xoves. 23.01.2025
El tiempo

FUTFEM: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”

O UC Cee feminino potencia
O Cee dedicou a vitoria a Lurs, lesionada a semana pasada
FUTFEM: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”

As Ligas da Costa FEM seguen de parón, e a vindeira fin de semana apenas se xogarán un par de partidos, de modo que os partidos aprazados a pasada xornada están para o propio 15, para o 29 e mesmo para a previa de Reis.

As que non pararon (si o fan o vindeiro domingo por partidos da Selección…) foron da 2ª Div., que celebraron unha xornada bastante positiva. Xallas e Cee sumaron 3 puntos ante rivais da zona media alta e se manteñen na cabeza do pelotón, gracias aos goles das súas pichichis. Olalla, que vai collendo forma tras estar máis dun mes lesionada, marcou dous, suma 9, e coloca ao Xallas na 2ª praza, a 3 do Pastoriza e empatadas con Orzán B e Tordoia. Algo máis abaixo, pero ben colocado na 6ª praza, queda o Cee, tras un gol da pichichi da categoría, Paula Veiga, no m.93. A malpicá do Unión suma 15 tantos, un máis que Eva Lema, para un Dumbría que non pasaba do empate ante o Tordoia, nunha ocasión para subir ao segundo vagón.

Brexo Lema - Cee (0-1)

  • Cee: Valeria, Martínez, Nerea, Uxía, Laura, Martínez, Naiara Vazquez, Nayara Casais, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño. Tamén: Noemi, Facal, Sabela e Minerva.
  • Gol: 0-1, m.93: Paula Veiga.

Vitoria emocionante do Cee no Pinares, nun partido no que lle costou en xeral ter o balón, se ben estivo moi serio atrás o cadro de Rafa sen permitir grandes ocasións do cadro local. Si que tiveron as azuis, a máis clara unha falta lanzada por Duarte e que detería a gardameta do Brexo cando se colaba por arriba.

Na segunda parte seguiase coa mesma tónica pero o Cee tivo máis o balón que na primeira. O Brexo Lema chegou a portería en contadas ocasións pero sen causar perigo algún. Tras varias intentadas polas nosas atacantes, Paula marcaría no último segundo tras unha boa xogada individual, dando tres puntazos fantásticos ao cadro ceense que non perde comba do grupo de arriba.

Xallas - Carral (2-1)

  • Xallas: Rosío, Cali, Barcia, Otero, Valeria, Noe Vimi, Sar, Facal, Espasandín, Mery e Olalla. Tamén: Patricia, Marta, Laura e Yaiza.
  • Goles: 1-0, m.27: Olalla; 1-1, m.40: Sabela Pousada; 2-1, m.82: Olalla.

Volvían a Fontenla tras un mes as xalleiras ante un rival directa que de gañar, as igualaba na táboa. As de Eloy García Fateira saían con ansia de dominar, e avisaban das súas intencións cun balón ao longueiro de Espasandín, ou ocasións de Noe, Barcia e Facal Olalla tería un man a man que a porteira rival estivo acertada, pero non fallaba á segunda, e superaba por alto dende fóra da área á porteira rival tras un roubo de Noe Vimi.

Empatarían as visitantes antes do descanso nunha xogada illada, na que collen mal posicionado ao equipo e a dianteira se adianta a un centro.

Na segunda parte, as visitantes saían máis intensas, e levando o dominio, pero cos cambios, o cadro xalleiro volvería ser quen de xogar entre liñas e dominar ao rival con balón. Oli, Yaiza, Espasandín e Barcia avisaban coas súas internadas por banda pero parecía que o balón non queria entrar ata que apareceu a maxia da zurda vimiancesa Vimi para lanzar un pase por encima das centrais e deixar soa a Olalla, que non fallou no man a man, e sentenciar a vitoria das xalleiras.

O Xallas coa Santa Comba

Dumbría - Tordoia (1-1)

  • Dumbria: Lissette, Noa, Carril, Mariña, Mai, Sabela, Claudia, María, Paula Fandiño, Eva Lema, e Kelly. Tamén: Lucía Martínez, Laura, Yoli, Carla e Lara.
  • Goles: 1-0, m.55: Claudia; 1-1, m.81: Tania.
Kelly no Dumbria-Toirdoa
Kelly no Dumbría-Toirdoa. Foto-CF Dumbría Feminino

O Dumbría non pasou do empate ante o Tordoia a pesar de terse posto por diante ao comezo da segunda metade. O Tordoia apretou e acabou igualando a contenda, evitando que o Dumbría se suba ao carro da loita pola promoción.

As de Santi Lira comezaban tendo o control do ritmo, pero co paso dos minutos as visitantes estarían cada vez máis cómodas, provocando imprecisións no bando local. Non se movería o marcador na primeira a pesar de haber ocasións nas dúas áreas. 

Xa na segunda metade, coas ideas máis clara ambos equipos, o partido se rompería e volvería un pouco frenético, marcando nese ida e volta o cadro local nunha xogada de Claudia. Parecía que o partido se puña de cara para as costeiras, que tiveron varias contra para sentenciar, pero perdoaron, e nunha xogada illada, preto do final, as visitantes porían o empate. Quedaron outros 10 minutos de ida e volta, que puideron ter decantado o choque para calquera bando, pero rematou en empate.

Todas as crónicas do FUTFEM

Máis info

Comentarios