Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Ligas Galegas: O Bergantiños segue firme cara o ascenso á Liga Nacional

O Bergantinos Xuveni deu un novo paso cara o ascenso
O Bergantiños Xuvenil celebran o novo paso cara o ascenso
Ligas Galegas: O Bergantiños segue firme cara o ascenso á Liga Nacional

Fixo os deberes o Bergantiños Xuvenil para cumplir o seu obxectivo, e venceu nos dous partidos desta mini segunda fase polo ascenso á Liga Nacional. Os de Óscar Mingui venceron tamén ao Oroso despois de facelo en Viveiro, e agora tócalles esperar para saber quen será o segundo do outro grupo, Ural B ou Galicia Caranza, e preparar a final que será dentro de dúas semanas.

Pola súa parte, o Xallas Cadete, que se metía algo de rebote nesta segunda fase, colleitou unha nova derrota, tamén en Caranza, ante un equipo que non se amosou superior, pero os de César e Jota pagaron caros os seus erros e caeron 4-0.

Liga Galega, Fase 2. Gr. Norte A2, xornada 2

  • Resultado: Bergantiños - Oroso (2-0).
  • Bergantiños: Carlos, Dani Estramil, Dani García, Noe, Iván, Ashier, Isra, Alex Iglesias, Pardo, Alberto Díaz e Alex Gallego; Tamén: Iker, Parafita, Pablo García, Mario Vila e César.
  • Goles; 1-0, m.21: Isra; 2-0, m.65: Ashier.

Comezaron moi nerviosos os dous equipos, conscientes de todo o que había en xogo, e ningún era quen de dar varios pases seguidos. Pero o acerto se puxo de cara dos locais, que nunha xogada individual de Isra se porían por diante no marcador. Ese tanto deulles a tranquilidade necesaria aos carballeses para chegar ó descanso xogando xa a un nivel bastante máis alto, combinando con mñais criterio e mesmo profunidade.

Na segunda parte intentaban manter o ritmo do final da primeira parte e gracias a iso conseguían poñer o 2-0 obra de Ashier. Así e todo, tocou sufrir, e bastante, porque o cadro visitante subiu liñas e meteu atrás á defensa carballesa. Á contra puideron sentenciar os locais pero o marcador non se movería.

CRÓNICAS DAS LIGAS GALEGAS

comentarios