Habemus Finais
Gran fin de semana nos espera futbolisticamente, con sábado 22 e domingo 23 cerrando a tempada de fútbol na Costa coas suas respectivas finais.
Para abrir boca o sábado e o turno das categorías de base, infantil e xuvenil que se desprazarán o renovado Campo de San Andrés en Zas.
En infantís enfrontaranse a partir das 11:30h Os Miúdos - Xallas, dous equipos que ña principio de liga tiñan aspiración de pelexar o campeonato pero que se descolgarian, Os Miúdos, nun bache de resultados na mitade da competición, e o Xallas no treito final ante rivais directos, ambos gañaron un partido entre eles así que a igualdade é máxima.
A final xuvenil será as 18:30h entre Outes - Corne. Os cormelán querrán sacarse a espiña do subcampionato ligueiro e alzarse ca Copa contra un Outes que fixo unha liga aceptable e prántase como sorpresa na final. No global da liga sae gañador o Corme por 8-4, que tamén por posición final é o favorito.
O prato forte espéranos o domingo en Dumbría, coa novidade da final feminina e a dos equipos senior masculino.
Ás 11:30h O Conco acollerá a primeira final femenina da historia da Copa da Costa, Bergantiños - As Miúdas. Xa quedarán inscritas con letras maiúsculas, pero despois de unha gran tempada cada equipo na suas respectivas ligas pelexando por ascender, queren poñerlle un broche de ouro. Cabe destacar a posta en marcha de iniciativas de algún club da Costa para crear a sección feminina, algo que sería fantástico para non ser tan fácil xogar unha final e polo menos poñan a emoción dunhas semifinais e ir crecendo pouco a pouco.
Este novo formato da Copa da Costa déixanos unha final inédita, Esteirana - Cabana, ás 17:30h despois de vivir unhas semifinais igualadisimas onde se empataron os catro partidos e houbo que tirar do valor doble dos goles fóra da casa para proclamar os finalistas da tempada 18/19.
Ben podería ser a final da Champions Barcelona - Inter de Milán polas cores dos respectivos clubs, pero son os nosos costeiros, un de cada punta da Costa, que se xuntarán no Conco para levantar un trofeo que fai moitos anos que non o fan. A priori a Esteirana é o equipo favorito a un 70% pero o Cabana non vai vender a súa pel barata, ten dinámica gañadora e como demostrou nas eliminatorias, nunca dá o partido por finalizado ata que o árbitro o sinale.
Agora é cando todo ese esforzo que fixeron ambos equipos se resolve en 90 minutos, e por desgracia do finalista poucos se acordan a pasar os anos.
De aquí o domingo a algúns pasaralle o tempo voando; a outros moi lentamente. A tensión, os nervos dunha final, o de xogar observado por centos de afeccionados, a sensación para moitos de ser a súa única oportunidade para levantar ese trofeo ou quizais a primeira de moitas para a gran xuventude que teñen os equipos.
Só queda dicir saír e disfrutade e facédenos disfrutar aos que alí estaremos. Sorte a todos os finalistas.
Ángel Garrido.
Novas relacionadas
Artigos de Ángel Garrido
- Os magos do balón, soños de campeón.
- Esa Copa linda e desexada.
- Aqueles marabillosos anos.
- Esta Copa si que mola:
- Do fin do mundo, o inicio do Fútbol.
- Eleccións Xerais, Municipais e futbolísticas.
- Se queres gañar, vai votar.
- Adestrador, profesión de risco mental.
- Enamórate do Fútbol da Costa.
- A Costa do gol.
- Fair play? Pouco e con matices.
- Do ceo ao inferno e viceversa.
- O poder das redes sociais.
- Na formación non se pode olvidar a diversión.