Martes. 30.04.2024
El tiempo

FUTFEM: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca

Muxia CF-Sd Fisterra feminino en Arlina-Foto-Marina Busto
Imaxe do derbi entre Muxía CF e SD Fisterra en Arliña-Foto-Marina Busto
FUTFEM: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca

Máis aberta que nunca está a Liga da Costa Feminina. O Muxía conseguía gañar o primeiro derbi da historia do fútbol feminino costeiro ante o Fisterra, e facíao sen Patri nin Barca. 3 puntos que as deixan líderes en solitario polo descanso do Dumbría. Preto están Corme e Cabana, pero tamén nesa zona alta xa se van colocando Ponteceso, Corcubión e Mazaricos.

Na 2ª, Vitorias de Xallas, no derbi ante as Miúdas, e Cee, que as consolida na zona morna, mirando máis cara arriba que cara abaxio, nesta competición que se presenta moi igualada onde non hai rival cómodo.

2ª DIV. FEMININA, XORNADA 5

Xallas - As Miúdas (2-0)

  • Xallas: Rosio; Carla, Saskia, Maite, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Paula Barcia, Yasmina e Olalla. Tamén xogaron: Inés, Zaira, Leti, Laura e Paula Gándara.
  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Leire, Gala, Naiara, Marta, Sofía, Cristina, Sabela e Pati. Tamén: Alba, Adriana e Ana Romero.
  • Goles: 1-0, m.27: Andrea Otero; 2-0, m.44: en propia.

Bo espectáculo o ofrecido no municipal de Fontenla, cunha primeira metade moi intensa, cun Xallas máis dominador ante un cadro muradán ben asentado atrás. As xalleiras só conseguiron romper a tea de araña das de Lucho en dous córners, mesmo aproveitando un gol en propia meta ao fío do descanso que facía moito dano.
As Miúdas tamén tiveron algunha boa ocasión nas botas de Pati que non atinou diante de Rosío.

A segunda metade foi de menos intensidade, pero competindo moi ben os dous conxuntos.

Cee - Milagrosa (3-0)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Nerea, Laura, Sabela, Paula Veiga, Saray Duarte, Lucía Caamaño, Nayara, Lucía Martínez e Sharay Caamaño. Tamén: Lucia Sieira, Ariana e Antía.
  • Goles: 1-0, m.79: Paula Veiga; 2-o, m.82: Saray Duarte; 3-0, m.85: Sharay Caamaño.

Tardou o Cee en abrir a lata malia estar todo o partido percutindo na área lucense. E tanto foi o empuxe que cando caeu o primeiro, a 10 do final, da man de Paula Veiga, caeron 3 seguidos para manter ao cadro da Xunqueira en zona morna.

2ª DIV. FEMININA, XORNADA 5

Camariñas - Cabana (0-3)

  • Camariñas: Alejandra, Laura Garrote, Rosana (Ana Barros, m.75), María, Uxía (Bea, m.46), Cris Mouzo (Natty, m.60), Nuria, Laura Pose, Carla (Maira, m.46), Saray (Daniela, m.80), Paula.
  • Cabana: Míriam, Idania, Sheila, Aroa, Valeria (Antia Torres), Inma, Iría (Aitana)), Irene, Alison (Jessi), Adriana (Marina), Saray (Alejandra).
  • Goles: 0-1, m.11: Irene de falta directa; 0-2, m.52: Irene de penalti; 0-3, m.80: Alison.

Moito xogo no medio campo nunha primeira metade moi igualada e sen apenas ocasións de gol. Así, o primeiro tanto das cabanesas chegaría de falta directa. Pouco a pouco o Camariñas foi medrando e tivo bos minutos antes do descanso tendo varias ocasións, sobre todo unha gran xogada entre Laura Pose e Paula, que desbarataría a porteira Miriam cunha gran parada.

Apretou máis o Camariñas no segundo tempo e Míriam tuvo que empregarse de novo a tope en varios tiros das Paula, Nuria e Maira, convertíndose na protagonista do partido. E nunha das poucas chegadas que conseguía o cadro cabanés ao comezo da segunda, segundo tanto, tras un penalti cometido sobre Alison que transformaría Irene de novo. As locais, que dominaban territorialmente, pediron un penalti na área cabanesa, pero non conseguiron recurtar, ata que nun contragolpes Alison poñia o terceiro do Cabana que sentenciaba o partido.

Bergantiños B - Mazaricos (0-1)

  • Bergantiños: Sofía; Aroa Varela-Valeria-Sara-Ainhoa; Antía-Clara-Jimena-Carla; Aroa García. Tamén xogaron: Arancha, Ari, Iria e Andrea.
  • Mazaricos: Valeria, Carlota, Graciela, Silvia, Mariña, Fátima, Iria, Antía, Claudia, Ánxela e Tamara. Tamén: Saray, Lúa, Leire, Iria e Raquel.
  • Gol: 0-1, m,30: Graciela.

Igualado partido nas Eiroas, cun Mazaricos que intentaba combinar e entrar por banda ante un Bergantiños moi ben defensivamente. Se o cadro de Rachón comezaba ben, as locais comezaron a mandar co paso dos minutos. Un único erro na saída de balón cando mellor estaban as carballesas, costoulle caro ao cadro de Nacho, pois un roubo de Graciela no borde da área significaba o primeiro e único tanto do partido.

O filial intentouse vir arriba, pero non estiveron acertadas cara gol e o papel defensivo das amarelas foi impecable, apoiadas ademais nunha gran Valeria baixo paus, parando e transmitíndolle moita calma a todo o equipo.

A seriedade das visitantes na segunda parte permitiu manter lonxe da súa área ás locais.

