Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas

Cerqueda-Xallas fem
Imaxe do Cerqueda-Xallas. Foto: UD
Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas

Comeza a normalidade nas Ligas femininas. Unha normalidade que permite, ademais de intercambiar os cromos, afrontar os partidos con maior tranquilidade.

Así lle acontece ao Bergantiños, líder indiscutible da 1ª División Galega. As de Gueli superaron un complicado partido ante as Antas, e suman 3 puntos máis que o Lugo, tendo un partido menos (quedan só 4 xornadas da primeira fase), polo que xa teñen as miras postas no ascenso á categoría Nacional. De feito, veñen de reforzarse coa Zaida Táboas Bermúdez, unha dianteira de 19 anos, natural de A Coruña, procedente do Victoria C.F.

Zaida Taboas ficha polo Bergantinos

Na 2ª División, o Cee, con baixas importantes, caía no desconto ante un bo Caheiras e ve como o Noia se lle escapa lixeiramente. Se ben as Miúdas descansaba, Cerqueda e Xallas asinaron unhas táboas que non lles serven as malpicás para engancharse aos postos de arriba.

No F7, o Mazaricos segue líder.

1ª División Feminina, xornada 14

Antas - Bergantiños (1-2)

bergan fem

  • Bergantiños: Andrea, Noelia, Tati, Elena, Laura Caamaño, Paula Sieira, Marián, Yaiza, Inés, Alba e Cruz. Tamén: Seo, Lorena, Laura Torrado, Zasida e Sara Pita.
  • Goles: 0-1, m.33: Cruz define ante a porteira; 1-1, m.60; 1-2, m.62: Marián dende fóra da área pola escuadra cun bo golpeo.
Formulábase un choque moi complicado nun campo moi pequeno, onde só o Friol conseguira sumar, ante un rival que ten un xogo moi directo e aproveita moi ben o balón parado. Adaptáronse as de Gueli, que souberon remar. A primeira metade foi bastante igualado, con chegadas nas dúas áreas, precisamente a balón parado. As porteiras e as defensas foron protagonistas, se ben Cruz seguíu a súa liña goleadora a un só tanto da pichichi da categoría, que tamén marcaba esta fin de semana.
Saíron moi fortes as costeiras na segunda, cun par de balóns ao pau, pero foron as locais as que empataban nunha contra. Tiveron sorte as vermellas que apenas un par de minutos despois volvían marcar cun bo tiro de Marián, poñendo unha vantaxe no marcador que xa non se movería.

 

 

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 13

Cacheiras - Cee (2-1)

  • Cee: Noemí, Laura Blanco, Lucía Martínez, Nerea, Alba, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Andrea. Tamén: Sabela, Lucía Barreiro, Nayara e Antía.
  • Goles: 0-1, m.37: Lucía Martínez; 1-1, m.40; 2-1, m.90.

Mal partido ante un dos mellores equipos do grupo do cadro de Rafa. Xa de inicio se viu trastocado o traballo o plan que levaban pola semana ca baixa a última hora de Lurs e a lesión de Canosa ao pouco de comenzar o partido. Ainda así competiron ben durante todo o encontro e pese a que faltou frescura tiveron ocasións para voltar cos tres puntos. Adiantou ás costeiras Lucía Martínez pero pouco despois, e antes do descanso, empaytaban as locais.

A segunda metade foi moi igualada, e só un gran gol de falta case que no desconto fixo que as ceenses sufriran a segunda derrota da tempada. Toca recuperarse e preparar a visita do líder a próxima semana, un Noia que apenas saca 4 puntos ás costeiras.

Cerqueda - Xallas (1-1)

  • Cerqueda: Lidia, Lucía Rod., Isabela, Paula Veiga, Ana, Saskia, Lorena Chouciño, Isa Amado, Naroa, Raquel. Tamén: Nuria, Natalia, Lucía Dourado, Eva Carril e Myrella.
  • Xallas: Rosío; Laura, Alicia, Andrea Barbeira e Maite; Inés, Luchi, María e Andrea; Yoli e Yasmina. Tamén xogaron, Leti, Lucía, Rhany, Andrea Otero e Tania.
  • Goles: 1-0, m.25: Isabela; 1-1, m.71: Xastia.

Cerqueda-Xallas feminino
Paula Veiga-Foto- UD

Con baixas chegaban de novo os dous equipos por Covid, para protagonizar un partido intenso e igualado. O Cerqueda de Jorge Gillamet saía algo mandón, cun Xallas de Rupper ben posicionado. Adiantáronse as visitantes cun tiro escorado de Isabela na metade do primeiro tempo, nunha das poucas chegadas ás áreas.

Xallas, saíu do vestiario guiado en todo momento por Luchy. A capitana xalleira deu un recital tremendo de colocación, anticipación e de pases de todo tipo, cargando co equipo a seu lombo. Un dos seus pases a Yoly acabaría en gol, pero o colexiado sinalou fóra de xogo. Seguían insistindo as xalleiras, e Xastia, cunha fermosa falta dende o borde da área, empataba.

No tramo final do mesmo, os dous conxuntos xa moi cansos polas altas temperatura do día, trataron de cerrarse ben e saír nalgunha contra que non chegou para desequilibrar o marcador.

 

Liga F7, Santiago, xornada 9

Mazaricos - Nicrariense (2-0)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Ánxela, Tamara, Lúa, Daniela e María Jirra. Tamén xogaron: Lucha, Fátima, Katia, Natasha e Seijas.

Despois do mal encontro da semana pasada, cun fútbol pouco vistoso as rapazas souberon recompoñerse e non notar tanto a baixa de Graci, tanto é así que a porteira visitante foi a mellor do seu equipo realizando grandes paradas e mantendo o partido vivo ata o final. A primeira parte foi un monólogo de ocasións para o Mazaricos que unha e outra vez se atopaban coa gardameta nicrariense que xa no minuto 21 sucumbía ante un tiro raso e esquinado da protagonista da mañá, María Jirra. Así se chegou ao descanso.

Xa na segunda metade o cadro local era dominador do balón e tiña algún que outro achegamento, novamente desbaratados pola porteira. O Nicrariense tería a súa, logo dun córner e o remate petaría no longueiro cando Pedrosa xa estaba practicamente batida. Outro córner serviría para que de novo María Jirra fixese o definitivo 2-0 co que se chegaría ó final.

Volveron a gañar e a xogar ben as amarelas que a semana que vén visitan o feudo do Trazo, 3º clasificado e que xunto co Mazaricos, son os dous equipos que non coñecen a derrota, cun 0-0 na ida.

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum Futfem Galego

Comentarios