o electrónico. Ata que un gol rival e unha expulsión a falla de catro minutos fan xa que o físico e a mente desconecten definitivamente do partido, ata o nove a catro final.

A vindeira xornada chega ó Hércules.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

Comentarios