Muxía - Fisterra (1-0)

Muxia CF feminino en Arlina-Foto-Marina Busto
O Muxia CF arroupado polos Corviños en Arliña-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Sheila, Andrea Piroja, Paula, Marta, Raquel, Elsa, Claudia, Irene, Nuria, Nerea Barrientos e Andrea Insua. Tamén: Paula Rey, Denise, Sara, Xeila e Marcela.
  • Jeni, Paula, Ana Buiturón, Lidia, Tamara, Elena, Xaira, Jimena, Aroa, Tati, Irene. Tamén: Elisa, Antía, Zeltia e Rosa.
  • Gol: 1-0, m.50: Andrea Piroja de falta lonxana.
Muxia CF-Sd Fisterra feminino en Arlina-Foto-Marina Busto.JPG 2
Foto-Marina Busto

Con moitas baixas chegaban os dous equipos a este histórico primeiro derbi do fútbol femiinino costeiro entre Muxía e Fisterra. As de Congui e Isma non podían contar con Patri e Barca (aí é nada) mentres que Fran non contaba con Andrea nin a meta Lucía.

Saían as locais con presión alta, coma sempre, intentando non deixar saír ás fisterrás. Pero non había grandes ocasións, e o xogo desenvolvíase na parte central.

Nada máis sair dos vestiarios Andrea Piroja marcaba de falta lonxana. A partir de aí, o partido abriuse e converiuse nun ida e volta, con ocasións nas dúas áreas. O Fisterra ía envorcando o campo, pero non estaban acertadas mentres que as contras do Muxía tampouco eran definitivas.

Muxia CF feminino en Arlina celebrando un gol-Foto-Marina Busto
As muxiás celebrando o gol de Andrea Piroja-Foto-Marina Busto

Corcubión - Cerqueda (2-0)

  • Corcubión: Elena, Alexandra Lojo, Victoria, Carla, Helena, Cris, Claudia, Andrea, Paula Trinidad, María Castro, Ana Sierra. Tamén: Elisa, Marta lavandeira e Sara Dom.

UD Cerqueda feminino outubro 23

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía Rod., Uxía, Tatiana, Tania, Irene, Sonia, Raquel, Vanesa, Inés Tamén: Paula Casal, Alba e Isa Amado.
  • Goles: 1-0, m.20: Ana Sierra; 2-0, m.54: María Castro cun tiro axustado ó pau desde o vertice esquerdo da área.

Primeira vitoria na casa do Corcubión a pesar das naixas, ante un Cerqueda que aínda non coñece a vitoria. Comezaron as locais de Rubén Castillo máis intensas, aproveitando diferencia de físico, e facendo boas chegadas polas bandas. Ana Sierra, que volvía ao 11 inicial, marcaba nun corner, despois de ter avisado cun balón ao longueiro.

As de Dani Reixía reaccionaron e intentaron, á contra, e superando a boa presión das locaisl, o empate, pero non chegaban a crear verdadeiro perigo.

Na segunda, as visitantes estiveron mellor colocadas, con algunha ocasións para empatar. Pero era María Castro a que puña pronto a sentenza. A partir daí o poderío físico do Corcubión permitiulles ir controlando o partido ata o final.

Ponteceso - Outes (11-0)

Ponteceso-Outes fem 2

  • Ponteceso: María (Colores, m.46), Myre (Mantiñan, m.46), Ainhoa, Berdeal (Lucivili, m.55), Noe (Laura R, m.46), Silvia, Oanes, Eva, Andrea, Noemí (Amado, m.55), Claudia.
  • Outes: Sole, Claudia Otero, Claudia Carou, Xeila, Natalia, Paula Caamaño, María, Nerea, Carla, Miriam, María Molinos. Tamén: Lara Ces, María Romero, Sole Lago, Valeria, Mariña.
  • Goles: Claudia (3), Noemi, Myre, Eva Carril (2), Andrea (3), Silvia.

Ponteceso-Outes fem

Con bastantes baixas se presentaba o cadro de Dani no Pinguel, e levaro unha goleada dada a diferencia de experiencia entre os dous equipos, pero tamén voltaron agradecidas polo trato excelente brindado dende a familia pontecesá.

Xa aos 10 minutos perdían por dous goles as da Serra, que sufrían varias lesións na primeira metade. As de Curro amosaron que están unha marcha por riba e foron marcandosen deixar ás visitantes do seu campo.

Corme - Noia B (5-3)

  • Belén; Carla Vázquez (Olalla), Irene, Aroa, Aurora (Ana); Nerea (Salomé), Lucía, Carla, Nati (Cecilia), Cris e María (Mónica)
  • Goles: 0-1, m.9: María Hermida; 1-1, m.10: María; 2-1, m.34: María; 3-1, m.50: Cris; 3-2, m.52: Marta Sanles; 4-2, m.55: Carla; 4-3, m.89: María Queiruga de penalti; 5-3, m.92: Carla.
Corme co Noia B feminino-Foto-Fin Lema
Foto-Fin Lema

Partido vibrante o vivido no Cairo contra un Noia B moi novo pero con moitas ganas de competir que nunca se foi do partido e nos obligou a estar en tensión ata o pitido final. Sorprendían cun balón ás costas da defensa as visitantes e se metían por diante. Pero as de Rubén Souto reacionaban rápido e marcaban un minuto despois do empate. Tras dominar a primeira metade, María facía o segundo antes o descanso.

Marcaba o terceiro Cris, pero dous erros permitían ás da Barbanza, meterse no partido cun penalti sobre o pitido final. Afortunadamente Carla sentenciaba no desconto.

Ademais da vitoria, a mellor nova do partido e a volta as campos da capitana Olalla. Logo de ser mamá fai apenas un mes e medio, volvía a disputar uns minutos na segunda parte, “a mellor fichaxe posible para o vestuario, sen dúbida”.

 

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios