Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober despide o 2023 líder

fisober 2023
FSF: O Fisober despide o 2023 líder

Líder cun punto de vantaxe sobre o Forma-T Vilalbla, despois de sumar 12 vitorias e unha soa derrota. Así remata o 2023 o cadro de Fran Toba tras superar na 13ª xornada ao Queixeira de Arnoia, un ddos candidatos ao título.

PREFERENTE GALICIA – LIGA AUTONÓMICA XORNADA 13

  • Resultado: ATLÉTICO ARNOIA - FISOBER FSF (1-4).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Adriana, Barca, tamén xogaron: Saray, Ana, Andrea.
  • Goles: 0-1 min 5 Paula Fandiño, 1-1 min 15 Andrea Mosquera, 1-2 min 18 Andrea, (descanso), 1-3 min 21 Andrea, 1-4 min 28 Barca.

O partido supoñíase difícil para as de Fran Toba e así o foi ante un At. Arnoia moi reforzado esta tempada con moitos fichaxes e onde recalaron entre outras dúas coñecidas para as costeiras como Vane Domonte ou Cintia Arijon con pasado en equipos costeiros. Nos primeiros minutos saíu moi enchufado o Fisober con moitas ocasións para abrir o marcador ata que así o fixo Paula Fandiño. O partido era moi disputado e a falla de cinco minutos para o tempo de lecer cando igualaba Andrea Mosquera. O partido volveuse tolo e nun continuo ida e volta. A máis lista nesa texitura foi a fisterrana Andrea para poñer de novo en vantaxe o Fisober a piques de chegar ó tempo de lecer cun roubo que propiciou o seu propio gol. O que acadou que as costeiras foran por diante ós vestiarios.

A volta de vestiarios de novo Andrea marcaba para darlle un gol máis de vantaxe ó Fisober. As locais apretaban e o Fisober aproveitaba de novo por mediación de Barca para facer o un a catro. Dende aquela o Arnoia dominou máis se cabe o partido e pechou a un Fisober que defendía o acoso local. As atléticas tiñan ata catro balóns ó pau e o Fisober vía como a sorte estaba do seu lado para aguantar o resultado.

O electrónico xa non mudou e as de Fran Toba lograron unha importantísima vitoria para pechar o ano no máis alto da clasificación. O Fisober volta a competición alá polo fin de semana do catorce de xaneiro recibindo ó Concello de Begonte.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios