venres. 24.01.2025
El tiempo

FUTFEM: O Xallas superou ao Dumbría

Dumbria-Xallas  -Foto-CFF Dumbria
Imaxe do Dumbría-Xallas-Fotos-CFF Dumbría
FUTFEM: O Xallas superou ao Dumbría

Recuperouse a actividade futboleira trala fin de semana do temporal, que provocou a suspensión de varios partidos, que serán disputados entre a finde do 15 (non hai Liga), do 29 e mesmo na previa de Reis (tendes os horarios en www.futboldacosta.com)

Pero a xornada tiña o foco de atención no Conco, onde Dumbría e Xallas medían forzas. Foron as verdes as que levaron os puntos tras unha tremenda remontada o que lles permite alonxar ás dumbriesas a 6 puntos.

Na Liga da Costa FEM, Corme e Ponteceso non fallaron e seguen ao seu, co Corme como único equipo invicto xunto coa Esteirana no grupo Sur. O Corcubión semella que vai estar aí, como demostrou ao vencer ao Mazaricos.

2ª División Feminina, xornada 12

Dumbría - Xallas (2-3)

Dumbria-Xallas  -Foto-CFF Dumbria 2

  • Dumbría: Sheila, Noa, Carril, Mariña, Mai, Claudia, Sabela, Kelly, Eva, María, Paula Fandiño,. Tamén: Lucía Martinez, Yaiza, Yoli, Carla e Lara.
  • Xallas: Rosío, Carla, Barcia, Mery, Otero, Espasandín, Valeria, Noe Vimi, Sara, Facal, Olalla. Tamén: Sonia, Marta, Carmen, Laura e Yaiza.
  • Goles: 1-0, m.11: Paula Fandiño; 2-0, m.25: Paula Fandiño de penalti cometido sobre Kelly; 2-1, m.51: Olalla a pase de Mery; 2-2, m.54: Otero tras un centro de Noe; 2-3, m.60: Olalla de fermosa falta directa.

Dumbria-Xallas  -Foto-CFF Dumbria 3

Intenso e tenso partido o vivido no Conco no choque que revivía a final da Copa do ano pasado. Saían moi intensas as visitantes de Eloy García Fateira, cun Dumbría de Santi Lira que intentaba sacar o balón dende atrás, buscando espazos e profundidade. Á saída dun córner, o balón quedáballe a Paula Fandiño que dende a frontal lucía a súa pegada para abrir o marcador aos 10 minutos de xogo.

O Xallas tiña un par de ocasións de Espasandín, Barcia e Olalla, pero era o Dumbría o que pegaba de novo por un penalti cometido sobre Kelly. O Dumbría botouse algo para atrás e o Xallas comezou a ter máis o balón, pero o marcador non se movería ata o descanso.

15 minutos de vertixe do cadro visitante permitiríanlle darlle a volta ao marcador. Co Dumbría máis metido aínda, cedendo espazo, e coas xalleiras máis intensas e gañando os duelos, aparecía a calidade de Olalla, que define tras un gran pase de Mery. O Xallas seguía percutindo, e de contado Otero fai o segundo, e sen tempo a recuperarse, Ollala fai o terceiro de impresionante libre directo pola escuadra.

Quedaba aínda media hora co partido máis roto, e co Dumbría intentando empurrar pero sen a claridade suficiente para poñer en perigo a vitoria xalleira.

Dumbria-Xallas  -Foto-CFF Dumbria Olalla
Fotos do CFF Dumbría

Cee - Carral (1-1)

  • Cee: Noemi, Lurs, Ramos, Nerea, Uxía, Martínez, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharaay Caamaño, Nayara Casais e Naiara Vázquez. Tamén: Valeria, Facal e Sabela.
  • Goles: 1-0, m.10: Paula Veiga; 1-1, m.75: Sara Regueira.

Partido de alta voltaxe no que predominou as disputas e balóns divididos. O Cee tería máis o control do balon e comenzou a ter varias ocasions de gol que non foron aproveitadas. O Carral, pola súa parte aproveitaba e armaba contraataques e tivo varias ocasións claras para adiantarse no marcador. Pero o Cee nunha xogada adiantariase cun gol de Paula, máxima goleadora da categoría xunto coa dumbriesa Eva lema, ambas con 14 tantos.

Tras o descanso a tónica do partido seguiu sendo a mesma e incluso con varias ocasións para aumentar a ventaxa. Pero nunha xogada illada o Carral iguala o resultado nun balón ao espazo tras unha recuperación defensiva, deixando a Sara Regueira só diante de Noemi.
Ao final o Cee intentou lvar os tres puntos pero sen fortuna. Mandar ánimo a Lurs que tivo que abandonar o campo tras mancarse da xeonllo.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 8

Soneira - Zas (2-0)

 Zas-Soneira da Liga Da Costa FEM-Foto-Sp Zas2
Zas-Soneira -Foto-Sp Zas
  • Soneira: Martina, Laura, Leila, Uxía Lema, Zoe, Cris, Albores, Carmen, Adriana, Sara, Kenny. Tamén: Paula, Cristal, Dani, Marcla e María.
  • Zas: Noelia, Lucia Ares, Carlota, Lorena, Lucia R, Andrea, Inés, Nerea, Nuria, Tania e Lara. Tamen xogaron: María, Sara, Olalla,Isa e Alvite.
  • Goles: 1-0, m.34: Kenny á saída dun córner; 2-0, m.53: Kenny de falta.
Zas-Soneira da Liga Da Costa FEM-Foto-Sp Zas 3
Foto-Sp Zas

Partido moi disputado entre dous equipos debutantes no que o Soneira levou a vitoria gracias a estar mellor nas dúas áreas. As xogadoras do Zas non entraron cómodas o partido en ningún momento e foron superadas en intensidade polas locais. E iso que a primeira ocasiñon foi das de Anxo Garrido cun balón longo que sorprendía ás locais. O Soneira tivo varias ocasións antes do primeiro tanto, obra de Kenny, pasada a media hora.

Repetiase o guión na segunda, pero o Zas saía con algo máis de empuxe, pero sen profundidade. Kenny ampliaría a vantaxe dos de Roland e Oli cunha falta. O Zas intentouno pero as súas chegadas só se producían a balón parado e eran ben solventadas polas xogadoras do Soneira que non pasou apuros para conseguir o 3 puntos.

Zas-Soneira da Liga Da Costa FEM-Foto-Sp Zas
Foto-Sp. Zas

Muxía - Fisterra (12-0)

  • Muxía: Vero; Irene, Marta, Nerea Pazos, Raquel; Denise; Patri Romaní, Ana, Claudia, Nerea Barrientos e Paula Rey. Tamén: Andrea, Estefanía, Marcela, Barca e Elsy.
  • Fisterra: Lucía, Ana, Tamara, Jenifer, Irene, Marcote, Aroa, Sandra, Jimena, Xaira e Paula. Tamén: Antía e Bego.
  • Goles: Nerea Barrientos (2), Patri Romaní (3), Claudia (2), Andrea, Paula e Barca (3).

Pouco que destacar do partido máis que a volta de Barca e Elsy aos campos polo bando muxián despois de longas lesións.

Corcubión - Mazaricos (2-1)

  • Corcubión: Helena, Elisa, Alexandra Lojo, Carla, Marta, Carla, Cris, Andrea Romero, Trini, María Castro, Sandra e Noa. Tamén: Tati, Antía, Andrea, Isa, e Iannone.
  • Mazaricos: Valeria, Graci, Antía, Silvia, María Senra, Fátima, Buján, Valentina, Claudia, Ánxela e Tamara. Tamén: Maneiro, Paula, Leire, Raquel, Lidia.
  • Goles: 1-0, m.15: Sandra; 1-1, m.42: en propia; 2-1, m.5: Andrea de falta.

As baixas obrigabana ao Corcubión a poñer a Helena, xogadora de campo, baixo paus. O choque comezaba con moito xogo no medio campo, pero sen un dominador claro. Ao cuarto de hora Sandra aproveitaba unha indecisión entre defensa e porteira mazaricá e abría o marcador para un equipo de Rubén Castillo que xa mandara un balón ao longueiro. Aí, o cadro dirixido o domingo por Nito Estalote, comezou a crear máis perigo, metendo atrás ao Corcubión, ata que xa contra o final da primeiro tempo, nun córner o cadro local márcase en propia.

Na segunda había unha dura por levar o control do balón, cun Mazaricos que non estaba cómodo. Avisaban as locais con ocasions de Noa e María ata que Andrea sacou da manga un golazo de falta que lle deu a vitoria ás branquiazuis.

Camariñas - Bergantiños (2-3)

Bergantinos B ante o
O Bergan B en Camariñas
  • Camariñas: Karen (Desiré), Laura Garrote, Rocío, Rosana, Uxía (Saray), Laura Pose, Aitana, Yara, Laura Paredes (Elena) (Leti), Alba (Maira) e Paula Mouzo.
  • Bergan B: Leyre, Arancha, María, Aroa, Clara, Lorena, Sara, Julia, Carmen, Ainhoa, Amelia. Tamén: Sabela, Antía Serrano, Antía Rojo, Zaira, Yoursa.
  • Goles: 0-1, m.17: Carmen; 0-2, m.20: Julia de fermosa vaselina; 1-2, m.40: Yara; 2-2, m.78: Yara; 2-3, m.86: Amelia.

Comezou moi ben o equipo de Noe Iglesias no Vicente Carril, máis intensas que as locais, que non estaban finas no xogo nin en actitude. en dúas xogadas case consecutivas, e tras varios achegamos á meta de Karem, Carmen e Julia abrían o marcador para as carballesas.

Reaccionaron as de Cabrejo e Pepucho, cunha talentosa Yara que creaba perigo cada que vez que pasaba o balón polos seus pés e acaaba recurtando antes do descanso.

Saíron moito máis metidas as locais na segunda, pero tamén o Bergan puido ter ampliado a vantaxe. Foi Yara a que conseguía o empate, a só 12 minutos do final. Pero un arreón das visitantes, co Camariñas buscando a vitoria, deille os tres puntos ás visitantes gracias a un tanto de Amelia no m.86.

camarinas fem-Rosana- Rocío e Laura Pose
As camariñás Rosana, Rocío e Laura Pose

Corme - Cabana (5-0)

  • Corme: Lucía, Saskia, Aroa, Irene (Laura); Candela (Aurora), Olalla, Ana (Salomé), Lucía, Carla (Carla Vázquez), Naroa e Cris.
  • Cabana: Miriam, Alison, María (Antia Torres), Laura (Begoña), Irene (Valeria), Inma, Alejandra, Saray (Aitana), Iria, Adriana (Nuria).
  • Goles: Cris, Naroa (x2), Carla (P) e Saskia.

Comezaba igualado o partido, cun Cabana que lle facía fronte ao líder, protagonizando chegadas nas dúas áreas. Pero a lesión de Irene, peza fundamental no esquema das de José Manuel, provocou que o equipo perdese empaque. Así a partir da media hora as de Rubén Souto comezaron a chegar máis e se adiantaban cun golazo de Cristina. Naroa aproveitaría unha indecisión entre a porteira e a defensa visitante e Carla de penalti poría o 3-0 antes do descanso.
No segundo tempo dominio total do Corme, con dous goles, e varias ocasións, como unha de Naroa á que sacou un paradón a meta Miriam, cun Cabana que aínda tivo que xogar con 10 varios minutos con 10 trala lesión de Iria.

Cerqueda - A Baña (1-3)

  • Cerqueda. Paula, JImena, Saray, Mariña, Antía, Mónica, Sonia, Raquel, Inés e Irene. Tamén: Carla, Kayla e Busto.
  • Goles: 1-0, m.28: Saray Veiga; 2-0, m.44: Saray Veiga.

Partido dominado polas de Miguel Ángel, tendo máis ocasións que a rival neste duelo de equipos da zona baixa.

cerqueda fem celebrando vitoria copia
O Cerqueda celebrando a vitoria

Pastoriza B - Ponteceso (1-3)

Ponteceso SD FEM en Pastoriza
Ponteceso SD en Pastoriza. Foto: SD
  • Ponteceso: María, Berdeal, Myre (Laura R.), Ainhoa, Noe (Lara), Silvia, Eva, Lago, Oanes, Muíño (Virginia), Claudia.
  • Goles: 0-1, m.17: Muíño; 0-2, m.34: en propia; 1-2, m.44: Yaiza; 1-3, m.89: Muíño dende 30 metros.
Eva Carril e JOseimar a capi do Pastoriza B
As capis Eva Carril e Joseimar co colexiado. Foto: SD

Bo partido do filial do Pastoriza no fermoso municipal ante un Ponteceso ao que lle custou levar a vitoria. As de Curro comezaron ben o partido, xerando ocasións dende os primeiros minutos e perdoando varias ocasión manifestas de gol. Muíño abriría o marcaor e pouco despois provocaría o segundo. Pero a medida que foi pasando o tempo, as xogadoras da Costa foron perdendo o ritmo mentres que as locais en ningún momento se viñeron abaixo. Isto levou a que, antes do tempo de lecer, o Pastoriza se metese no encontronun bo gol de córner.

Na segunda parte as locais fixeron sufrir ás pondalianas. Tiveron as locais ocasións para empatar o partido, pero non puideron cunhas visitantes que aguantaron ata o último suspiro final, cando Muíño daba alento cun golazo dende 30 metros.

3ª División Feminina, Gr.4, xornada 8

Esteirana - Taragoña (6-3)

  • Naira, Nerea, Marta, Terre, Sara, Martina, Lara, Leti, Sandra, Bárbara e Rut. Tamén: Gina, Dara, Lidia, Carla e Alba.
  • Goles: 1-0, m.4: Rut; 1-1, m.9: Laura; 2-1, m.25: Bárbara; 2-2, m.33: Teresa; 2-3, m.44: Marina; 3-3, m.49: Rut; 4-3, m.65: Rut; 5-3, m.66: Rut; 6-3, m.68: Rut.

Partido duro ante un dos mellores rivales da categoría no que ambos conxuntos tuveron que empregarse a fondo e non faltou emoción e intensidade entre a chuvia e os tronos. A primeira parte foi para o Taragoña, que non só entrou mellor no partido, senón que consigueu meter en campo propio ás da Salina con xogo directo buscando sempre o perigo con Laura e a capitana Tere, así e todo as locales conseguían bater primeiro con boas transicións que Rut e Bárbara superon definir, e puideron ainda ser máis de ter mellor puntería, pero os duelos e os balóns divididos caían case sempre do bando visitante e froito deso se chegou o descanso con 2-3 no marcador.

O paso polos vestuarios foi un punto de inflexión, e nada máis arrancar a reanudación o mando virou en ton roxazul por completo, as disputas, as ocasións e os goles non deixaron dudas e a fronte ofensiva das de Fran Figueroa con Bárbara asistindo e Rut facendo o que leva facendo desde o primeiro día, respaldadas por un equipo que non concedía en defensa e evitaba calquer intento de xerar dudas en area local. A de Carreira xa leva 24 goles en 8 partidos…

RUT Esteirana pichichi
Rut

Outes - Catoira (9-0)

Plantel do Outes feminino 24-25

  • Outes: Lúa, Alicia, Molinos, Miriam, Carla, Valeria, Graci, Uxía, Natalia; Laura e Gema. Tamén: Nati, Claudia, Paula, Xeila e Marinha.
  • Goles: Carla (5), Laura (4).

Empezaba o partido no Conchido, e como o clima as de Dani Salgueiro un pouco frias, o campo estaba rápido e o xogo no medio campo un pouco trabado. Pero pouco a pouco o equipo empezaba a funcionar e o balón xa lle pertenecía polo que o perigo empezaba a chegar polas bandas sobre todo. Entre o minuto 20 e o 40 as da Serra marcaron 6 goles, destacando Carla e Laura pero tamén Alicia e Gema controlando o medio campo.
No descanso Carla e Laura avanzaban no seu pique interno e os cambios que entraron no campo continuaron co bo facer do equipo.

Outes celebrando a vitoria
O Outes celebrando a vitoria

As Miúdas - Milladoiro (7-0)

  • As MIúdas: Siaba, Atenea, Leire Lamela, Leire Gallardo, Sabela, María Gonz., Adriana, Cris, María Garía, Paty. Tamén: Ximena, Noa, Carlota e Iria.
  • Goles: Paty (4), Ximena, Sabela e Clara.

Partido que comezaba disputado pero que Paty rompía aos 20 minutos, e permitía que a cada minuto maior fose o control das de Mané Senande, que espera poder recuperar ás lesionadas tralo parón de nada.

As miudas celebrando vitoria
As Miúdas celebrando a vitoria

Todas as crónicas do FUTFEM

Máis info

Comentarios