FSF: O Fisober segue con opcións intactas ao titulo a falta de 4 xornadas

Recibía o pasado venres no Conco o Fisober a un Ribeira que viña de gañarlle ao líder, Meigas. As costeiras non fallaron e a falta de 4 xornadas manteñen a loita aberta polo título e pola única praza de ascenso co cadro santiagués. Fisober e Meigas están empatadas a 67 puntos, e malia que as santiaguesas teñen o golaveraxe individual a favor, como se vén demostrando nas últimas xornadas, calquera pode fallar.
LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA FEMININA, xornada 26
- Resultado: FISOBER FSF – RIBEIRA FS LIEDERS (3-0).
- FISOBER: Sharay, Patri, Barca, Paula Fandiño, Adriana; tamén xogaron: Mai, Nuriña, Uxía, Saray.
- Goles: 1-0 min 5 Nuriña, 2-0 min 17 Sharay, (descanso), 3-0 min 25 Saray.
Fran Toba formulou un partido moi serio e moi concentrado. Saíronmetidas e aos cinco minutos un gol de Nuriña deu tranquilidade as locais. Co gol e ben posicionadas en materia defensiva o Fisober apenas recibía perigo polo conxunto visitante que utilizaba o bo pé da súa porteira para saír ou as veces xogar de cinco. A seriedade e serenidade do Fisober e con todas as xogadoras moi metidas no partido e na rotación pasaban os minutos.
E un deses riscos que asumía a porteira visitante a máis lista foi a porteira local Sharay que pillaba adiantada a súa homóloga do Ribeira e facía un espectacular gol para poñer o segundo no electrónico o que por certo era o seu segundo gol esta tempada.
A volta de vestiarios todo continuaba igual, cun Fisober moi concentrado en tarefas defensivas e controlando ao perigoso equipo visitante. E os cinco minutos desta segunda metade era Saray a que poñía o tres a cero no marcador dándolle moita tranquilidade as de Fran Toba para superar ao potente conxunto visitante.

Vindeiras citas
A vindeira semana o Fisober visita ao filial do Viaxes Amarelle, mentres o Meigas non vai fallar ante pechacancelas.
NOVAS DO FUTFEM
MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- O Fisober segue gañando.
- FSF: O Fisober segue colíder pelexando pola Promoción.
- Tropezo do Fisober na casa.
- No Fisober #Xogamostodas.
- O Fisober deixa vivo ao Meigas.
- O Fisober remata a primeira volta colíder cos mellores números da súa historia.
- FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo.
- O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria.
- FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.