Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores

Imaxe do Cerqueda-Xallas da semana pasada feminino
Imaxe do Cerqueda-Xallas da semana pasada- Foto: UD
Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores

Descansaba o Bergantiños na 1ª e o Xallas na 2ª, e o resto de equipos case que contaron partidos por empates. Agás as Muídas, que caía ante o potente Cacheiras, Cee, Cerqueda e Mazaricos sumaban sendos empates. Empates con distinto sabor de boca, pois se o do Cerqueda ante as 2ª, soubo doce, o do Cee ante o Noia foi moi agrio. As de Rafa tiñan o partido controlado ante o líder, con posibilidade de case alcanzalas no alto da táboa, pero en 5 minutos se torceron as cousas quedando o choque nun empate, que ademais deixa ás ceenses provisionalmente fóra dos 3 postos que dan acceso á fase de ascenso.

Tamén empatou o Mazaricos en Trazo, e o cadro amarelo mantense colider xunto co Terra de Montes.

 

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 14

Cee - Noia (3-3)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Ruth, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Saray Duarte, Andrea, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Laura, Lucía Facal, Sabela, Antía e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.6: Saray Duarte; 1-1, m.21; 2-1, m.36: Lucía Martínez; 3-1, m.65: Sharay Caamaño; 3-2, m.67; 3-3, m.58.

”Non pode ser tan inxusto o fútbol”, reflexionaba un cabreado míster ceense tralo acontecido o domingo no Platas Reinoso. O cadro ceense puido golear, tras unha primeira metade moi boa, e con varias ocasións para sentenciar co 3-1 xa no marcador, mesmo pensando que lle podían dar a volta ao golaveraxe do partido de ida, que rematara 6-0 para as noiesas.
Pero todo torceuse en 2 minutos no ecuador da segunda metade, cando tralo terceiro gol das ceenses, chegaron dous erros seguidos que permitiron empatar en dúas xogadas cosecutivas ás visitantes, rematando así o partido cun resultado bastante inxusto tralo visto no campo.

Calo - Cerqueda (2-2)

  • Cerqueda: Lidia, Lucía Rod., Sabela, Naroa, Paula Veiga, Raquel, Ana Suárez, Natalia, Saskia, Lorena e Eva. Tamén: Nuria e Cris Veres.
  • Goles: 0-1, m.3: Paula Veiga; 1-1, m.79; 2-1, m.81: en propia meta; 2-2, m.82: Ana Suárez.

Partido competido e igualado na visita ao Calo. Saíu enchufado o cadro de Jorge Guillamet desde o primeiro minuto e foi nunha acción de córner onde se adiantou o equipo visitante, que xogou unha gran primeira parte sobre todo no apartado defensivo onde en toda a primeira parte só concedeu unha ocasión de gol.

Máis do mesmo na segunda parte onde o Calo subiu o ritmo pero só a balón parado conseguiu levar perigo sobre a portería visitante e en 2 minutos conseguiu remontar o partido con 2 córners, primeiro un mal despexe cara á frontal e despois un gol en propia meta fixeron que as locais tomasen vantaxe pero foi Ana Suárez a que empataría o partido de novo tras aproveitar un rexeite dun gran tiro de Paula para poñer o 2-2 final no marcador.

As Miúdas - Cacheiras (0-7)

  • As Miúdas: Noa, Uxía, Clara, Mariña, Sofía; Adriana (Alba), Leticia, Marta, Pau, Saray e Paty.

Con moitos problemas de efectivos seguen as de Juan Carlos, que aguantaron ben colocadas a primeira media hora pero un erro nun pase atrás permitiu abrir a lata e xa se viñeron abaixo as locais e acabaron sucumbindo, cun claro 0-4 ao descanso. O Cacheiras foi superior, tecnicamente unhas rapazas con grandes cualidades e tacticamente un equipo moi ben traballado... para moitos o mellor da categoría.
Así e todo, as muradás seguen pelexando ata o final e hai que valoralo.

 

Liga F7, Santiago, xornada 10

  • Resultado: Trazo - Mazaricos (1-1)
  • Mazaricos: María Pedrosa, Graci, María Senra, Tamara, Anxe, Lúa e Lucía Freire. Tamén: Daniela, Claudia, Carla, Natasha.
  • Goles: 0-1, m.17: Graci; 1-1, m.27: de penalti.
p>Enfrontábanse os dous equipos que estaban, e siguen, invictos nesta liga de F7. Desde o principio se notou o respeto que se tiñan ambos equipos. O Mazaricos intentaba saír combinando pero a boa presión das locais non o permitía. Cando mellor se sentía o Trazo, superior nos primeiros minutos chegou o gol das marelas, Graci finalizaba unha xogada ensaiada a saída dun córner botado por Lúa. Así se chegaría ao descanso.
Xa no comezo da segunda o partido seguía a mesma liña, con moita intensidade e poucas ocasión. O gol do empate chegaría de penalti. O partido seguía na mesma dinámica, con algún tiro lonxano moi desviado, polo cal remaría en empate.

 

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum Futfem Galego

Comentarios