FSF: O Fisober prepara, con goles, o asalto á Cidade de Pontevedra

Segue collendo o Fisober FSF o ritmo de vitorias dos últimos anos. As costeiras sumaron xa a 3ª vitoria seguida ante o Gaiola, e se colocan na 5ª praza, aínda a 9 do liderato e a 7 dun Stellae ao que se enfronta esta vindeira semana.
Pola súoa banda, o masculino non puido facer nada ante o intratable líder.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA, X.11
- Resultado FISOBER FSF - SD A GAIOLA (6-0).
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Sabela,Saray; tamén: Nai, Alba, María, Andrea.
- Goles: 1-0 min 2 Patri, 2-0 min 5 Paula, 3-0 min 12 Paula, 4-0 min 31 Patri, 5-0 min 32 Patri, 6- 0 min 39 Patri.
A saída do Fisober foi intensa e con presión alta. Froito desa presión aproveitando un esvarón dunha rival, montou a contra o conxunto local e unha serie de paredes entre Patri e Saray rematou co gol de Patri para abrir o electrónico. Pouco despois Paula facía o segundo gol costeiro. Namentras Sharay moi segura paraba as embestidas visitantes. Paula mediada a primeira metade facía o terceiro para poñer terra no medio no marcador. Un tiro de Saray ó ferro e un de Patri que petou na trabe e despois se converteu nun posible gol pantasma, non se sabe se botou dentro ou na liña, poideron incrementar o resultado antes de chegar o tempo de lecer.
A volta dos vestiarios todo continou igual, cas locais e visitantes dando un bonito espectáculo. A benxamina das costeiras Sabela tamén tivo seu lanzamento ó ferro o igual ca Patri. Pero mediada esta segunda metade Patri facía dous goles case consecutivos para poñer unha vantaxe case insalvable. Nos últimos minutos as visitantes sacaban o xogo de cinco, o que respostaban as locais co mesmo xogo adiantando a Sharay con balón. Un roubo de Patri e un disparo da mesma pechou o resultado co seis a cero definitivo.
A próxima xornada despois da ponte ó Fisober visita ó Leis Pontevedra, segundo clasificado, invicto e que só cedeu dous empates un deles co líder e o outro curiosamente co Gaiola amosando a importancia do resultado.
REFERENTE FUTGAL MASCULINA, x.12
- Resultado: FISOBER FSF – CD COMPOSALA (1-6)
- FISOBER: Brais, Javi, Juan Emilio, Carlos, Pablo Costa; tamén: Mario Areas, Champi, Suso, Iván, Vicente, Mario Ferreiro, Grille.
- Goles: 0-1 min 18 Alex, 0-2 min 21 Antonio, 1-2 min 23 Carlos, 1-3 min 30 Pablo, 1-4 min 34 David, 1-5 min 37 Antonio, 1-6 min 37 Antonio.
O Fisober fixo fronte ó intratable líder (só cedeu un empate no que vai de temporada) ata que co paso dos minutos foi pagando o esforzó ante un equipo que non baixo o ritmo en ningún momento.
Máis crónicas do FSF
- X.10: O Fisober volve coller velocidade.
- X.9: Xornada con doble vitoria para a familia Fisober.
- X.8: O Fisober sucumbe ante o intratable líder.
- X.7: O Fisober coller velocidade de cruceiro para enfrontarse ao líder
- X.6: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional