Mércores. 16.10.2024
El tiempo

FUTFEM: O Xallas rompe a serie de empates nos derbis

  • As máximas goleadoras dos dos grupos son costeiras
Ponteceso-O Burgo
Imaxe do Ponteceso-O Burgo
FUTFEM: O Xallas rompe a serie de empates nos derbis

Novo derbi houbo esta fin de semana, pero por unha vez non rematou en empate. O Xallas venceu ás Miúdas, e se mantén na zona noble da táboa, a só 2 puntos das líderes, o Calo. Detrás segue un firme Cee, e se achega un Dumbría que rompeu, por fin, e que goleou a todo un Praíña, equipo que chegaba 2º na táboa.

Polo Norte, vitoria do Corme, empate do Ponteceso e derrota, xa competindo, do Cerqueda.

Ademais, en F7, o Corcubión descubriu como é o sabor da derrota tras 5 vitorias seguidas.

Cómpre destacar que temos as máximas goleadas do Gr.4, coa xalleira Olalla no máis alto con 15 goles en 9 partidos, polos 12 da dumbriesa Ainoa e os 11 das ceenses Lucía Canosa e Nerea e a dumbriesa Fandi. No Gr.2, a cormelá Naroa leva tamén unha cantidade tremenda, 16 goles, que a coloca como pichichi empatada con Laura Raña, do Abellá.

2ª División, Gr. 2, xornada 9

Xuv. Crendes - Corme (2-4)

  • Corme: Carmen; Lucia (Aurora), Laura, Irene, María; Olalla, Ana, Carla, Nati (Candela); Julia (Cris), Naroa.
  • Goles: 1-0, m.1; 1-1, m.5: Irene; 1-2, m.7: Naroa; 1-3, m.30: Naroa; 1-4, m.75: Naroa; 2-4, m.89.

Comezaba o partido e o Corme xa encaixara un gol de falta sen decatarse. Así que as de Rubén Souto tiveron que poñer o mono de traballo. Pronto reaccionaron e 5 minutos máis tarde Irene e Naroa xa lle deran a volta ao marcador. Seguían chegando ocasións claras pero só Naroa conseguía facer o terceiro.

Na segunda parte xogouse máis ben pouco por parte dos dous equipos, anotando Naroa o terceiro na súa conta particular que lle daría a tranquilidade para acabar o partido.

Cerqueda - Almeiras (1-3)

  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Mónical, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Inés, Mariña e Isa. Tamén: Uxía, Sonia Carla Fondo e Carla Varela.
  • Goles: 0-1, m.8; 0-2, m.40; 0-3, m.84; 1-3, m.86: Pauliña Veiga.

Moito mellor a imaxe que ofreceu o Cerqueda dos Guillamet que nos últimos encontros, aínda que pagou caros os seus erros na primeira metade e marchou 0-2 no marcador. Na segunda estiráronse as costeiras, que pisaron área contraria e dispuxeron de ata 4 boas ocasións, sendo Pauliña a que marcou o gol de honra.

Ponteceso - O Burgo (2-2)

Ponteceso feminino 11

  • Ponteceso: Colores, Ramos, Lucía, Andrea Varela, Eva, Muíño., Myre, Ainhoa, Sabrina, Miriam, e Silvia. Tamén: Noe, Lucía Vila, Saray, Noe Martínez e Berdeal.
  • Goles: 1-0, m.1: Andrea Varela; 2-0, m.29: Muíño; 2-1, m.33; 2-2, m.41.

Gran ambiente no Pinguel para ver as pondalianas, que saían presionando moi arriba. E nada máis saír, tras un roubo Muíño filtraría un pase as costas das centrais e onde a Killer Andrea non fallaría o man a man ante a porteira visitante. Non baixou o pistón o cadro de Curro, con varias chegadas de Muíño, Andrea e Lauriña, sendo a todoterreo Muíño a que batíría a meta visitante tras asistencia de Myre para facer o segundo.

E do que poido ser a sentencia local nun córner sacado por Eva con varios rexeites na área pequena onde o balón non quixo entrar, sacaría unha contra o Burgo que lle permititía meterse de cheo no partido. O empate chegaría o fío do descanso tras unha moi protestada falta na liña frontal da área do cadro local.

A segunda non houbo goles pero foi un partido de ido e volta, con ocasións nas dúas áreas, sendo a meta local Colores unha das grandes protagonistas. Na outra área Andrea e Muíño tiveron tamén a vitoria nos seus pés.

 

2ª División, Gr. 4, xornada 9

Xallas - As Miúdas (2-1)

  • Xallas: Rosio: Laura, Saskia, Ali, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Inés, Olalla e Yasmina. Tamén xogaron: Xastia, Nuria e Paula Barcia.
  • As Miúdas: Adriana, Ximena, Marcela, Laura, Marta, Marina, Sofía, Paula, Saray, Leti e Pati. Tamén: Exía, Elba, Noa, Gala e Ana.
  • Goles: 1-0, m.35: Yas; 2-0, m.51: Yas; 2-1, m.82: Marcela.

Fermoso derbi o vivido no Municipal de Fontenla. Arrincaba o partido co Xallas de Rupper buscando ter o balón ante un cadro muradán dirixido por Lucho, esperando atrás, pero mantendo firme a meta defendida por Adriana. De feito, a meta visitante fixo tres paradas de gran mérito durante a primeira media hora, e só Yasmina conseguía batila no man a man tras unha asistencia de Olalla. Na outra área, Rosío tamén salvaba algunha boa ocasión.

Na segunda, o Xallas ratificou o seu dominio de balón, e pronto Yas facía o seu segundo, desta volta un auténtico golazo dende fóra da área, tras unha combinación con Barbeira e María e Yasmina.

Non se conformaron as muradás, que se foron arriba, e chegaron unha e outra vez á meta de Rosío. Marcou Marcela, pero non houbo tempo para completar a remontada.

Dubra - Mazaricos (1-2)

mazaricos CF futfem

  • Mazaricos: Araceli, Claudia, Saray, Fátima, Antía, Tamara, Buján, Lúa, Daniela, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Raquel, Natasha, Iria Hermida, Silvia e Valeria Peta.
  • Goles: 1-0, m.38; 1-1, m.79: Ánxela; 1-2, m.86: Iria Hermida.

Foron mellores as mazaricás, pero acabaron sufrindo para conseguir remontar e levar os 3 puntos. O Dubra buscaba xogo á contra onde conseguían chegar un par de veces á portería de Araceli pero sen perigo. María Senra tivo sucesivos mans a mans pero nn conseguía materializar. Ao final da primeira parte nun balón en largo consegue adiantarse o cadro local. Logo deste mazazo entráronlle dúbidas ás costeiras pero rápido chegou o descanso para recompoñerse.

Con defensa de 3 saían as amarelas, onde Claudia, Silvia e Valeria moi atentas. O equipo de Borja chegaba e chegaba pero no foi ata 10 antes do final, cando un bo centro lateral de Claudia era rematado por Ánxela á escuadra. Foi un acicate o tanto e as amarelas volcáronse pola vitoria, e no minuto 86 Natasha mételle un pase entre liñas a Iria Hermida que finalza con gol no man a man. Partido duro contra un rival que competeu e defendeu moi ben durante todo o tempo.

Cee - Victoria FC C (4-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Saray Duarte, Ruth, Lucía Caamaño, María Lijó, Lucía Martínez e Laura. Tamén: Sharay Caamaño, Uxía, Antía.
  • Goles: 1-0, m.4: María Lijó; 2-0, m.26: Nerea; 3-0, m.60: Nerea; 4-0, m,65: Ruth.

Probaturas na formación do equipo de Rafa e coa intención de seguir mellorando. E saíu ben. A pesar de ter enfronte un equipo moi ben prantado, as costeiras conseguían manter a porta a certo e facer dano arriba. Pronto Lijó abría o marcador. Nerea ampliou a renda antes e despois do descanso, e as ceenses controlaron o partido en todo momento.

Dumbría - Praíña (7-0)

Dumbria estreou  WEICON Ibérica. Foto de Marta (Inforneria)
Dumbria estreou WEICON Ibérica. Foto de Marta (Inforneria)
  • Dumbría: Lía, Noa, Carril, Yaiza, Martina, Eva, Kelly, Juliette, Fandi, Ainoa e Claudia. Tamén xogaron: Naira, Sabela, Yoli, Reyes e Paula Rguez.
  • Goles: 1-0, m.2: Juliette; 2-0, m.25: Fandi; 3-0, m.28: Ainoa; 4-0, m.42: Fandi; 5-0, m.46: Kelly de penalti; 6-0, m.63: Ainoa; 7-0, m.80: Yolanda.
Dumbria fem-Liuss
Foto: Veteranos Dumbría

Chegaban ao Conco o 2º clasificado, que só perderan contra as líderes, Calo, e levaron unha boa malleira. O equipo de Fran Figueroa por fin rompeu, e sacou a súa mellor versión apoiadas dunha nunha afección volcadísima.

Nada máis saír Juliette xustificaba a súa titularidade co gol que abría o partido. A presión alta, o xogo combinativo e a velocidade en bandas foron a tónica dun encontro que se levou practicamente por completo en terreo das visitantes. O Praíña non atopaba o seu sitio no campo pola rapidez coa que as dumbriesas recuperaban o balón, así e todo a única ocasión da que dispuxeron atopouse con unha Lía que nunha boa estirada mandaba o balón a córner.
Ainoa e Fandi rubricaron un doblete cada unha e tamén fixeron de asistentes, Kelly materializou un penalti sacándose a espiniña do punto fatídico e Yoli tamén debutou como goleadora nun dos goles máis celebrados nesta comunión de grada e xogadoras.
Naira, que defendeu a portería na segunda parte evitou con moita seguridade as duas ocasións das que dispuxeron as visitantes.

Dumbria Feminino
Foto: Veteranos Dumbría

Liga de F7 A Coruña, xornada 6

Corcubión - Relámpago (1-3)

  • Corcubión: Elena, Vivi, Cris Rojas, Marta Santiago, Ana, Sara Cubelo, Carla Lema. Suplentes: Adriana, Marta Lavandeira, Maruxa e Claudia.
  • Goles: 0-1, m.15; 0-2, m.20; 1-2, m.30: Marta Lavandeira; 1-3, m.40.

O domingo pola mañá o UD Corcubión feminino enfrontábase en casa contra un dos rivais de alta posición na táboa e cun elevado nivel de táctica e xogo, o Relámpago SD, atopándose o equipo local coa súa primeira derrota. A primeira parte golpeou duro ás corcubionesas e á fiel afección con dous goles en contra e coa lesión dunha das súas xogadoras. Unha lesión que se suma ás que xa abondan, pois parece que as lesións non deixan de aparecer no equipo.
Non obstante, isto non supuxo o rendemento das locais que, no segundo tempo, entraron ao terreo de xogo con ganas de remontar o partido. Coa asistencia de Cris Rojas, Marta Lavandeira marcaba un gol que provocaba unha revolución de emocións na grada.
Pero un último gol do Relámpago SD colocaba o marcador nun 1-3 que as corcubionesas, pese ao seu xogo, non lograron modificar.

A incondicional afección corcubionesa continúa facendo que partidos coma este se convirtan nun auténtico espectáculo, apoiando ao seu equipo ata o final e a pesar do resultado.

A TRIBUNA FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM

Comentarios