Luns. 04.11.2024
El tiempo

FutFem: Preparándose para a Fase de Ascenso

Fer adestrador das Miudas
Fer, adestrador das Miudas
FutFem: Preparándose para a Fase de Ascenso

Tras 6 vitorias consecutivas, as Miúdas non pasaban do empate ante un Noalla da parte baixa. Un equipo que se lle dá mal ás muradanas e que lle arrebatan a posibilidade de meter presión a un Concello de Boiro que escapa na 2º praza.

Polo norte da bisbarra tamén tocou derrota. Mal partido dun relaxado Bergantiños mermado polas baixas, que desaproveitou unha boa oportunidade de abrir unha brecha na clasificación entre os equipos que desexan xogar a fase de ascenso. Aínda así, as de Gueli manteñen a 8ª praza, cun punto de vantaxe sobre o Arzúa.

Unha fase de ascenso na que se meterán do 2º ao 8º posto dos 4 grupos da 2ª. Os 4 campións de grupo xogarán unha fase, ascendendo dous e volvendo a segunda fase os dous perdedores. Nesa fase, entre 30 equipos disputaranse as dúas restantes prazas en eliminatorias cruzadas, tendo que superar ata 5 roldas, sempre disputándose entre Gr.1-Gr.2 e Gr.3-Gr.4, de xeito que os equipos costeiros non se enfrontarán.

2ª División, Gr. 3, xornada 23

  • Resultado: As Miúdas - Noalla (2-2)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Isa, María de Pastora, Martina, Laura, Antía, Bárbara, Gala, Marta e Eva. Tamén xogaron: Pati, Lucía e Natalia.
  • Goles: 1-0, m.15: Bárbara; 2-0, m.20: Eva; 2-1, m.40; 2-2, m.60.

Empezaron moi ben as Miúdas o partido, dominando todas as facetas do xogo, mantendo a posesión do balón, recuperándoo con facilidaide cando o perdían, e chegando á área rival. Así, en 20 minutos, as Miúdas facían dous goles nos primeiros 20 minutos.

Pero cambiou o panorama. O Noalla dou un paso adiante, dificultando a circulación de balón en medio campo, e no treito final da primeira parte, nunha xogada illada, o equipo contrario conseguía recurtar distancias.

No segundo tempo igualouse máis o partido. Non conseguían as locais darlle velocidade ao xogo, nin facerlle chegar balóns en condicións ás dianteiras. Ante a presión visitante tiveron que buscar balóns directos que batían unha e outra vez coa seria defensa visitante.

Chegaría aí neses munitos un empate que faria moito dano nas filas muradás, que fixeron de tripas corazóns e o intentaron ata o final, creando bastante perigo nos últimos minutos, sendo a máis clara unha falta dende a frontal, que marchou rozando o longueiro.

2ª División, Gr. 2, xornada 23

  • Resultado: Bergantiños - Santiso (1-2)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Paula, Eva (Rabuñal, m.60), Seo, Martasa, Lore, Torrado, Carla, Noe, Canosa e Isa (Tania, m. 75).
  • Goles: 0-1, m.30: de penalti; 1-1, m.35: Noe; 1-2, m.37.

O partido empezaba moitísimo ritmo por parte do conxunto carballés e con algunha tímida ocasión, pero sen crear demasiados apuros á porteira visitante. Aos poucos as visitantes fóronse achegando á portería de Lara e aos 25 min. Isa podía adiantar ao Bergan pero o seu disparo iríase fóra por pouco. Na seguinte xogada Dulce adiantaba ao Santiso ao tran formar un penalti. Tres minutos despues Noe empataba ao definir ben nun man a man. Pouco duraría a alegría cando as visitantes volvíanse a adiantar ao aproveitar un fallo defensivo.

Na segunda parte as xogadoras de Gueli saíron con todo pero quedaba claro que non era o mellor día para as locais. Noe, Isa Carla e Canosa disporían de ocasións de gol pero o balón non quería entrar. Defensivamente o equipos e mostraba mellor e case non concedeu ningunha ocasión clara ao seu rival. Finalmente o marcador xa non se movería e as carballesas desaproveitaron unha boa ocasión de eliminar a un rival na loita pola fase de ascenso.

Todas as novidades do FutFem

Comentarios