Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober mantense firme no liderato

myre co Fisober
Myre co Fisober
FSF: O Fisober mantense firme no liderato

Non frea o Fisober que esta fin de semana volvía acadar un cómodo triunfo que lle permite seguir como líder da categoría, nun partido no que novamente Adriana tivo que estar baixo paus pola baixa de Sharay.

PREFERENTE GALICIA – LIGA AUTONÓMICA xornada 11

  • Resultado: FISOBER FSF – CARBALLIÑO FS – GRI CARBALLIÑO (14-2).
  • FISOBER: Adriana, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Saray, tamén xogaron: Barca, Myre, Andrea, Ana.
  • Goles: 1-0 min 2 Nuriña, 2-0 min 8 Barca, 3-0 min 9 Barca, 4-0 min 9 Patri, 5-0 min 11 Saray, 6-0 min 17 Patri, 7-0 min 19 Nuriña, (descanso), 8-0 min 22 Patri, 8-1 min 22 Ana, 9-1 min 24 Ana, 10-1 min 26 Paula Fandiño, 10-2 min 26 Almu, 11-2 min 29 Paula Fandiño, 12-2 min 33 Patri, 13-2 min 35 Barca, 14-2 min 38 Andrea.

Sabía Fran Toba que o partido era complicado o conxunto costeiro xa que as do Carballiño viñan de igualar a xornada anterior ante un dos “cocos” da categoría como é o Cidade de Pontevedra, por certo próximo rival do Fisober. Polo que o equipo saíu concentrado, e pronto Nuriña abría o marcador. Aguantou o ritmo o conxunto visitante ata que mediada a primeira metade as locais racharon totalmente o partido. En apenas tres minutos os goles de Barca en dúas ocasións, Patri e Saray puxeron un cinco a cero a prol do Fisober xa insalvable para as visitantes. Despois novamente Patri e Nuriña fixeron o sete a cero co que se chegou o tempo de lecer.

A segunda foi de trámite, cunhas costeiras que non baixaron o ritmo.

A vindeira xornada toca visita a sempre difícil pista do Cidade de Pontevedra, un rival complicadísimo.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios